miércoles, abril 24, 2013

O Far-West de Feijóo

De toda a lamentábel algarabía que hoxe se apoderou do Parlamento Galego, no que se luciu definitivamente Núñez Feijóo como galafate da política que actualmente padece Galicia, quédome con esta frase pronunciada pola viceportavoz de AGE, Iolanda Díaz: “As súas formas –díxolle ao presidente da Xunta– son as deses amigos que vostede compartía con Marcial Dorado, como Manuel Cruz, o guerrilleiro de cristo rei que machacou a dúas camaradas miñas”.
Polo visto, Manuel Cruz non só era un dos testaferros do narcotraficante da Illa de Arousa. Tamén foi un dos guerrilleiros de cristo rei que repartiron labazadas por Ferrol. O círculo de amizades perigosas de Feijóo cada vez se vai parecendo máis aos antigos baixos fondos de Marsella. Na miña opinión, todo isto é tan grave que debería ser investigado e tratado seriamente o antes posíbel. Non podemos seguir tendo de máxima autoridade galega a alguén que coleccionou os seus amigos na extrema dereita e no narcotráfico. A Feijóo hai que paralo. Non pode seguir ostentando o seu matonismo farwestiano na tribuna do Parlamento. E Iolanda Díaz debe contar todo o que sabe de Manuel Cruz.

5 comentarios:

Airiños da ría dijo...

O Arsenio "Cuco" Fernández de Mesa y Díaz del Rio, tamén coñecido na ferrolterra como "o xardiñeiro engomiñado", fora íntimo camarada de Manuel Cruz, e participara nalgunha das algaradas dos chamados Guerrilleros de Cristo Rey. Máis dunha que andamos polos cincuenta lembrámonos ben daqueles "destemidos" que entraran no instituto arreándonos ás rapazas con cadeas....
Qué foi daquel escrito dun grupo de gardas civís que pedían a súa destitución ao fronte do corpo?

sihomesi dijo...

Manuel Cruz Gamada, chamábanlle

Anónimo dijo...

Está claro que, en la política vale todo, se han cruzado todos los límites para sacar del ring al oponente. Se investiga la vida privada, se inventa, se miente...creo que Beiras debería aprender a combatir a sus oponentes de otra manera. En algún momento, ahora más que nunca, todos perderíamos las formas si nos "envenenamos" y, la política está envenenada. Repito, Beiras debe intentar vencerlos con las palabras y los hechos demostrables. Lo provocan descaradamente porque lo conocen y él entra al trapo que es una trampa para que pierda los nervios, como así ha pasado. El siguiente paso podría ser llegar a las manos, como si esto fuera Corea o Taiwan.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Moitos de nós non teriamos tanta pacencia coma Beiras. O que realmente exaspera a Beiras non é a mentira insistente, machacona e reiterada;o realmente exasperante para calqueira é o cinismo e a hipocresía ca que se fai e o tono macarra e faltón dun presidente cun pasado noxento