miércoles, julio 02, 2008

Comité de sabios

En vista de como están evolucio-
nando as cousas en materia de política lingüística, tanto a nivel estatal como das Galias, atrévome a propoñer unha medida urxente a favor do contribuínte. Que se supriman dun plumazo, é dicir, pola vía burocrática-democrática máis inmediata posíbel, o Ministerio de Educación, as consellarías do mesmo ramo e calquera outro departamento estatal ou autonómico que administre competencias lingüísticas co único obxecto de que, xa que estamos en crise que non é crise, se podan reducir substancialmente os gastos públicos.
Visto, ademais, que estas materias parecen poder seren sustentadas e mesmo desenvolvidas por egrexios sabedores da palabra e da koiné de cada parte de España coma Luís Aragonés, Óscar Pereiro, Roberto Verino, Luz Casal, Purificación García e algún máis –entre os que non sei se xa están ou acabarán estando Manolo Escobar e o famoso Piñeiro da TVG– tamén someto á consideración do consello de sabios de Celtiberia que adopte a medida de apartar, aínda que só sexa de maneira provisoria, a filólogos, lingüistas, historiadores, sociólogos, pedagogos, etc. de todo o que teña que ver coa estipulación de ensinanza e o desenvolvemento de idiomas no que vai dende o Estreito de Xibraltar ata os Pirineos, agás Portugal, naturalmente.
Coido que cun comité formado por toureiros, futbolistas, ciclistas e, se fixese falta, algunha xentiña da farándula, poderiamos enfrontar polo menos celtibétricamente, no senso que lle daría a esta palabra o meu desparecido amigo Luis Carandell, o futuro das línguas da penínsua. Non tiven tempo aínda de calcular o aforro que significaría esta medida, pero tendo en conta que o comité que propoño podería ser esponsorizado por Nike, Coca-Cola ou calquera outra multinacional, resulta evidente que nos quedarían moitos máis cartos para investirmos en novas e numerosas autoestradas, piscifactorías, fábricas de celulosa e ata pode que algunha central nuclear máis coas que estragar definitivamente a paisaxe e o mundo co que algunha vez soñaron Plinio, antigamente, e Ramón Otero Pedrayo nos nosos días.

P.D: Adiántome aos queridos e intelixentes amigos que me honran mandándome comentarios dicíndolles que non é verdade que me chamase Zapatero para ofrecerme substituír a Suso de Toro como asesor de cabeceira. Non me extrañaría nada que o fixese en canto lea esta proposta. E, se non o fai, pior para el e para o seu futuro.

9 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Non se alarmen os lectores. Aínda non me entrou un ataque de demencia censora. Simplemnete suprimín os tres primeiros comentarios porque correspondían a tres vulgares intentos de facer publicidade-lixo de produtos comerciais. Iso si, estaban en idioma inglés que, polo visto é o que mola.

Anónimo dijo...

Perfecto: Soy ZP. Me pongo en comunicación para decirte que hables con tu amigo Óscar Pereiro y le adelantes que quiero ofrecerle el cargo de Guardabarros Filólogo.
Lo de sustituir a Suso lo estoy pensando. No me parece mala idea. Al fin y al cabo, ya contó todo lo que sabía de mí en su libro, haciendose pagar sus buenas pelas, por cierto.
Compañero, cuento contigo, porque la célebre Aído ya me tiene la parte de los cojones muy tocada, como diría el obispo de Mondoñedo. Eso sí, no me vayas a decepcionar. Si ella dijo miembra, espero que tú sepas decir sexa por los menos. Bueno, si quieres, di génera.
Ten buen rollito, anda.

Anónimo dijo...

Penso que non merece moita máis liñas o darlle tanta publicidade a estes señores intelectuais (Savater,Vargas Llosa, Rosa de España etc). “Así que voy hacer un poco de “footingg” y luego comerme un “sándwich”, ver el partido de la “Champións Ligue” y por la mañana hacer un “casting” para un” film”que trata de “Halloween”. Trataré de cojer un” Ping” de este” film”, estaré esperando varios minutos y leeré un “comic”, me comeré un” plum-cake”, y como hace mucho frío me sonaré con un “kleenex”. Espero que el examinador del “casting” tenga un buen “feelings” y que el perfume de mi” after-shave” no le huela a” bacon”. Lo malo de todo es que no me traje el” tupper-ware” pero lo arreglaré con un “lunch” y por la noche sacaré un” ticket” para ir al “pub”. Al final de la jornada sufro un” stress” galopante”. ¿Será este o castelán que defende os asinantes deste "Manifiesto"?.

A estes señores do “Manifiesto” dígolles que coiden ben o castelán que xa non falan “cristiano”, e non se metan coas linguas oficiais das comunidades que son ao mesmo tempo un riqueza cultural da extensa pluralidade do Estado Español.

Anónimo dijo...

Pois claro que sí.
Agora ben, non lles parece un delirio maoista que un Goberno indique cómo hai que decir "gracias" (agora dise "grazas")?
E qué lles parece cando unha parte dun Goberno pregunta aos sabios e sabias da Real Acedemia Galega cómo hai que chara-lle á cousa que, en principio, gobernan?

E unha vez coñecida a resposta da RAG, van, collen e pasan e din que con eles non vai e que van continuar chamándolle á cousa como a eles lles peta.

E pensen que de cando en vez falamos de España e outras do Estado Español.

Sí, necesitamos un comité de sabios e sabias inter-autonómico e outro autonómico a secas.

Anónimo dijo...

Boas tardes.

Son eu, que por unha vez vou entrar sen utilizar o nome do meu alter ego cibernético, para que despois ninguén me pegue.

O Señor Oscar Pereiro ten todo o dereito de dicir o que estime conveniente, faltaría máis, pero é de lamentar que na súa posición (e cando non tivo inconveniente ningún en deixarse querer por quen se deixou querer, creo que xa me entenden...) arremeta contra o galego, que é a única cousa que os galegos fixemos xuntos.

Non teño ningún respecto deportivo polo Señor Pereiro, ademais. É un non-gañador do Tour, sen outro mérito que ter sido o primeiro dos que non pillaron.

(Perdón, rectfico: digamos que tivo a sorte de que pillaran ao primeiro)

Sei ben de qué falo.

(Por certo: se alguén pode falar aquí de ciclismo son eu, aínda que só andei en bicicleta tres ou catro veces na miña vida, e con notoria torpeza. Dígoo, porque eu son un dos poucos cristiáns que se pode gabar de ter superado a Miguel Indurain nunha liña de meta. Claro que daquela el andaba a pé, e que foi na final dos 1.000 metros lisos do programa televisivo Torneo, que prosentaba Daniel Vindel. Pero aí queda iso. Con toda España de testemuña. Palacio dos deportes de San Sebastián.)

Sete mil anos despois, encontrámonos de novo, nunha escalinata de mármore que Don Perfeuto coñece ben. Eu lembreille aquilo, e el respondeume, entusiasmado, víndose cara a min con todo o cariño do mundo e dicíndome:

-Yandaquenoestastugordo, pues.

(Todo un faulkneirano exemplo de tensar ata os límites impensables a gramática)

En fin, é igual, que teñan unhas moi felices tardes.