viernes, noviembre 06, 2009

A simpleza do Alakrana

Tiñamos poucos problemas e tivo que vir o Alakrana picarnos a todos nas cachas. Porque iso é o que acontece con todo o que se relaciona co barco apresado polos piratas de Somalia. Por un lado, o principal, os mariñeiros directamente afectados, privados de liberdade e, segundo as últimas novas difundidas polos seus familiares, sobrevivindo en condicións que poden rematar sendo infrahumanas. Por outro, todos nós, que loxicamente temos que estar preocupados por como se vai resolver unha situación tan apremiante como difícil de afrontar.
O malo é que o caso está a piques de presentar o desafío máis serio que se lle ten presentado ultimamente ao estado de dereito español. Sen entrar moito en se o xuíz Garzón nos meteu outra vez nunha das leas das que xa parece que é especialista, o que resulta verídico é que se conseguiu que os dous piratas detidos e traídos a España rematasen tendo moito máis do valor do seu peso en ouro na bolsa do regateo internacional.
Teño repetido en todas as ocasións que se me deron de expoñer a miña opinión sobre este asunto en tribunas públicas que o primeiro e principal é resolver a situacion dos secuestrados devolvéndolles a liberdade e reitegrándoos sans e salvos ás súas familias. A continuación, é absolutamente imprescindíbel que administracións públicas, armadores, pescadores e sociedade en xeral plantexen seriamente a sostenibilidade dunha actividade pesqueira extrativa que se ven desenvolvendo, de forma invasiva e altamente perigosa, dende hai anos. Non vou entrar agora na semántica da palabra pirata nin na extensión socioeconómica do fenómeno da piratería, pero os piratas do mar non están só en Somalia, lugar do mundo que quizais non fai máis nada co que facían hai menos de dous séculos estados e potencias que agora se queixan da súa piratería.
O malo de todo, na miña opinión, é que o secuestro do Alakrana está dando orixe a unha reacción popular extremadamente apaixoada, xustificábel no caso dos directamente afectados, que non dubida en atribuirlle ao goberno de Zapatero todo o peso do drama que están vivindo os secuestrados. Xa se empeza a non distinguir entre o trigo e a palla e vale case calquera cousa que se diga. Por exemplo, onte escoitei a un familiar das vítimas dicir que o Goberno parece que está desexando que alguén volva en caixa de piñeiro, expresión –insisto– xustificábel dende a paixón, pero non dende a relativa serenidade coa que hai que afrontar unha situación tan difícil coma que desencadeou o secuestro do Alakrana, asunto que non se vai resolver antes nin mellor porque a opinión pública derive polas corredoiras da simpleza. En fin, que oxalá se resolva pronto todo e podamos seguir ocupándonos doutra simpleza, a de chegar a fin de mes doce veces ao ano.

14 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Home, Meu Amigo Don Perfeuto, parece evidente que este asunto non se puido xestionar peor.

Así que, por unha vez, alguén terá que asumir as súas responsabilidades...

(Digo eu.)

Almiral Mouchez dijo...

www.riotortonotempo.org

Coñeces algún destes, Don Perfeuto...?

Case son veciños teus!!!

Anónimo dijo...

Piratas. ¿Quen son os piratas? Os armadores que mandan a augas perigrosas ao mariñeiros, ou os somalies. Coido que son consecuencias desa política do primeiro mundo neoliberal, con ese crecemento insostible que non leva a ningures. Agora doume conta que se foran piratas os somalies, lles importaba un pito os detidos por Garzón, só lles importaría o diñeiro, logo aquí temos outra cousa, que están ben organizados e seguen un patrón de actuación maís ben política e de defensa e con armas de primeira xeración ¿Quen llas vende? ¿Cómo pode ser posible que as negociacións se leven desde despachos en Londres?. Todo os que nos contan os medios afins, o goberno (mentindo aos familiares)todos son a mentir, uns por inoperancia política e outros por intereses dabondo escuros.
A metedura de pata do Sr. Garzón ( cousa que ningún país de Europa que secuestraron ou están secuestrados os barcos non o fixeron de deter a ninguén)non tén paragón.
Todo isto, cando as cousas estén máis calmadas e os nosos mariños estén sans e salvos, podemos falar dun debate desde tódolos prismas: Xudicial (dereito internacional) , gobernamental, armadores e falando claro do que pasa en Somalia.

Hai un personaxe inglés que pescudou en "situ" todo o relacionado con Somalia e os piratas, Chámase Johann Hari do xornal London Independent:

Este é o link:

http://www.huffingtonpost.com/johann-hari/you-are-being-lied-to-abo_b_155147.html

Platanito dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=PXUBpmgAnjA

Pois se miramos este vídeo, é xa para meter medo. Non deles, senón de nós...

torreiro dijo...

En todo este asunto, hai un responsable que non podemos esquecer, e que parece que de momento está a saír ben parado mentres o Goberno leva case que todas as críticas.

Ese responsable (e mesmo cómplice na situación actual dos mariñeiros do Alakrana) é a empresa armadora, Echebastar Fleet, que foi quen obrigou que o barco saíra da zona de seguridade delimitada.

http://www.echebastar.com/

Os familiares das vítimas ben poderían mirar máis para aí, na búsqueda de responsabilidades, e menos para o Goberno.

