jueves, febrero 25, 2010

Rosa Díez(mada)

Grazas, presidente Zapatero! Eu tampouco son leonés, pero sentiriame moi orgulloso de selo. Aínda que, se me desen a escoller, seguramente me facía do Bierzo. Ven isto ao conto de que non hai como ter serrín na cabeza para non parar de dicir parvadas pola televisión. Rosa Díez, egrexia representante dunha determinada clase política decadente española, quixo insultar a Zapatero chamándolle galego, e o presidente respondeulle como merecía unha imbecilidade tan grande coma que pronunciou a líder de UpyD, que pode que teña algo de Unión (coa torpeza), nada de Progreso e pouco de Democracia.
Rosa Díez, que pasou do socialismo á reacción coma quen cambia de camisa, debería ter máis cuidado e tomarse menos en serio a pailanada de que é a líder política española mellor valorada. No sentido máis pexorativo, ela é simplemente unha idiota con resabios de chistosa de rebotica reaccionaria.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Don Perfeuto (así o chamaría meu pai)
sería intersante denunciar aos galegos que están financiando este partido antidemócrata e fascista. Hai que espallar por Galicia enteira os nomes e os cartos que están levando, como se fixo na sua hora con Adolfo Dominguez, seica uns dos que están poñendo os cartos é o CLUBE FINANCIERO DE VIGO, quen son os outros?

Almiral Mouchez dijo...

Desde logo, como son vostedes...!!!

A ver quen non di trinta ou corenta burradas ao día...!!!

(En fin, ironías a parte, e aínda que non me gusta caer na crítica gratuíta, e menos aínda facelo detrás dun seudónimo, permítanme apunta que a Señora ou Señorita Díez é un excelente exemplo de político disposto a todo despois de marchar de onde estaba porque non lle daban o que quería.)

Que teña, meus amigos, boas tardes.

(E os que non son amigos meus, por suposto, tamén.)

Touceda dijo...

Esta pinturera o que é é unha neofascista, como ben explica Fermín Bouza no seu blog Votoconbotas.

Anónimo dijo...

Un catedrático de socioloxía que chama neofascista a Rosa Díaz non memerece crédito ningún.Fascista e neofascista teñen os seus precisos significados e ningún deles acae co que fai Rosa Díaz(que pode ser parva pero non fascista). Tampouco me merece moito crédito un radical defensor da lingua que escribe o seu blog en castelán,

Anónimo dijo...

Don/a Anónimo 2, un catedrático de socioloxia que chama NEOfascista a esta muller rosadiez, terá razóns máis que fundadas para saber o que dí, ou vostede pensa que para volorar os comportamentos dun partido NEOfascita hai que ser un científico nun laboratoria coa bata blanca?, penso que co traballo arreo desta xente chéganos dabondo para saber o que son: os novos NEOfascistas españois, a sua faciana, non é a mesma que a dos fascistas dos anos 30.

Anónimo dijo...

Moita xente non escribe en galego polo feito de que ten unha idade pola que, por mor dos FASCISTAS, non puido estudar a lingoa de seu.
Máis ou menos o que buscan os NEOFASCISTAS.
De tódolos xeitos pode ser que a "Becha" só sexa unha arribista disposta a aplicar políticas NEOFASCISTAS.
saúdos

Luisfoz dijo...

Parece-me muito adequado o qualificativo de Femín (mais bem uma definição) para essa senhora. Eu por mim diria-lhe sem mais: vaia à merda, na significação mais estrita da expressão.

Anónimo dijo...

Vaia a merda é aceptabél; neofascista non; e o sr Bouza non pode facer cos conceptos o que lle pete; se chama neofascista a señora Díaz terá que xustificar o que dí, por moi catedrático que sexa. E por nacencia, non e´dos que non puideron aprender galego. Todos o contrario. Blog en galego e logo falamos