viernes, octubre 31, 2008

Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo

A piques de irme a Buenos Aires, non quero deixar pasar a ocasión de dicir que me gustaría asistir á constitución oficial da Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo, que vai ter lugar en Celanova (Ourense) o sábado 22 de novembro ás 11:45 horas. Un amigo moi querido mandoume o convite e estaría con moitísimo gusto na terra de Curros, Celso Emilio Ferreiro e Ferrín se non fose que xustamente ese día estarei cruzando o Atlántico para regresar das Américas.
Gustaríame estar alí, entre outras cousas, por ver como nace unha das últimas academias pontificias que, se non ando mal informado, é a primeira que se constitúe en Galicia. Non sei se para ben ou para mal –seguramente para regular– non son eu precisamente unha persoa de igrexa e a miña fe xa hai moito tempo que se move no esbaradizo terreo de saber que, entre as cousas seguras, a máis segura é a dúbida, pero insisto en que me trasladaría gustoso a Celanova se non fose porque me colle de viaxe no estranxeiro. Daríalles un abrazo de boa amizade a Ramón Loureiro, a Moncho Pernas, a Eduardo Pardo de Guevara e a moitos máis dos que van ser flamantes académicos.
No acto solemne que vai ter lugar no mosteiro de San Rosendo falará, entre outros, o bispo de Ourense, Luis Quinteiro Fiuza, e fará a disertación académica o arcebispo de Santiago, Xulián Barrio. Presentará a memoira destes inicios académicos Miguel Anxo González García, secretario provisional da nova institución, e presentará o número 2 da revista Rudesindus o seu director, Segundo Pérez López.
A Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo iniciará os seus pasos cos seguintes membros: Xulián Barrio Barrio (arcebispo de Santiago), Xosé María Díaz Fernández (coengo arquiveiro de Santiago), Pilar de Torres Luna (xeógrafa da Universidade de Santiago), Xosé Manuel García Iglesias (historiador da Arte da Universidade de Santiago), Xosé Miguel Andrade Cernadas (historiador da Arte da Universidade de Santiago), Manuel Carriedo Tejedo (investigador medievalista de León), Xoán M. Montero Monterroso (historiador da Arte da Universidade de Santiago), Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (historiador do Instituto de Estudios Calegos Padre Sarmiento de Santiago), Domingo L. González Lopo (historiador da Universidade de Santiago), María Beatriz Vaquero Díaz (historiadora da Universidade de Vigo), Ramón Yzquierdo Perrín (historiador da Arte da Universidade da Coruña), Ramón Pernas López (escritor e xornalista), Manuel Recuero Astray (historiador da Universidade da Coruña), Ramón Loureiro Calvo (escritor e xornalista), Manuel García de Buciños (escultor), Cesáreo Iglesias Grande (párroco de San Rosendo de Celanova), Francisco Singul Lorenzo (historiador da Arte da Universidade de Santiago), Antonio Piñeiro Feijóo (xornalista), Segundo L. Pérez López (coengo da catedral de Mondoñedo), Miguel Anxo González García (coengo arquiveiro de Ourense), Rubén Lois González (xeógrafo da Universidade de Santiago), Francisco Carvalho Correia (historiador portugués), Xosé Luis López Sangil (medievalista da Coruña) e Francisco J. Rodríguez Pérez (historiador da Universidade de Vigo).

49 comentarios:

Amigo moi querido dijo...

Desculpen que hoxe non utilice o meu nick habitual, para lamentar a ausencia de Don Perfeuto nesa cerimonia académica na que -estou seguro- o académico ideal sería o tamén seu amigo Don Álvaro Cunqueiro.

E miren, estoume agora lembrando dos amigos mortos, e dos que aínda nos quedan, e do día aquel no que sendo neno eu vin a Cunqueiro despedirse do noso non parente (outro día explicareilles iso de non parente, era un parente político no bo sentido da palabra, tío da muller dun tío noso)o coengo Don Manuel Troitiño, e estoume emocionando eu só diante da pantalla...

(Definitivamente, co paso dos anos estume aghilipollando ata uns extremos intolerables.)

Esa institución nova, que nace dirixindo a súa mirada á cultura de Galicia pero, por extensión, tamén tanto o tempo de San Rosendo como ao Camiños de Santiago, terá que axudar un pouco, creo eu, a lembrar que para moitos de nós (e tomo aquí prestadas as palabras do meu amigo Basilio Losada) Galicia é sobre todo unha emoción.

