miércoles, abril 10, 2013

Feijóo borroso


A Feijóo etá empezando a botalo a perder a soberbia. Acudir hoxe ao Parlamento para ocuparse máis de culpar de indignidade aos deputados da oposición que de clarexar a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado, estao colocando no límite da súa propia indignidade política e persoal.
Lonxe de de dicir a verdade sobre os episodios da súa relación co capo da Illa de Arousa, o presidente da Xunta foi ao pazo do Hórreo verter insidia e dobre moral contra os que lle piden contas polo seu comportamento. Desta só pode salvalo uns mass media galegos que se ocupan máis de salientar os supostos shows de Beiras que de contar e de analizar verazmente o que acontece deste lado do Telón de Grelos.

No hay comentarios: