domingo, marzo 23, 2008

Hai días fodidos

Entérome, lendo a Manuel Bragado no seu Brétemas, de que finou Agustín Diaz. Durante un instante fico sen respiración. Non me dá tempo nin a irlle ao enterro. Precisamente, minutos antes, lera en El Mundo a morte doutro amigo, José Comas, e a doutro colega que, sen ser amigo, dispoñía do meu respecto, Alejo García. Por que ten que haber días así?