Estaba claro que Antonio Rodríguez Miranda non ía andar só a travesía do deserto das famosas dietas parlamentarias por desprazamento. Xa caeu outra pomba, segundo publica hoxe o xornal ABC, experto en desempolvar supostas corrupcións políticas que poden beneficiar o Partido Popular (PP). Laura Seara, ex deputada galega e actual directora xeral do instituto da Muller, dependente do Ministerio de Bibiana Aído, cobrou entre 27.000 e 28.000 euros durante a lexislatura do bipartito de Pérez Touriño e Anxo Quintana, e arredor de 4.000 máis dende que Alberto Núñez Feijóo recuperou o goberno da Xunta para o PP.
Un caso igual ou se cadra máis grave aínda co do número tres do PP, pois Laura Seara nen sequera dispoñía de carnet de conducir nin era propietaria dun coche cando cobrou eses emolumentos por quilometraxe, segundo o xornal madrileño. Desprazábase nun Wolkswagen Passat conducido por persoal a cargo do erario público adscrito á Consellería de Medio Ambiente, que gobernaba o actual secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, e, logo da derrota do bipartito, no coche doutro militante socialista.
Dase a circunstancia de que os dous únicos parlamentarios galegos que, ata agora, ven os seus nomes implicados no suposto cobro irregular de dietas por quilometraxes son da mesma xeneración, personas novas ambos, e da provincia de Ourense. Suponse que aída aperecerán máis implicados, pero o xa escandaloso caso está centrado por agora en Antonio Rodríguez Miranda e Laura Seara. O primeiro xa recoñeceu a veracidade dun 15 por cento dos cobros irregulares que se lle atribúen, e manifestouse disposto a reembolsar o seu importe cando o Parlamento lle certifique o montante, pero en ningún caso se mostrou disposto a dimitir pola falcatruada cometida. Falta por saber agora cal vai ser a reacción da representante socialista dende o alto cargo que agora exerce en Madrid. De confirmárense todos estes feitos, estariamos a piques de entrar nun fregado político galego do que ninguén sabe como se vai saír del. O único evidente pode ser que, a estas alturas, máis de un estarán comenzando a arrepentirse de poñer a andar esta bola de neve.
7 comentarios:
Coido que conviña invertir, no caso dos políticos, o coñecido principio xurídico de que, todo o mundo é inocente mentres non se demostre o contrario. Na política sería: todo o mundo é corrupto mentres non se demostre o contrario
Penoso, lamentable espectáculo o destes dous especimes. Máis haberá, seguro. E máis penoso e lamentable é que non se vexan obrigados a dimitir. Hai vividores da política: moitos, algúns, poucos, vai ti ver cantos son! Estes dous levan a palma, pero moi logo haberá que os acompañe.
Non só devolver o diñeiro, sr. Aymerich. Tamén deben dimitir. Por que non esixe algo que é de sentido común e de hixiene democrática? Por que se queda tan só na superficie?
El portavoz del Bloque, Carlos Aymerich, defendió que «quien cobre irregularmente, debe reintegrar el dinero».
Aquí non dimite niguén, teñen o pegamento no cu pegado ao trono.
O pior de todo isto son os exemplos que están a dar as novas xeracións.
¿Qué pensamos?.Que estes teñen ideas, que teñen ideoloxía, que loitan por esa ideoloxía que se di de esquerdas. Dos outros xa sabemos que non teñen ideoloxía, o seu e política-negocio e deste non me asusta que fagan falcatruadas, e o seu. Pero ir de "esquerdas" e facer o mesmo que os outros teñen máis delito na ética e na moral.
Esta Señora ten que dimitir si se demostra esta falcatruada, Pero xa.
Laura Seara Sobrado: Anuncio ya una querella contra el PP de Galicia por las infamias vertidas contra mi persona cuando era diputada gallega. Jamás he ido a los Plenos ni a las Comisiones del Parlamento en coche oficial y es una calumnia decir que tenía asignado un coche de la Consellería de Medioambiente para mi uso y disfrute. Jamás he cobrado una dieta ni pasado una factura al Parlamento de Galicia. Laura Seara
(tomado do seu Facebook)
cánta paixón para pedir honorabilidde ó próximo, mesmo recoñecendo que ser de dereitas é un eximente ético e moral.
A señora Laura tivo que facer un certificado da asociación de taxis de Ourense e pedir outro á presidencia da cámara galega (gastos xustificados) e aínda será colgada na praza. O importante é o aireado por "fontes solventes" e anónimas que din que non collía taxis, senón que viña nun coche oficial e/ou privado doutro señor.
O raro é que a ex deputada Seara presente como ad libi un certificado do presidente dunha empresa de taxis e non a factura dalgún dos taxistas que di que a trasladaron. Sospeitoso, sospeitoso.
Publicar un comentario