sábado, enero 12, 2008

Esoutros terrorismos

Definitivamente resulta insoportábel calquera forma de pasividade diante deses outros terrorismos que cada vez se manifestan máis na sociedade actual. Un deles é o do comportamento dun número nada desprezábel de persoas cando conducen un automóbil por rúas, estradas, autoestratas ou camiños. O dramático suceso que acaba de rexistrarse en Vigo co resultado de dúas persoas inocentes mortas debería ser unha das gotas que colman o vaso.
Que dous descerebrados e unha descerebrada, que acompañaba a un deles, por moi cheos de alcol que puideran ir, decidisen converter as rúas viguesas en circuíto de fórmula 1 e facérense pasar eles por un Fernando Alonso de pacotilla tiña que acabar levándonos á desgraza que se producíu. Eses bordes, a bordo dun BMW e dun Audi, seguramente son de boa familia. De non pasarlles o que lles acaba de pasar, ata poderían rematar dirixindo algunha empresa herdada dos pais. E, aínda así, verémolo. De momento, dedicábanse ao que sabían facer pior: carreiras de coches ás doce da noite pola rúa Genaro de la Fuente de Vigo. Se o que fixeron non é un asasinato como os que comete Eta, xa me dirán en que consiste.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes moita razón. Non sei a onde vai parar esta xuventude. Non sei que fixemos cando nós estabamos nas barricadas contra o dictador.¿Foi para isto?.
Que sociedade fixemos, algo de culpa temos en todo o que está a pasar. ¿Cal foi o erro que cometemos para non fecer unha sociedade como a que tiñamos na mente naqueles tempos?. Coido que temos que facernos unha grande autocrítica, comenzando polos políticos que aínda están en activo e que estiveron na loita pola democracia. Aínda me lembro daquela "máxima" de Solchaga," este é o país onde un se pode facer rico no menos tempo posible. Así arracou a "esquerda" do PSOE.
Crearon ventos e agora recibimos treboadas. Así nos vai.

non se acaba o mundo dijo...

Nin atenuantes, nin falta de intención de cometer homicidio, nin hostias en verso. Eses dous cacho cabróns eran conscientes de que podían traer a desgraza a calquera persoa inocente que se lle puxese por diante, e importoulles tres pementos. Polo tanto, aplicar a lei co máximo rigor. Neste e en todos os casos.
Deixémonos de pseudo explicacións político-sociolóxicas (agora resulta que a culpa vai ser de Solchaga!) e de flaxelarse socialmente. Hai indesexables e hai que aplicarlles a lei con todo o rigor. Non máis, pero tampouco menos.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,