En fin, nada.

Como hoxe estou moi conmovido, non lles vou contar as paradas que Perfeuto facía con Don Ramón Otero Pedrayo camiño de Ourense para mercar melindres... e tomar un viño de misa.

Será, se Deus o quere, outra tarde.

Anónimo dijo...

Manda güevos, que fan os do Bloque formando parte das academias pontificias? Ou ese Rubén Lois non é o actual director xeral de turismo da Xunta?

Giménez-Arnau dijo...

Pois si, é o director xeral de Turismo, pero igual resulta que ser membro dunha academia pontificia mola bastante, porque os seus membros forman parte da nobreza vaticana, teñen vantaxes diplomáticas en países como Italia, reciben a cosideración de doutores por parte das universidades gregorianas e teñen na Unión Europea tratamento de Excelentísimo Señor ata a súa morte.

Anónimo dijo...

Chamarlle membro da nobreza vaticana o que ten o mesmo rango que os caballeros portadores del solio pontificio, que é o título que compran en italia os mafiosos berlusconianos é bastante dicer. Os doutoramentos que iso leva consigo non teñen validez civil e o título de excelencia é en exercicio do cargo; a non ser que leven a medalla da academia posta todo o día, son ilustrísimos señores igual que senador calquera.

Anónimo dijo...

Rubén Lois, ademais de ser director xeral de Turismo, é catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, por se alguén non o sabe. Moi fodida vos é a envexa.

Anónimo dijo...

É bo que a igrexa se comprometa coa cultura galega. Se a última academia pontificia que se verá ten a súa sede en Galiza é que aínda temos algo que dicir. Máis do que pensamos a veces.

Anónimo dijo...

É bo que a igrexa se comprometa coa cultura galega. Se a última academia pontificia que se verá ten a súa sede en Galiza é que aínda temos algo que dicir. Máis do que pensamos a veces.

Anónimo dijo...

Nesa academia hai lusistas?

Vilasantar dijo...

Noraboa a todos os novos académicos, que teñen en común ser xente que brilla no mundo do coñecemento, da arte, das letras ou do pensamento sen andar mendigando honores nin buscando protagonismos estériles.

Almiral Mouchez dijo...

Querido Don Perfeuto, non se esqueza de nos mandar unha postal desde o outro lado do Atlántico.

E aproveite para peregrinar polos xeografías de Borges, vostede que coñeceu ao escritor na súa casa.

RIODERRADEIRO dijo...

A min tamén me colle no camiñar (de xeonllos) de Santiago a Fisterra. ¡Mágoa! Non debo quebrantar a promesa.

Almiral Mouchez dijo...

Boas tardes.

Ese é un (post)camiño xacobeo que eu nunca fixen,Don Rioderradeiro.

(Que nunca fixen a pé, vamos...)

Non sei se Don Perfeuto aínda anda por aquí ou se xa marchou, por certo.

Anónimo dijo...

Eu creo que o Rubén Lois non é catedrático, senón profesor titular. E penso que do que dixo o anónimo non se deduza envexa. O que se deduce é unha profunda perplexidade por velo rodeado de xente conservadora e clerical, mesmo máis de unha do Opus. Dito sexa con todo o respecto para xente tan docta.

Asdo.:
Non se acaba o mundo... ou si

Anónimo dijo...

Correcto, Rubén é profesor titular.

vimianzo dijo...

O caso é estar sempre perto do poder, home non.

RIODERRADEIRO dijo...

O debate sobre a in/convenencia dos títulos revoltos coa (ir)reverencia dos cregos, na ACADEMIA AURIENSE DE SAN ROSENDO, tráenlle á memoria do can Carallete - non sei moi ben por que - o escolático tema dos "uiversais lingüísticos"

Anónimo dijo...

