Ricardo Parrotta, xornalista e escritor arxentino, fíxose famoso pro ser autor, co pseudónimo de Pepe Muleiro, dun libro titulado Superchistes de gallegos, publicado por Editorial Sudamericana, que despertou a carraxe dos máis teimosos defensores das esencias de todo o que ten que ver con Galicia.
Un representante do BNG de Buenos Aires denuncioou a pubicación deste libro ante o Instituto Nacional contra la Discriminación, la Xenofobia y el Racismo (INADI) da República Arxentina e pedíu que fose retirado das librarías. Agora, outro denunciante, Manuel Castro, tamén se sumou á petición de que sexa prohibida a difusión do polémico volume, que xa leva vendidos varios miles de exemprares. O citado organismo abríu un expediente que aínda non foi resolvido e, como última medida, solicitoulle ao decano da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Buenos Aires, Federico Schuster, que emita un informe que conteña “el análisis del contenido discursivo utilizado en la publicación, a fin de evaluar si es conducente a la producción y reproducción de prejuicios, ideas racistas o discriminatorias en la sociedad”. Di a presidenta do INADI, María José Lubertino, que “sería de mucha utilidad para nosotros/as el análisis de estas expresiones en el contexto en que son pronunciadas atento a que estimamos que el análisis interdisciplinario nos permitirá una mejor evaluación de la publicación”.
O autor do libro, que estes días anda por Madrid visitando fillos e netos, e quedándose coa pena de non volver a visitar Galicia, di que non sae do seu asombro: “¡Van chamar a un profesor decano da Universidade de Buenos Aires para analizar chistes de galegos! ¿Onde nos quedan centos de anos lexislados de modus locandis? ¿E logo que van analizar? ¿O prospecto da aspirina? ¿Ou van prohibir o Pato Donald como en Suecia porque non ten pantalóns? ¿E os outros libros de galegos, de Lepe, de xudeus, de negros, de mexicanos, de Bush, de Mendes, a quen llos van dar a analizar? ¿A José Saramago ou ao xerente de MacDonalds? Sempre lles queda algún Fraga como reserva intelectual de Occidente”.
Ricardo Parrotta considera que “se se busca a alguén que analice o libro como o decano, estaremos dándolles a razón: os chistes teñen unha mensaxe e non son chistes. Son unha mensaxe. E non é así. Isto faime pensar nos censores que poñían os discos de vinilo de atrás para diante para demostrar que os Beatles ou os Rolling escondían unha mensaxe demoníaca”.
Pola súa parte, a presidenta do INADI, xa se mostrou partidaria de que hai que cambiar a linguaxe. “O poder das palabras condiciona as realidades –dixo nunha entrevista concedida ao xornal arxentino Clarín–. En Europa, por exemplo, toman en serio o combate á discriminación polo humor”. María José Lubertino admite que isto “é un problema para os humoristas, pero pódolle garantir que que hai maneiras de facer chistes sen usar as discapacidades ou a cor da pel das persoas”.
8 comentarios:
Eu xa non sei se este paisano me cae ben ou mal. Coido que o Conde dixo que era migo seu e Don Perfeuto é bastante raro nestas cousas. Polo que sei del, non prodiga moito as súas expansións amizosas. Algo debe ter o tal Parrotta para figurar nesa nómina.
Polo demais, a min tamén me empeza a dar certo ar de cheiro iso de que perseguir un libro de chistes que existen na realidade se convirta en ximnasia para puristas do que for.
Penso que Ricardo Parrotta debería vir a Galiza, dar a cara e explicarse.
Y esa tal Lubertino ¿no será una especie de Aído argentina?
Habería que volver a ler –ou, no seu caso, ler– a Celestino Fernández de la Vega para comprender estas cousas.
Habería que volver a ler –ou, no seu caso, ler– a Celestino Fernández de la Vega para comprender estas cousas.
Anda! Saíume repetido. Así conta como un participante máis neste foro. Por certo, non penso cambiar o meu nome.
O gran (ou a gran, non sei...) Hildegard Canido lémbranos hoxe a Don Celestino Fernández de la Vega.
Todo un personaxe, si señor.
Xa saben vostedes o que contestou cuando lle preguntaron a súa opinión sobre o Merlín de Cunqueiro.
-A mí me parece la Carabina de Ambrosio.
Sempre que unha liorta lingüística como esta dos chistes de galegos, ou como as achegadas ao lingüísticamente correcto" chegan aos papeis, lembro o libro de Robert Hughes, The Fraying of America (La cultura de la queja en español). O que alí di Hughes falando dos "afroamericanos", e que hai setenta anos os negros nos EEUU eran "xentes de color".despois foron negros (negroes), mais tarde Blacks e agora, afroamericanos, mais o cambio de nome non alterou as ideas racistas dos partidarios do KKK e da supremacía branca,só que agora en lugar de "negros de m...", din "afroamericanos de m...".No fondo destas liortas está coido eu, a errada idea da supremacía do significante sobre o significado (as primeiras palabras dos nenos alicerzan sobre representacións semánticas básicas). O que está a cambiar a idea dos galegos en Arxentina é que agora veñen eles aquí e nós imos alá como turistas ou a lles levar medicinas ou diñeiro. Eche o que hai... e a cousa pode dar a volta outra vez...
Don Celestino, tío de Doña María Teresa
Publicar un comentario