lunes, febrero 01, 2010

O prezo da información

O patrón “sempre libre” da prensa galega cobra 149.000 euros, que lle paga a Xunta de Galicia, por difundir e explicar as liñas estratéxicas dos Orzamentos para o ano 2010, segundo informou este domingo Xornal de Galicia. Unha adxudicación directa, sen publicidade e sen pasar polo Diario Oficial de Galicia (DOG).
O obxecto do convenio defínese como “a realización dun programa conxunto (...) sobre a divulgación e a información aos cidadáns dos contidos e liñas estratéxicas dos Orzamentos da Xunta de Galicia, co obxecto de fomentar o coñecemento na sociedade galega dos conceptos, obxectivos e fins aos que van estar destinados os recursos económicos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a importancia dos Orzamentos como instrumentos das administracións para incidir no desenvolvemento da actividade económica”.
Pero é que hai que pagar con diñeiro público por isto? Pensaba eu que, por tratarse dunha meta que deben cumprir os medios de comunicación (informar, divulgar e formar), debería estar incluído entre as activdades máis elementais do exercicio do xornalismo e da información, máis concretamente. Que pode haber máis elemental que explicar e difundir os contidos e liñas estratéxicas dos orzamentos que sosteñen a vida pública galega?
Por este camiño, acabará tendo que pagar a familia dun morto en accidente de tráfico que se publique o fait-divers que o mandou para o outro mundo. O novelista terá que pagar porque lle escriban algo sobre o libro que lle acaban de publicar ou, xa postos, haberá algún xornal que queira facer caixa por informar de que Zapatero quere facer traballar á xente dous anos máis da súa vida.
Estamos chegando a níveis verdadeiramente preocupantes. E o caso é que hai a quen lle parece normal todo isto. O propio xornal que publica a noticia parece querer indicar que o máis grave da adxudicación millonaria (en pesetas), que acaba de facer a Consellería de Facenda, radica en que o contrato fíxose “sin la realización previa de un concurso abierto al conjunto de los medios de comunicación gallegos”.
Tamén lembra Xornal que La Voz de Galicia xa foi beneficiaria doutro contrato similar, por valor de 150.000 euros, que lle foi adxudicado pola Consellería de Medio Rural, para divulgar en galego noticias vencelladas co sector primario. A Xunta gobernada por Alberto Núñez Feijóo concedeu 3,4 millóns de euros en axudas directas e subvencións ao grupo de Santiago Rey durante os últimos cinco meses (22.500 euros por día), cantidade semellante á que destinará no primeiro semestre do 2010 ao programa de aluguer de vivendas para a mocidade. Ademais, organismos dependentes do executivo galego, como é o caso de Augas de Galicia, tamén firmaron convenios parecidos co grupo do empresario “sempre libre”. Sempre libre de ter o peto valeiro, debe ser.
E iso que o Colexio de Xornalistas de Galicia pediulles, a este goberno e máis ao anterior, que aplicasen novas regras de xogo no reparto de axudas públicas aos medios. Non sei se o que habería que pedir é que se supriman dunha vez, e que cada pao aguante a súa vela.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai que pagar os traballos feitos. Iso é de ven agradecidos.

Anónimo dijo...

E isto non é un chantaxe?
Non é un dos maiores escándalos do noso país?
Porqué a sociedade civil á que apelaba S.R. non se moviliza?

Sarmiento dijo...

Vai facendo falla un grupo tipo Human Rights Watch pero co nome Galician Press Watch, en inglés para que lle fagan máis caso.
A información está disponible, so que no medio de moita palla para que nin dios a vexa.

Anónimo dijo...

Aportemos ideas e consellos:
que El País, La Coz de Galicia e demáis deixen de chamarse "xornais" e collan o nome de "revista de empresa", de FENOSA, de REGANOSA, do BBVA...
A este tipo de publicacións, nen un peso de subvención.
Aos xornais, pois sí, porque o papel está moi caro.

Luisfoz dijo...

Xornal de Galicia está a desenvolver um papel positivo. Ainda que não fosse mais que pela denúncia constante das trapacearias da Voz já pagaria a pena. Há anos que decidi boicotar a Voz e não me tenho arrependido.

Anónimo dijo...

Sr Conde: lin hoxe o Xornal. Non ten nin un anuncio (agás un de Unicef que non conta). Vostede que sabe destas cousas podería me explicar esta evidente anomalía?

Anónimo dijo...

[B]NZBsRus.com[/B]
No More Sluggish Downloads With NZB Files You Can Swiftly Search Movies, Games, Music, Software & Download Them at Flying Speeds

[URL=http://www.nzbsrus.com][B]Usenet[/B][/URL]

Anónimo dijo...

Porqué os partidos da oposición calan?
Están tamén no allo?
Quen manda neste país é Santiago Rey?