viernes, julio 18, 2008

Alvite, áspero e sentimental




Escoitar a Lorenzo Díaz falar de Xosé Luis Alvite é, en si mesmo, un prazer pero se, ademais, un ten a sorte de escoitar de paso a Belén Xestal cantando e a Roberto Somoza tocando o saxo, a ocasión convértese nunha auténtica festa para os sentidos. Precisamente isto é que que ocorreu onte no Dado Dadá de Santiago durante a presentación do más recente libro de Alvite, Áspero y sentimental (Ediciones Ézaro).
Lorenzo, vello amigo meu dos tempos heroicos, sociólogo de prestixio, bo escritor e magnífico comentarista de Onda Cero no programa de Rafael Herrera, retratou a Alvite case tan ben como Alvite radiografía as realidades polas que se interesa na súa escrita habitual. “Curiosamente é un dos poucos que non estivo no maio do 68”, dixo del e Alvite apreseurouse a responderlle: “Non, eu cheguei en xuño”. Con xente así eu podería estar bebendo viño eternamente.
Alexandro Diéguez, o editor, matábase de risa, cousa que tamén nos pasaba a todos os que estabamos presentes, incluída Carme, a histórica anfitriona do Dado Dadá. Belén Xestal cantou temas jazzísticos como se fose Madeleine Peyroux e Roberto Somoza tocou o saxo como tocan os grandes, sen esquencer o bo facer dos restantes membros da banda. Non é unha mala idea isto de presentar os libros acompañados pola boa música.
En fin, que onte fomos varios os que, por dicilo copiando algo do escritor presentado, nos sentimos como aqueles vellos vaqueiros que prendían de madrugada unha fogata para o café e incinerábanse contándolle os seus sentimentos ao cabalo coa armónica. Grande escritor este Alvite, tan lonxe –como dixo Lorenzo Díaz- desa literatura de todo a cen.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Baw ah, kasagad sa imo maghimo blog. Nalingaw gd ko basa.

Anónimo dijo...

A min gústanme moito as cousas de Alvite, tamén.

E as de vostede.

Anónimo dijo...

E agora, abusando unha vez máis da súa hospitalidade, permítame facer un inciso e abrir un debate, se lles parece sobre outra cuestión.

Leo estes días moi atentamente a falcatrúa da macrourbanización de Miño, e pregúntome:

1) Ninguén recorda o incendio que arrasou eses montes antes de que os convertesen nun monumento ao cemento?

2)Ninguén se acorda, tampouco, de que aquí, levando a límites insospeitados a barbarie, se creou unha figura (é un falar, o de figura...), chamada Axente Urbanizador, que permitía aos construtores EXPROPIAR TERREOS?
(Igual aínda segue en vigor, calquera sabe, xa nada me estraña...)

3) Como é posible que siga habendo paisanos que non cobraron en Miños o que se les EXPROPIOU, cando despois os que lles quitaron as terras multiplicaron os prezos do chan pouco menos que ad infinitum?

4) Será unha barbaridade propoñer que se xulgue aos responsables?

E ollo, xamais estarei eu entre os que xulgan nin entre os que exclúen, téñano ben por seguro. O que pido é que a Xustiza faga o seu traballo, non reclamo de antemán condena ningunha. Esixo, si, que no se permitan que escapen de rositas os que teñen claras responsabilidades.

Boas noites a todos.

Anónimo dijo...

E tamén pregunto

(son eu, perdoen as présas)

ALGUNHA ADMINISTRACIÓN SE OPUXO Á MACROURBANIZACION DE MIÑO?

TIÑA OU NON TIÑAS AS LICENZAS DE OBRA E FIRMADAS AS RECALIFICACIÓNS DOS MONTES EN SOLO URBANIZABLE?

(E que pasa coas sinaturas que están debaixo deses documentos, logo...? Será que non se lles entende a letra?)

Anónimo dijo...

Bos días a todos.

Permítame anunciar, Don Perfeuto, porque sei que tanto vostede coma os lectores do seu blog se alegrarán moitísimo, que o día 28 deste mes, na salón de plenos do Concello de Ferrol, vai haber unha Homenaxe das Letras a Ramiro Fonte.

Un acto, aberto a todos cantos desexen asistir, no que tamén se lle fará entrega ao poeta do Premio Porto Magno, que se otorga (é deconvocatoria única, non haberá máis edicións) coincidindo co 150 aniversario da concesión a Ferrol do título de cidade.

Anónimo dijo...

Meu queridísimo Almiral:
Moito lle agradezo que me puxera ao corrente da homenaxe que se lle vai ofrecer a Ramiro Fonte no Concello de Ferrol. Se puider, sería un dos primeiros en estar alí presente o próximo día 28, mais vaime ser totalmente imposíbel. O día 24 deste mes parto para Grecia, a onde acompaño a un amigo, co fin de trasladar un barco de vela dende Oropos a Barcelona. Mentres vostedes estean homeaxeando a Ramiro, que ben que o merece, estarei, pois, bordeando o Peloponeso e lembrareime especialmente de Ramiro Fonte, pero tamén de vostede, Almiral Mouchez, e de Dona Julia Uceda, que ben sei que non lle han faltar ese día ao poeta.
Encarézolle, polo tanto, que me represente e que lle ofreza a Ramiro os meus respectos persoais e tamén os meus mellores sentimentos de amizade e amor fraternal. Gustaríame moitísimo estar con vostedes ese día en Ferrol, pero compromisos adquiridos hai tempo orbíganme a ser un dos ausentes. Poden dar por seguro que o meu pensamento e os meus sentimentos han estar presentes.
Apretas para todos,
Perfecto Conde

Anónimo dijo...

Querido Don Perfeuto: É imposible que vostede non estea onde nós estamos, á marxe de calquera consideración xeográfica, tendo en conta que habita -nunca o esqueza- o noso corazón.

Transmitirémoslle a Ramiro todo o seu afecto, aínda que será por completo innecesario: el entra, cada día, no seu blog.

Anónimo dijo...

Dear Mr. Conde:
I'm a Russian girl and I love, like you, the Alvite's writing. Congratulations.

PS: I can read spanish and french but, unfortunately, I can't write. Could you answer me in english or french? Thanks a lot.

Anónimo dijo...

¡Ah hi de pucha! que sabeis
de chanzas y roncerías.