Menos mal que non son francés nin moi afeccionado ao fútbol. De ser algunhas desas cousas e, sobre todo, se coincidiran en min as dúas condicións, seguramente estaría agora ao borde do infarto. Os escandaloso proceder de Nicolas Anelka, o dubidoso comportamento do entrenador Raymond Domebech e case todo o que arrodea a selección francesa de fútbol no Mundial de Sudáfrica parece tirado dun vodevil de terceira, como hoxe apunta o xornal Liberation no seu pronunciamento editorial.
Se o espectáculo de Anelka chamándolle "porco fillo de puta" ao seu entrenador e dicíndolle que fose "tomar polo cú", sobranceou con creces o pior comportamento moral que se pode dar nun personaxe público como é o dianteiro do Chelsea, tamén deixan moito que desexar as maneiras do entrenador da selección á que perteneceu o futbolista bocazas –da que xa foi expulsado–, os xeitos dos directivos desa federación e outras persoas e medios relacionados co fútbol francés.
O xornal Libération, nun editorial titulado Vaudeville, expresa hoxe unha posición moi crítica sobre toda esta pantalonnade (bufonada). “Esta crise do fútbol francés –escribe Paul Quinio nese editorial– simboliza o cinismo que leva consigo a época. Cinismo do diñeiro rei, que volve tola xente, autoriza todos os excesos, afasta, corrompe. Os comunicadores véndennos a ilusión de xogadores portadores de valores colectivos. Son maquillados como educadores para os rapaces en non poucas referencias. Son en realidade comerciantes bling-bling dun deporte que onte perdeu en Francia moito do seu crédito”.
Eefectivamente, as trapalladas do fútbol de alta competición xa constitúen unha das máis perversas deformacións da sociedade actual na súa época de crise. Todo o entramado de cracks pagados moi por riba dos premios Nobel, directivos corruptos, medios de comunicación e xornalistas conniventes, co espectáculo conseguinte de noivas, amantes, familiares e toda unha troupe de paniaguados, está facendo da competición futbolística internacional algo que se pon moi lonxe do que no seu día concebiron Pierre de Coubertin e outros pedagogos do deporte.
Mal exemplo o que nos está a chegar dende Sudáfrica. E menos mal que da selección española aínda non se di máis ca que está xogando mal e que Casillas segue ennoivado con Sara Carbonero.
2 comentarios:
Panem et circenses para o populacho, non vaia a ser que custionen ao Emperador e as reformas económicas e todo se lles vaia para o carallo armando un "pitostio" de mil estalos.
Home, qué quere que lle diga. Sempre se fala dos cartos que gañan os futbolistas, e son moitos menos que as estrelas do cinema (esas que que teñen de chaché 20 millóns de dólares por película), os músicos (máis dun millón cobra U2 por actuación, e Bono é o home mais rico de Irlanda) os escritores (a autora de Harry Potter é xa a muller mais rica da Gran Bretaña, só por detrás da raíña), os artistas (¿canto cobra polas súas trapalladas Damian Hirst), etc... Os futbolistas, como todos os mencionados, cobran en función da oferta e da demanda. E o futbolista que mais cobra no mundo non chega nin de lonxe na súa carreira (que dura non máis de 15 anos) ao que poden cobrar os anteditos. E si o problema é o mal exemplo que dan, non vexo que sexa moito mellor o de moitos rockeiros, actores e demás.
Publicar un comentario