lunes, marzo 10, 2008

Paris, toujours Paris






Estou seguro de que ha haber alguén que me entenda e mesmo quen me comprenda. Logo de pasar case unha semana en París e de atoparme en pleno Charles Degaulle (aeroporto) coa insoportábel sorpresa de que o terrorismo volvía cobrar unha vítima mortal, regresei á miña realidade cun resultado electoral no que todo cambiou para seguir como estaba. Confeso que me entraron enormes ganas de regresar a Saint Germain des Prés, refuxiarme en Le Procope, o café máis antigo e agora posibelmente o restaurante máis encantador de Europa, e non saír del máis que para ir algunha vez falar con Ives Montand, Simone Signoret, Edith Piaf e Paul Eluard no cemiterio de Père Lachaise, no que por certo hai pouco que enterraron a Henri Salvador e onde me percatei do que pode ser unha auténtica recuperación da memoria histórica vendo os panteóns que primorosamente gardan o Partido Comunista Francés e varias institucións que se encargan de lembrarnos a barbarie que representou a debilidade europea de Hitler. Unha excursión de rapazolada italiana convenceume, ao pé da tumba de Oscar Wilde, de que aínda hai cousas –e persoas– que nunca morren.
Desta vez volvín de Paris convencido de que a tan cacarexada educación española para a cidadanía nunca ha ser tal ata que consiga que todos e cada un dos escolares nosos pasen por unha excursión didáctica á capital francesa. Visitando o xa citado camposanto, o Arco de Trunfo da antiga praza de L’Etoile, agora de Charles Degaulle, o Quartier Latin con Notre Dame incluída, as beiras do Sena, Montmartre, o Louvre, o Grand e o Petit Palais, indo a Versailles, e mesmo perdéndose controladamente nas noites –e nos días– de Pigalle, apréndese máis historia do home –e da muller, como din os cursis de agora– que asistindo un ano anteiro ás clases de calquera instituto ou colexio privado. Se eu fose político, me presentase ás eleccións e as gañase, pediría que me fixeran conselleiro de Educación para instarurar a obrigación de facer unha excursión de fin de curso a París. Pero non se preocupe ninguén. Nin son político nin gañaría ningunha elección nin me faría caso nin diosla. Por aquí anda todo quisque noutras teimas.
En París chamáronme a atención dúas cousas. Aínda que estaban, coma nós, en período electoral, case non vin un só cartel de propaganda nin, moito menos aínda, as rúas cheas de panfletos. En toda a cidade só atopei aberta unha oficina electoral e nos xornais había case de todo menos espazos dedicados á política electoral. A outra cousa foi que, nin sequera nos restaurantes máis caros e de máis postín, atopei pratos que superaran os 30 euros de prezo. Iso sí, o viño, a cervexa, en xeral calquera tipo de alcohol e mesmo a auga engarrafada estaban polas nubes. Tomo nota destas dúas circunstancias para salientar o lonxe que aínda andamos nós de Europa, e non digo que isto sexa bo nin malo. Só digo que é diferente.
Levaba tempo sen ir por París e congratuloume comprobar que na cidade do Sena aínda seguen convivindo as grandes librarías, polo menos polo barrio Latino, e aínda que comprobei que as orixinais FNAC xa van quedando só en grandes corteingleses da ferrancharía postmoderna. París, coma Buenos Aires, foron patrias de grandes libreiros, grandes librarías e grandes amantes do libro. A capital francesa aínda o segue sendo. Aí está, como mostra, a pervivencia exquisita e sintomática da emblemática libraría Shakespeare, todo un xemplo simbólico do que pode dar de si o amor ao libro.
En fin, que me marabillou novamente comprobar como un pode pasar unha semana en París sen ter que montar en ningún taxi, indo dun extremo a outro da cidade utlizando só o magnífico transporte público que é o Metro ou mesmo servíndose das bicicletas públicas que están á disposición do transeúnte. O lector tén que desculparme, pero non podo menos que manifestar que o meu incorrexíbel afrancesamento acaba de experimentar un subidón digno do mellor viño de Burdeos ou dun bo Calvados. Por certo e falando de viños, o Beaujaulais segue estando excelente e fácendolle unha magnífica competencia ao noso Mencía. París non sei se segue valendo unha misa, pero o que lle paga a pena de sobra é unha visita. E, por certo, non atopei en ningún lado nin a Carla Bruni nin a Cecilia Ciganer. Dame a impresión de que falamos maís aquí delas que en Francia.

6 comentarios:

Dumuro dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

As fotos fixéchelas ti, Perfeuto?

Son preciosas.

Almiral Mouchez

Anónimo dijo...

Oui, mon Almiral. C'est moi qui a fait les photos. Alégrome de que lle gustaran. Tal apreciación quizais me anime a publicar máis fotos e comentarios de París.
Perfecto Conde

filomeno2006 dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
non se acaba o mundo dijo...

Sempre nos quedará París, don Perfeuto. Eu tamén son un afrancesado. E pasar unha semana deambulando de aquí para alí sen facer nada concreto nin urxente é o o máis aproximado que pode haber á felicidade.

As fotos moi bonitas. De postal, vamos. Non teñen orixinalidade, pero eu teño feito exactamente as mesmas. Igualiño que milleiros de persoas. Pero véndoas por enésima vez danme gañas de mandar todo ao carallo e coller o primeiro avión.

Para a próxima viaxe recoméndolle que, no canto de ir tanto en metro, vaia máis en autobús: desde as súas xanelas o espectáculo é impagable.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,