Galicia contará a partir del mes de noviembre con una insitución dedicada por la Iglesia a su cultura, y en la que se prestará una atención preferente a ámbitos de conocimiento como la teología, la historia, la literatura, las artes plásticas y, al mismo tiempo, a todo cuanto para la construcción de Europa han significado y significan las rutas jacobeas. Se trata de una academia pontificia, institución cuyo nacimiento -por todo cuando de solemne y ceremonioso hay en ella- puede extrañar en pleno siglo XXI. Pero que en última instancia responde al deseo de la Iglesia gallega de seguir muy fielmente un camino al que el actual Papa se ha referido con frecuencia: encardinar la fe cristiana en la cultura de cada pueblo.
La academia tendrá dos sedes permanentes: el monasterio de Celanova y el Palacio Episcopal de Mondoñedo. Y ello porque nace bajo el auspicio directo de las dos diócesis a las que más vinculado estuvo san Rosendo, el gran pacificador de la Galicia medieval y figura a la que se acaba de dedicar un año santo, coincidiendo con los once siglos de su nacimiento, por expreso deseo de Benedicto XVI. Los prelados de Ourense y Mondoñedo-Ferrol, Luis Quinteiro y Manuel Sánchez Monge, publicaron a comienzos de este mismo mes los decretos por los que la academia nace legalmente, a la espera de que la curia vaticana le conceda el privilegio que la vinculará directamente a la Santa Sede. Es decir, a los Estados Pontificios.
El acto de constitución tendrá lugar el día 22 de noviembre en Celanova, en una ceremonia en la que espera contar con la presencia, junto a las primeras autoridades de Galicia, de prelados no solo de distintas diócesis españolas, sino también de todo el norte de Portugal. Es decir, de la antigua Gallaecia.
La institución pontificia contará con 24 académicos de número, que lo serán hasta su muerte y que tendrán potestad para nombrar, en sesión plenaria, académicos correspondientes.
Los académicos
A propuesta de las mitras mindoniense y auriense, de la academia formarán parte como numerarios el arzobispo de Santiago, Julián Barrio; el profesor de la Universidad de Santiago José Manuel García Iglesias; el director del Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés; el teólogo Segundo Leonardo Pérez López, catedrático de la Universidad Pontificia de Salamanca; el escultor Manuel García de Buciños; el escritor y periodista Ramón Pernas; el canónigo ourensano Miguel Ángel González García y el historiador portugués Francisco Carvalho Correia.
Completarán la relación de académicos el deán de la catedral de Santiago José María Díaz Fernández, uno de los mayores expertos en el Pórtico de la Gloria, la geógrafa Pilar de Torres Luna, el historiador del arte José Miguel Andrade Cernadas, el medievalista Manuel Carriedo Tejedo, el profesor e investigador Juan Monterroso Montero y los también historiadores Domingo González Lopo, de la Universidade de Santiago, y María Beatriz Vaquero Díaz, de la Universidad de Vigo.
El listado se completa con el catedrático de la Universidade da Coruña Ramón Yzquierdo Perrín, investigador que tuvo un especial protagonismo durante la reconstrucción del coro pétreo del Maestro Mateo, el medievalista Manuel Recuero Astray, el sacerdote Cesáreo Iglesias Grande, el historiador del arte Francisco Singul Lorenzo, el escritor y periodista Ramón Loureiro, el medievalista José Luis López Sangil, el geógrafo Rubén Lois González, el periodista Antonio Piñeiro Feijoo y el historiador vigués Francisco Rodríguez Pérez.

Anónimo dijo...

Chámame moito a atención a presenza de Rubén Lois. Por máis voltiñas que lle dou a iso, non logro comprendelo. Non ten nada que ver cos demais nomeados para a academia pontificia galega.
Imos ver:
1- Unha institución dese tipo non xorde da nada. Crer o conto de que nace en Galiza é dunha inxenuidade atroz. Polonia non logrou ter unha institución así ata que Wojtila chegou ao papado. Non é Galiza quen solicita ao Vaticano autorización para para creala. A Galiza, ou para entendernos á igrexa de Galiza, dinlle que solicite a súa creación. Porque no 2010 vai via a Santiago o Papa.
2- Os filtros que pasan os nomes que se barallan, antes de que a elección se lles dea a coñecer aos propios interesados, son terribles.
3 - Os honores que conleva ser membro dunha academia pontificia non significan nada para nós, pero para esa xente é a culminación da súa vida. E xa non digamos para os bispos patronos. Claro que a súa distinción académica -que é moito máis que o doutoramento, non admite nin comparación, é un grado que non ten tradución ao mundo das universidade civil- non goza hoxe recoñecemento oficial na sociedade laica, quitando algúns países como Irlanda, Polonia ou Italia, e que excelentísimos señores tamén eran Fraga e Albor.Pero para esta xente esa elección é todo, porque significa que o Papa dixo os seus nomes.
4- Ninguén pode estar aí sen ter, como mínimo, o apoio do cardeal Rouco, presidente da conferencia episcopal española, e do nuncio do vaticano.
Non sei qué cousas ten escritas Rubén Lois, só sentín falar del como político. Así que penso que a súa designación só pode ser política, e que a igrexa, ante a visita papal, quixo que a honra que lle quere facer a Galiza coa creación da Pontificia Academia Auriense Mindoniense sirva tamén para que o goberno do país que vai recibir ao Papa sinta que se conta cos seus dirixentes.

