viernes, julio 04, 2008

¿Será el?


Un amigo, sobrado de imaxinación e só carecente de algo máis de tempo libre, mándame esta foto asegurándome que non é unha monta-
xe "photosho-
piana". "¡É el, é el! ¡Está en Benidorm!, dime emocionado no "emilio" que me remitiu.
Eu non sei quen será, pero contemplar a imaxe púxome a pel de galiña. Igualiña ca efixie que aparecía nos selos de Correos da época. ¿Se non é o imnombrá-
bel, será unha reencarnación súa? ¿Sabería xa o xeneral da voz aflautada algo da crise que non quere chamar polo seu nome Zapatero e decidiría volver por ver se alguén lle pide que a resolva? Hai que tocar madeira sen pés, por se acaso.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén o vin o outro día en Sanxenxo falando con Cacharro Pardo.

Anónimo dijo...

Onte estaba comendo no Pasaxe con alguén que parecía Antón Losada. Debe andar por Galiza estes días.

Anónimo dijo...

Din que é un alto cargo do bipartito.

Anónimo dijo...

ÁS VECES UN É MOI MALEDUCADO

Ía eu entrando na cidade, e atopeime cun señor de boina, chaqueta de pano groso e paraugas negro na man (na man o paraugas, en efecto, pero con firme vocación de colgarse ao lombo) que atravesaba a autovía ignorando por completo os semáforos.

Parei, a piques estiven de que batesen en min os coches de atrás a pesar de que puxen as luces de precaución, e vin que o velliño, impasible, seguía cruzando ignorando todo canto o rodeaba.

Piteille, e el miroume estrañado.

Ao pasar ao seu lado díxenlle, ou máis ben berreille:

-Ten que mirar os semáforos, senón un día vaino coller un coche...!

Decateime, entón, de que el non sabía nin de qué lle falaba.

(Aquel home, que levaba dentro de si unha cultura que ten miles de anos, atópase agora, na fin dos seus días, con que o arrastran ata unha mala cidade -probablemente a calquera residencia desas de merda, despois de facerlles o capital en venta aos fillos- que nin el entende nin o entende a el.)

E eu, tocando o claxon.

Si, verdadeiramente ás veces un é moi maleducado.

Diriamos, incluso, que cunha frecuencia innecesaria.

Bos días a todos, boa sorte.

Anónimo dijo...

Carallo, Perfeuto, ao abrir o blogue por pouco dame un infarto. Ten un pouquiño de piedade para aqueles que sofren do corazón