Hai quen di que don Adolf Domínguez anda algo deprimido despois do tratamento que recbiron as súas manifestacións sobre o despido libre por parte de algún medio de comunicación e, sobre todo, na rede, onde houbo chamamentos ao boicot do consumo dos seus produtos que foron seguidos por moita xente.
Que podes agardar dun home que so come leituga?, diciame estes días un amigo. E eu contestáballe que non é así. Domínguez non come leituga. O ex xastre dos progres enruga o bandullo papando granadas, e nada sen parar durante dúas horas diarias. Se cadra é iso o que lle produce a ocorrencia de ser máis neocon ca Condoleezza Rice. A enruga sería bela, pero o que son as súas últimas ideas...
9 comentarios:
Pois que teña coidadp A.D.
A depresión é unha enfermedade inaceptable. El mesmo o dixo.
A non ser que quixese dicir: inaceptable só para operarios.
Para relaxarse recoméndolle que en lugar de nadar dúas horas seguidas, bucee dúas horas seguidas ( cun tubo, naturalmente. Non son tan sádico)
Igual está dúas horas na auga porque se sente suxo e non ten a conciencia tranquila, porque as ideas que agora se atreve a dicir en alto vénas practicando dende hai moitos anos. Non din que a cara e o espello da alma...
En non volverei a mercar nada que leve o seu nome.
Tampouco me gusta comprar nada feito explotando traballamores (mesmo nenos) en China, India, e procuraba mercar sempre que podía todo feito en Galicia, e senón en España, e senón na UE, ...
Mercarlle a Adolf Domínguez é case o mesmo que mercar na India.
É preciso saber como acadou subvencións do estado español: en novembro do 2005 deronlle unha esmola de 220.000 €,e en Marzo do 2007 403.974 €.
Non volverei a mercar nada en AD, ogallá non durma nin unha hora o resto da sua vida.
El otro día vi parte de su "verborrea" en la tele, hasta que tuve que cambiar, ya que me daba asco escuchar a este tipejo, que encima es gallego. Todo esto lo soltó en un Foro de Economía, delante de los personajes más importantes de Galicia entre los que estaba el Sr. Feijoo y al que no se le cayó la cara de vergüenza, pero sí tuvo los hue.... de defenderlo en la prensa. Con empresarios así, no me parece raro que estemos en crisis.
Lo que sí tengo claro, es que ni yo, ni nadie de mi familia le va a volver a comprar otro trapo, colonia o lo que venda este personajillo que se cree tan importante.
Recoméndovos ós interesados no debate o blog: http://asuvasnasolaina.blogspot.com
Un post do día 05/02/2010 sobre o Adolfo titulado "Arbeit mach frei" ( El trabajo os hará libres), asinado por Fran p. Lorenzo, suscitou 86 respostas ate o de aghora.
Pois os meus bermudas, que son de AD e me quedan de pm, non van quedar no armario. Ao mellor non compro outros, pero non podo permitirme o luxo de prescindir deles.
Vostedes que farían no meu caso?
Eu comecei o moi bocote esta semana cando fun de compras rebaixadas, nin me paraei nas tendas de Adolf. Pero cando cheguei á casa percateime de que tiña perfumes e colonias de AD e o de tiralas non me parecía adecuado, eran regalos de Reis, así que agora as utlizo de ambientadores para os jatos. Non sei se fago ben, necesito consello, porque tamén usei a colonia de desinfectante para p chan.
Eu teño moita roupa de AD que penso seguir pondo, faltaría máis!, que non está a miña carteira para tirar ao lixo medio armario. O que si, non penso mercarlle unha prenda máis.
Publicar un comentario