Asdo: Exseminarista

Ghandula dijo...

O Bloque incorre en contradicións moi curiosas, como cando Quintana vai aos actos cos reis e o mesmo día pola mañá os seus concelleiros non o fna porque din que están en desacordo coa monarquía. Pero Rubén Lois non é do Bloque, é un señor que está a outra cousa. Ten un cargo de confianza do Goberno de Galiza, pero non é do Bloque nin de ningún outro partido. Parabéns a Rubén Lois. A designacións a dedo pasan, pero outras cousas quedan para sempre.

Anónimo dijo...

Noraboa aos novos académicos, especialmente aos bos e xenerosos que aman a Galicia e á nosa lingua. Sobre todo, ao que as fai máis grandes.

Vimianzo dijo...

Iso sempre, parabéns, home non, pero a uns máis que a outros e a outras. Que todo o que hai aí non é o mesmo.

non se acaba o mundo... ou si, dijo...

Xa estamos co de sempre. Como Rubén Lois non está oficialmente afiliado ao Bloque, xa pode facer o que lle veña en gana, que non é criticable. O señor xeógrafo é un alto cargo da consellería de industria, en mans da UPG, é o que leva todo o de turismo. E como tal executa a política do Bloque. Non é un simple técnico. Contánme que estivera afiliado en tempos ao PSG-EG de Camilo Nogueira. Pero agora é do Bloque, con ou sen carnet.

Onde está o problema? dijo...

Non entendo que razón hai para criticar a Rubén Lois.
Primeiro, eu non teño ningunha noticia de que o Bloque, ao que el non pertence, teña problemas oficialmente coa igrexa católica. E se os ten, dende logo, que o diga en alto, para que os católicos galegos, que son seis ou sete, saiban que o BNG non quere os seus votos e prefire que voten ao PSOE ou ao PP.
Segundo, unha academia pontificia, insitución que non ten moito que ver cos nosos días, non é unha institución eclesiástica. É unha institución vencellada á igrexa, como os museos vaticanos, cáritas, o equipo de baloncesto feminino de San Pedro Extramuros, o desaparecido diario Ya (e no seu día o aínda existente El Ideal Gallego), o belén de Begonte, as confrarías de Semana Santa de Vivieiro, a oficina do peregrino de Santiago ou a Universidade de Salamanca.
Neste caso, e tras a súa costitución oficial (requisito imprescidible) quedará vencellada directamente ao ESTADO vaticano, aínda que tamén ao Patronato Real español e á comunidade autónoma galega, neste último caso en función do seu estatuto xurídico.
Os centos de miles de honores que leva consigo ser membro dunha academia pontificia NON TEÑEN REFLEXO NAS INSTITUCIÓNS CIVÍS DUN PAÍS LAICO, conho.
O tratamento de excelentísimo señor ou señora só ten vigor nos actos da academia ou naqueles aos que os académicos concorran en calidade de tales. Fóra diso, o único tratamente que lles recoñece o estado español é o de ilustrísimos señores.
A distinción científica que reciben non ten maior valor que un doutoramente honoris causa da universidade da coruña (é dicir, fume)e iso de formar parte da corpo da nobreza da Santa Sede xa me diredes para qué vale.
É bonito que a última academia pontificia do mundo, aínda que en realidade mire a todos os camiños de Santiago, naza en Galiza.
A min non me molesta, para nada, que estea nela Rubén Lois. Se alguén lle quixo facer un regalo, polo que sexa, mellor para el.

non se acaba o mundo... ou si, dijo...

