O presidente da Xunta non para de dicir que hai que aforrar, que andamos en época de vacas fracas e cómpre apretármonos todos o cinto. O falar non ten cancelas e a lingua de trapo está demasiadas veces presente na práctica dos políticos. Porque, miren por onde van os tiros, a Xunta asinou o pasado 17 de marzo un acordo concedéndolle 12.000 euros á Fundación Jorge Jove para realizar “unha publicación en formato de libro, de todas as normas aplicables para os concursos de elegancia, autenticidade e conservación de vehículos históricos”.
Dase a circunstancia curiosa de que a Fundación Jorge Jove depende do millonario coruñés Ángel Jove, propietario do grupo Anjoca. Tamén resulta que os que poseen, compran, venden, conservan e participan nos concursos de elegancia de vehículos históricos, non son precisamente os mileuristas nin os que dependen dalgunha renda de inserción social nin están las listas de espera do Sergas. ¿Non daría xuntado a familia Jove abondos cartos para pagar a edición dun best seller coma este? ¿Teñen que ser sempre os ricos os que máis maman da teta dos cartos públicos? Se Castelao erguera a cabeza, volvería a poñerse a debuxar inmediatamente. A Jove e a Feijóo seguramente non lles poñería sombreiro de levita, senón unha caixa rexistradora na cabeza.
4 comentarios:
Don Perfecto, tamén podía citar a fonte da noticia, digo eu http://www.anosaterra.org/nova/47433/a-xunta-financia-un-libro-de-coches-de-luxo.html
E, por dicir, tamén podía dicir eu que podía citar outros medios onde apareceu algo sobre esa noticia. Vieiros, por exemplo.
En calquera caso, disimule.
A brigada de demolición da Xunta chimpa o estado de benestar, máis como os ricos tamén choran dánlle cartos para esa pipiolada, mentres pechan sás enteiras de hospitais no verán.Vergoñento.
Xa que a ubre da vaca ten tetos, de onde é que maman?.
Publicar un comentario