miércoles, enero 30, 2008
Cazadores de blasfemias
Bonito espectáculo o que deu un grupo de cazadores enfrentándose o outro día cos que sosteñen que matar por matar o raposo, ou calquera outro animal, pode constituír unha auténtica salvaxada. Que se trataba dunha salvaxada estaba claro, pero agora tamén hai que pensar que é unha paiasada. Eso si, con resultados dramáticos para os pobres animais que son vítimas de auténticos paiasos comos os que aparecen no video que se pode ver pulsando aquí.
Que catro ou cinco homes feitos e dereitos, seguramente honorábeis pais de familia en horas libres, se cadra ata persoeiriños de calquera atividade profesional, política ou empresarial, se manifesten tal e como se lles pode ver na aludida filmación podería ser simplemente unha badocada se non fora que as atitudes mostradas por estes enamorados do rifle calquera día poden rematar en traxedia. Son tan extremadamente ridículos que nin John Wayne querería estar á súa beira.
En menos de minuto e medio, un deles cágase en Deus dez veces e outro faino dúas veces na Virxe Santísima. Habería que ver se non son dos que levan en andas os santos da súa parroquia o día da festa. E ata pode que se acerquen a comulgar cando as súas fillas fan a primeira comunión. Pero o que son realmente é unha panda de badocos con licencia de armas que algunha autoridade debería preocuparse de revisárllelas. A licencia e as armas. Está ben da cabeza quen se manifesta como se ve no video que o fan eles? Poden persoas así andar apretando o gatillo polos nosos montes?
Aparte de expresárense como auténticos salvaxes, estes cazadores de blasfemias emitiron polo menos dúas ameazas graves contra un dos ecoloxistas que estaba dirixíndose a eles pacíficamente. "Sácoche os dentes dun culatazo" e "Vaiche chover nos fuciños" foron dúas das frases "académicas" que lles berraron aos mozos de Matar por Matar, non.
Eu non sería nunca capaz de ser cazador, pero teño amigos que cazan e que son excelentes persoas. Non fan coma estes bárbaros do video, dende logo, e cónstame que se avergonzan de aparecer no listado de licencias de armas con eles.
En fin, se isto é vivir como galegos, eu desapúntome.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Esta é a Galicia máis profunda ¿Quén lle da a estes a licencia para ter armas?. Non me estrañaría ren que estes son dos de misa ao domingo, non ao aborto, non ao homosexuais,non ao divorcio, non ao todo que cheire a progreso. Logo fan o contrario, cagánse en Deus ( domingo confesa e xa está curado), abortan as súas fillas sen que naide se entere, andan a hostias coa súa dona e de divorcio ren, teñen un fillo homosexual e o manda a estudar a Caracas e que non volva, senón o mazan a hostias.Logo tódolos progresistas son fillo de puta comunistas.Estes so os galegos que temos e hai que foderse. estes son os bos e xenerosos do noso país, os demais somos purrela.
Este vídeo coido que ten unha carga xudicial como proba, como ameazas con armas. Non haberá algún fiscal que vexa este vídeo.
Parece, meu amigo, que estamos condenados a vivir no medio da barbarie.
Será o noso destino, logo...
Boas noites a todos.
Almiral Mouchez
Claro que debería haber algún fiscal que vexa este video. Aparecen nel caras de cazadores ameazantes que se poden indentificar para iniciar contra eles un proceso por suposto delito de ameazas con armas de fogo. Os rapaces que fixeron o video e que padeceron o acoso armado destes amigos do rifle deberían animarse a presentar demanda contra eles. O caso podería dar lugar a un xuízo sonado. Que agarda o Ministerio Fiscal para actuar de oficio?
Unhas auténticas bestas pardas (nunca mellor dito) este cazadores. Estamos no século XXI e algúns seguen no XIX.
(Se me permite unha pequena suxestión para outra vez, don Perfeuto, pallaso en galego escríbese con LL, non con i. Iso é o que pon o dicionario).
Moi boa noite.
Ten boa razón vostede, señor Non se acaba o mundo, e agradézolle a advertencia. Aínda que os moinantes aos que nos referimos, con i ou con ll, serán igual de pallasos.
Publicar un comentario