O BNG ten presentado iniciativas lexislativas no parlamento español para a ampliación dos supostos do aborto, e tamén a prol da finalización dos acordos do Estado Español co Vaticano. Así de claro: unha política laica que non creo que lle guste moito á Conferencia Episcopal e demais xerarquía eclesiástica.

Rubén Camilo Lois é do Bloque na práctica, porque executa a súa política e foi nomeado cargo de confianza na consellería de industria. Repito: con carnet ou sen el, é do BNG.

Polo tanto, debería ser coherente coas políticas do BNG. Non se lle pode andar a poñer unha candea ao demo e outra a deus.

Anónimo dijo...

É dicir, que o BNG non pode aceptar entre os seus militantes e cargos de libre designación outra política que a da dirección do partido. Habería que lle preguntar a Beiras que pensa da cuestión. A el, e a todos os que con el se distanciaron da dirección. Pode que sexa mellor a política do mojito e a do coche tuneado.

E se van eles, non irá Lois? (É por preguntar) dijo...

Los Reyes podrían ir a Celanova en la constitución de la Academia Pontificia de San Rosendo

El día 22 de noviembre se constituirá en el monasterio de Celanova la Academia Pontificia de San Rosendo, que está esperando que se haga oficial ese título por parte de la Santa Sede, pues el Papa ya lo ha despachado. Esta academia tendrá más rango que las demás existentes en Galicia y no es frecuente que en toda la cristiandad de constituya una institución de semejante categoría. Es más, entre las gestiones que se están llevando a cabo para el 22 de noviembre se intentará contar con los Reyes de España. La Academia Pontificia, que así se podrá llamar cuando se reciba el documento papal, cuenta con dos patronos, que son los obispos de Ourense y de Mondoñedo-Ferrol, Luis Quinteiro y Manuel Sánchez respectivamente. Como académicos de número hay 22 personas, entre ellas diversos historiadores, geógrafos, periodistas y canónigos de Galicia, Portugal y León. Por parte ourensana están los profesores Beatriz Vaquero, Francisco J. Rodríguez, de la Universidad de Vigo, el canónigo Miguel Ángel González o el párroco de Celanova, Cesáreo Iglesias.

Non é por nada dijo...

Non é por nada, non, pero quería recordarvos que o partido que está a defender en Galiza a memoria de Miguel Anxo Araúxo Iglesias é o BNG. Dígoo porque, non se se vos acordades, ademais de membro da Real Academia Galega era o bispo de Mondoñedo. Un abrazo.

Anónimo dijo...

O medievalista coruñés José Luis López Sangil é o Decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Manuel Lara

Anónimo dijo...

E ademais o señor que trouxo ata nós documentación imprescindibel para o coñecemento da nosa historia, como o tumbo de Monfero. Noraboa para Sangil. O que eu pregunto é o seguinte: Os curas nacionalistas galegos, ¿para que non valen? ¿Para curas, para nacinalistas ou para galegos? É por saber. Porque algúns deles teñen dado ben a cara polo Bloque, e xa vexo como se lles paga, con que desprezos.

Asinado: Manuel Sixto

Anónimo dijo...

querer ser unha alternativa de governo en galiza require outro tio de actitudes, non comportarse como o partido que só representa a unha parte dos que viven dese partido e que pasa dos ciadáns e das cidadás.

RIODERRADEIRO dijo...

Non será polos efectos culinarios do cocido de Lalín no Vaticano..?

Anónimo dijo...

O cocido de Lalín, para que imos dicir o que non é, sempre axuda. Pero mellora se ao poñelo ao cocer se lle bota algún embutido da Ribeira Sacra. Non sei se vostedes pensan o contrario...

Anónimo dijo...

O cocido de Lalín, para que imos dicir o que non é, sempre axuda. Pero mellora se ao poñelo ao cocer se lle bota algún embutido da Ribeira Sacra. Non sei se vostedes pensan o contrario...

Anónimo dijo...