Anónimo dijo...

Don Perfecto:
debe haber algo más que una pesca abusiva. ¿Por qué han sido secuestrados barcos mercantes y petroleros?

Anónimo dijo...

Sr. Perfecto, yo digo sen ánimo de acritude xa que sempre o seguín nos seus artigos desde fai moitos anos.Con toda a súa experiencia xornalista e de pescuda, o seu artigo ten moita debilidade. non di o que pensa no seu interior, non fala claro Vd. sabe o que está a pasar, e sabe que son os responsables de toda esta desfeita. A ninguén lle parece que o Sr. Garzón non ten ningunha. Efectivamente, os máximos responsables son os que secuestraron aos mariños, iso non ten dúbida. Porén, despois do feitos as cousas hai que saber manexalas. Aquí é onde surxe o conflito e ese conflito non se soubo nin sabemos como se resolverá, e isto lle compete ao goberno, polo tanto ten a súa responsabilidade. Os armadores, que soamente eles saben a que presións someten aos mariños,fágome unha idea. Esa Audiencia Nacional que pensa que poden actuar ata na Lúa e se parecen a Quixotes. E por último a esa oposición que en vez de apoiar ao goberno como unha piña neste grande problema, o pon verde facendo política partidista e cainista.
Como dice nun comentario nesta mesma tribuna: hai que facer un serio debate cando esto remate (felizmente) para ben dos nosos mariños.
Me extraña moito Sr. Perfecto que non abondara moito máis no se artigo. Sabemos que as familias sempre (normal) falen desde a paisón, o comprendo, respecto e comparto, valen moito máis as vidas dos nosos mariños que a dignidade de calquera persoa de goberno ou poder xudicial.
Lémbrome como se resolviu xudicialmente do Sr. Botín. ¿Nesta ocasión non se pode resolver?. Ou vale máis a persoa de Botín que a vida de tódolos mariñeiros do Alakrana, seguimos na xustiza con moitas varas de medir. Non é extrañar que en este país a xustiza sexa un dos estamentos menos valorado poloos españois.

Anónimo dijo...

Mágoa que comentarios como estes que precisan responsabilidades e critican o cainismo da oposición. non se fixeran no caso do Prestige. Mágoa...

arume dos piñeiros dijo...

Imos conceder que no caso do Prestige se puido actuar desde a oposición (ou sexa eu, entre outras decenas de miles) do mesmo xeito que agora se reclama. Concesión minimamente retórica para comezar o debate.
Pero, dito esto, as diferencias entre un caso e outro son tan grandes que calquera analoxía (por moi Carlos Luis Rodríguez que un chegue a ser) resulta claramente improcedente. O Prestige sucedeu aquí, na costa verdescente, con centos de miles de persoas afectadas de forma directa, con varias administracións (concellos, deputacións, xunta, estado) implicadas. Por fortuna no caso do Prestige, sen perigo inmediato polas vidas (en apariencia tamén). A crítica e a oposición debeuse a un claro caso de neglixencia política, de inacción por parte dos poderes públicos, subsanada no tempo co achegamento dun grao de vontarismo cívico que neste caso resulta imposible.
Creo esaxeradísimo o parangón. Podía un buscar noutros casos semellantes con outros países do entorno, onde de cando en vez xurden semellantes casos de secuestros de cidadáns e o país debe actuar. Pero sen marchar deste, os secuestros de empresarios en México ou en Venezuela, as condenas a morte de cidadáns noutros países moi estrictos e rigorosos (máis ben tamén arbitrarios) no tráfico de drogas, os encarcelamentos por represión política de concidadáns resólvense pola vía diplomática, a longo prazo, e sen balbordo mediático coma este. Non é doada a solución: o único doado é falarmos sen cancelas. Co único horizonte dun ecrán de cores moi rechamantes, ao calor das primeiras calefaccións do ano.

Luisfoz dijo...

Magnífico, Perfeutim, o primeiro são os nossos marinheiros. Outra história é se se está a fazer uma pesca abusiva e os de Somália ficam sem peixe. São coisas que é necessário ver e denunciar mas agora o fundamental é que os nossos marinheiros, e os bascos também, voltem o antes possível sãos e salvos

Anónimo dijo...

Para o cárcere co armador. Nin un puto dos meus impostos para o rescate!

Anxo dijo...

Conversa con Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro de teatro 2009:

http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/11/conversa-con-manuel-lourenzo-1.html

E venres segunda parte da entrevista. Saúdos.

Jesusito de mi Vida dijo...

Se imos esperar que este goberno nos conte a verdade, imos dados... Eu tamén vexo coincidencias ben claros na xestión do Prestige e na xestión que se está a facer agora. Isto, tal e como vemos aos xuíces marabilla que temos, que fan as persoas para as leis, e non as leis para as persoas, aínda se pode alongar máis que o do nefasto petroleiro e a súa maré.

Para mentiras da voceira deste goberno hai un vídeo ben ilustrativo en Youtube. Esta señora leva xa un montón de tempo mentindo en moitas cousas (para Arume dos Piñeiros, sería a nosa Arsenio Fernández de Mesa, ata coinciden nun apelido)

http://www.youtube.com/watch?v=uC6cYOUvFkk

Xaime dijo...

A min que me da que todos están encantados de coñecerse, as partes implicadas no choio, claro.