lunes, junio 07, 2010

Ricardo Gurriarán e os seus 68


Hoxe voume a Roma e non volvo ata o sábado que vén. Case seguro que estarei, polo tanto, toda esta semana sen publicar nada neste blog. Este incordio das compañias low-cost de cobrar máis por levar unha maleta que polo propio asento do pasaxeiro, faime volver aos meus anos mozos e viaxar lixeiro de equipaxe, cun macuto parecido ao que me acompañou hai 40 anos percorrrendo toda Europa en auto-stop. Fóra portatil, plo tanto, á espera de que me chegue o Ipad.
Pero, antes de irme, quero falar de algo que me interesou moito. Os dous libros publicados por Ricardo Gurriarán sobre o movemento estudiantil galego do ano 1968, Inmunda escoria e 1968 en Compostela testemuños. A min o primeiro paréceme un libro fundamental, de auténtica referencia. Lonxe do edulcoramento e ás veces alleamento que pode caracterizar algunha vez parte da historiografía galega, Gurriarán conta neste libro a batalla do 68 comprometéndose seriamente co que lle contan as súas diversas fontes informativas, que el debullou con paciencia de palilleira. Aínda que só fose por este volume, que no o é porque Gurriarán xa demostrara antes a súa valía historiadora, o autor de Inmunda escoria gañou sobradamente un posto de honra na bibliografía galega, sobre todo polo esforzo investigador que demostra neste libro.
O outro, 1968 testemuños, ten tamén a súa importancia. É un libro colectivo no que escribimos dazaseis sobreviventes daquela emocionante e esperanzada aventura que foron as revoltas estudiantís do ano 1968. Como obra testemuñal tamén ten o seu aquel.
Á volta de Roma falamos outra vez. Arrivederci!

4 comentarios:

Luisfoz dijo...

Inmunda Escoria é um livro interessante mas deixa muito no tinteiro. Como não falar da representação teatral de "Nunca nadie muere nada", homenagem ao Ché pouco depois da sua morte? Aliás o partidismo pró PC do autor é bastante descarado.

Anónimo dijo...

Acredito con luisfoz

arume dos piñeiros dijo...

Arrivederci, amico Perfetto. Traia algo de Roma. Tome apuntes, que ten que contar moitas cousas.

Sobre o partidismo eu teño unha anécdota moi boa. Unha colega, á quen lle dixen que a vira nas fotos daquela exposición Venceremos nós que montara Gurriarán entre outros, díxome que aquela movida non era do PC, que os que máis se moveran eran os movementos cristiáns galeguistas: "os comunistas non facían nada de nada porque pasaban todo o día na cadea" (sic).

Anónimo dijo...

sobre isto, é possível consultar o interessante texto de daniel salgado (lido aliás na apresentaçom de "68 en compostela. 16 testemuños") aqui: http://letrasparaumrio.wordpress.com/2010/06/08/contra-a-nostalxia-por-daniel-salgado/