Non parece descamiñado o apunte de rioderradeiro. O 'Cocido Vaticano-lalinés', promovido polo PP de Lalín; auspiciado, oficiado, e introducido en Sede Vaticana polo embaixador do PSOE, o inefable opusdeista Don Francisco Vázquez; e financiado con fondos administrados polo Director Xeral de Turismo do Bloque, Rubén Lois.
A santísima trindade plenipotenciaria. Os tres partidos, e enteiros. Deus os deu e o Vaticano os arrexunta. Partidaria, e paritariamente, os tres compartindo porco na mesma bendita mesa pascual, xunto aos máis altos vates da Igrexa .
A intención xustificaríana, imaxino, no obxectivo de promover o turismo a Galiza mediante Pastorales ou Bula eclesiástica. ¡A mesma política de turismo de Don Manuel -arrieiros somos (...e a viver do Camiño)-!.
Se é que existe algunha. Ou fixera falta.
Ou serán éstos os froitos que se esperaban.

os tresaltiños.

Anónimo dijo...

Crer que o embaixador no Vaticano pode ter algunha influenza no feito de que se lle conceda a Galiza unha academia pontificia ten sentido, pero vai moi descamiñado. O peso de Paco en Roma, por máis que nos digan o contrario, é nulo. Quen si ten unha enorme influenza é o cardeal vilalbés Rouco Varela, amigo persoal do Papa.

Chairego

Anónimo dijo...

Non sei, non sei...

Anónimo dijo...

O poder de Rouco en Roma é case ilimitado.

Fashion Show

non se acaba o mundo... ou si, dijo...

Anónimo das 21:10, pois mire, non. Os altos cargos e os dirixentes, non, teñen que aterse á política oficial do partido. Os simples afiliados, si que poden facer o queiran, e os votantes tamén, por suposto, faltaría máis.

Un xa está farto de tanta clericalla neste país, con independencia dalgúns católicos de boa fe, como Almiral.

A Igrexa católica -a xerarquía, para sermos exactos- mantén a política que mantén, que non é precisamente a da tolerancia e o respecto aos que son e opinan diferentes.

Ou a ver se agora a Igrexa é unha simple asociación cultural?

Para o Anónimo das 10:49: ou sexa que comportarse como o partido que representa a todos ten que implicar facer unha cousa e tamén a contraria? Ti, Mariano, vas a misa de doce. Ti, Andrés, vai á marcha do orgullo gay. Ti, Paulo, métete masón. E ti, Paco, vai rezar a unha mesquita.

Sexamos un pouco serios.

Anónimo dijo...

Nin se pode dicir mellor nin se pode dicir máis claro.

Anónimo dijo...

É unha vergoña que Rubén Camilo Lois se preste a ir da man da Igrexa. Claro que un posto de alto cargo pode durar só tres anos, e ser membro desa Academia de San Rosendo é para sempre (e as prebendas asociadas tamén). Listo que es el chico.

Almiral Mouchez dijo...

Bos días, xa case boas tardes, a todos.

Permítanme en primero lugar darlle as grazas ao señor ou á señora O Mundo Non Se Acaba por citarme tan amablemente, e ademais dicirlle que se ben recoñezo a excelente construción do seu discurso, por certo tan ben escrito como de costume, non estou en absoluto de acordo co que di esta vez.

(Tamén quería dicirlles, á marxe do anterior, porque sei que neste blog entran moitísimos amigos de Don Perfeuto, aínda que non interveñan nel, que estaría ben que a alguén de carne e óso, non a un nick coma nós, se lle ocorrese facerlle un xantar, en homenaxe ao seu premio. Propoño que sexa en Mondoñedo, porque aquilo de estar cerca da terra del, na Taberna do Valeco, que teñen a mellor carne de caza do mundo.)

Volvendo ao anterior, creo, e non quería intervir moito neste debate, que o señor Rubén Lois, a quen non coñezo persoalmente nin lle lin nada, ten todo o dereito do mundo a aceptar un posto na Academia Pontificia de Galicia, a día de hoxe Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo e nunhas semanas, ao entraren en vigor os decretos que requieren a súa constitución previa, (Real y) Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo.

Non vexo que por parte ningunha que prebendas conleva un cargo así: títulos académicos sen traslación á sociedade civil, tratamentos de excelentísimo señor que en Portugal son case de uso común... e que na esquela, cando un académico morre, lle poñan que o enterran con la bendición del Santo Padre.

Eu creo que a bendición do Santo Padre xa nos chega a todos.

Anónimo dijo...

