Só sei dela que se fai chamar Lourixe neste mundo algo toleado que é a Ciberlandia. E que é filla de Agustín Díaz. Acabo de ler no seu blog Chantosnachaira o seguinte obituario que lle dedica ao xornalista que finou hai tres días: "O meu pai morreu o venres, no bus que o levaba ao aeroporto de Lavacolla para marchar de vacacións coa muller que amaba. Tiña un sopro no corazón e sabía que cando se fose sería así, sen avisar. Pero non contaba con que fose tan cedo, cando estaba a refacer a súa vida: levaba un ano prexubilado, hai menos dun mes que mercara coche e estaba facendo obras na casa da aldea. Aínda está sen desempaquetar a lavadora nova que lle trouxeron o martes".
Impresiona a sencillez coa que se pode contar ben as cousas. Mesmo as que producen tanta dor coma morte dun ser querido. Antes eu non sabía o que era Lourixe. Agora é unha escritora.
5 comentarios:
Un texto fermosísimo o que lle dedica ao seu pai, que estaría orgulloso de ter unha filla así.
Boa razón leva. Fermoso texto e humanísimo sentimento. A semente do pai xa se fixo árbore.
Boas noites a todos.
Trátase da mesma Lourixe que así asinaba no foro de Arroutadas...?
En calquera caso, vaia para ela todo o meu afecto.
Deus teña na Gloria a seu pai
Almiral Mouchez
Neste texto si que hai sentimento, humanidade e moito agarimo.
Unha gran rapaza, todo corazón.
Publicar un comentario