lunes, marzo 03, 2008

Al vent del món


Na foto de arriba, de esquerda a dereita, Marisa Melón, Federico Ordax, Raimon, Perfecto Conde, Hilda Otero e Luís Cochón. Na de abaixo: Perfecto Conde, Federico Ordax, Raimon, Juanjo Reboiras, Carlos Casares, Marisa Melón e Arturo Reguera.


Ricardo Gurriarán,
comisario da exposición “1968. Do Gaudeamus igitur ao Venceremos nós. As mobilizacións estudiantís do 68 en Compostela”, fíxome un agasallo que moito lle agradezo. Convidoume a visitar a mostra en petit-comité e, guiado pola súa sabencia sobre o asunto, levei a cabo unha verdadeira inmersión no meu pasado oitentaeoitista. Foi como volver a entrar no 42 para tomar aqueles ribeiros brancos que nos servía Alfredo en taza, ou sentir como había que correr rúa abaixo ou rúa arriba cando aos “grises” lles daba por cargar, que era a miúdo.
Deume tristeza pensar que xa non están todos os que vivimos aquela época, Mari Carmen Vázquez, por exemplo, e entroume a morriña cando vin as fotos nas que aparecemos varios amigos paseando co cantautor catalán Raimon cando veu a Santiago, en 1967, para dar o seu histórico recital. “All vent, la cara all vent, el cor al vent, les mans al vent, al vent del món”, volveu a sonar no meu corazón e “tots plens de nit, buscant la llum, buscant la pau, buscant a Deu, al vent del mon” volveu a sonar no meu corazón para que "tots plens de nit, buscant la llum, buscant la pau, buscant a Deu, al vent del món".
Enfín, que case era verdade que contra Franco viviamos mellor. Pero só porque eramos máis novos.
Aviso.– O martes pola mañá transládome a París, e non regresarei ata o domingo. Gustaríame escribir algo no blog dende a cidade do outro maio famoso, pero non sei se poderei darme xeito. Se non, xa contarei algo á volta.