jueves, febrero 25, 2010

O fillo de Méndez é neto de Gómez

Está escrito en prosa porque senón o artigo que publica Xosé Luís Gómez no Xornal que dirixe, sobre o fillo do director xeral de Caixagalicia, podería constituír algunha forma exemplar de ditirambo, composición poética inspirada nun arrebato de entusiasmo e escrita xeneralmente en varidedade métrica. Ou sexa tamén, gabanza esaxerada ou encomio excesivo.
Polo visto, o tal fillo de Méndez é unha aguia que nin diola. Dalle cartos a gañar a Caixagalicia por carretadas. Esta vez Gómez esquenceuse de que Méndez, senior e junior, non só arrimou ganancias a esta entidade. Tamén algunha perda (aventuras inmobiliarias por Levante, por exemplo). Méndez será fillo de Méndez, pero saiulle un avó que se chama Gómez.

7 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Cando o lin por primeira vez pensei que era irónico: que o estaba poñendo podre. Debo de estar especialmente sensible para os encomios: nunca tendo a crelos e sempre os leo como vituperios.

Anónimo dijo...

O que escribe este xornalisa neste artigo non é precisamente algo que vaia pasar á historia do xornalismo galego. Pero se cadra colle no caixón das mamalonadras.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

So podo entender este artigo de Gómez se polo medio hai algún apoio financeiro da Caixa ó Xornal. Só así.

Anónimo dijo...

Pois eu nin con esas.

Anónimo dijo...

Xa llo preguntei unha vez se Conde e insisto: o Xornal non ten ningunha publicidade (ou case ningunha). De que vive?

Anónimo dijo...

Son o anónimo dos cartos, e acabanme de que algo hai deso polo medio.