Home, meu admirado admiral, parece que se lle esqueceu mencionar que os membros das academias pontificias teñen vantaxes diplomáticas en moitos países, de Italia a Chile, e que cando van a Roma alóxanse de morruá e sen límite de tempo no Colexio Español, que é o mellor hotel da capital italiana. Por non falar das conferencias e viaxes pagos que teñen, porque de todos lados os convidan. No das pompas e distincións académicas e de nobreza vaticana doulle en cambio a razón: iso non lle gusta a ninguén, qué va. Cando a alguén lle chaman excelentísimo fulano nos actos públicos o normal e que se levante cabreado e marche.
Súmome ao da homenaxe a Perfecto, que poña el o día. O Valeco está ben.

Anónimo dijo...

Claro, non vede-la falta que fai aí un experto en Turismo!

Anónimo dijo...

Apúntome á homenaxe.

Anónimo dijo...

Se é de caza, eu tamén me apunto.

non se acaba o mundo... ou si, dijo...

Meu querido Almiral:

Que vostede é un auténtico home de fe é algo que está fóra de toda dúbida. Que posúe os escasos dons da xenerosidade e da tolerancia, que prodiga sempre a mans cheas, está igualmente fóra de toda dúbida. Que sabe o que é a amizade, a verdadeira e desprendida amizade, aquela que non pide nada a cambio, é algo que comproban os que teñen a fortuna de ser amigos seus.

Por iso lle digo que se eses señores escuros e purpurados, taimados e pérfidos, que conspiran na sombra, que tratan de cercenar os avances sociais, que queren impoñer ao corpo social os seus dogmas de cómo hai que vivir, comportarse, morrer ou pensar; se eses señores escuros e purpurados, digo, fosen coma vostede, non habería ningún problema. Antes ben, serían ben recibidos e valorados, aínda que nunca amados.

Mais non lle é así. Daquela, eu rexeito todo ese mundo de intrigas e prebendas, de cinismo e soberbia, de prepotencia e desprezo. Por moito que vostede, obrigado polas súas crenzas, tente insistentemente en verlle algo positivo, o día a día desminte esa intención misirecordiosa. Non hai nada bo que esperar desa xerarquía, anquilosada na tradición máis rancia e hipócrita. Eles son, aplicando rigorosamente o termo, os que cometen “pecado”, pecado de lesa humanidade. Por iso eu os combato, aínda que iso lle poida causar desgusto aos que, magnánimos, son coma vostede, prezado Almiral Mouchez.

Unha sentida aperta.

Almiral Mouchez dijo...

Señor ou Señora Non Se Acaba o Mundo: Lin varias veces o seu post (dise post, ou póñoo mal...?), como de costume tan ben escrito e no que -igualmente como de costume- se refire a min cunha xenerosidade que non merezo.

Non teño moitos argumentos para contestarlle porque, por desgraza, o que vostede di é certo... en moitos casos.

(Pero non en todos.)

Oxalá puidera eu replicarlle que iso só raramente é verdade!!!

Mais, co corazón na man, non podo. Certamente non...

Pero mire, para non nos poñer tan solemnes, e xa que falamos de xerarquías epicospais, voulle contar con conto con bispo dentro:

Érase unha vez un bispo, moi afecionado ao belenismo, que ao chegar á mitra atopouse con que tiña no palacio episcopal un marabilloso nacemento, ao que incluso Cunqueiro se ten referido por escrito nalgunha ocasión.

Contemplou, emocionado, as figuras gardadiñas nas caixas, as fotos do nacemento instalado, e non collía dentro de si de gozo...

Pero achegábase o Nadal, e cando el falou de montalo de novo, os curiais dixéronlle que si, que claro, que si hai que ponerlo en el palacio se pone, pero que metidos sería en gastos (é un falar, o dos gastos) mellor sería instalalo onde todo o mundo o vise... e non na súa casa.

(El aceptou, claro. Cunha certa pena por non poder telo na casa, pero non dixo nada.)

Entón chamouno unha sobriña, para dicirlle que en Navidad o ía ir visitar co seu home e cos seus fillos. El pensou inmediatamente en poñerlles un nacemento aos nenos, un belén que (loxicamente) xa non podía ser o que antes comentabamos.

E como os bispos gañan bastante pouco, cando un amigo seu lle dixo que lle ía mercar pegatinas á súa nena nos chinos, el ofreceuse a compañalo, porque lle dixeran que alí podía haber figuriñas de Nadal moi baratas.

Entraron na tenda o bispo e o seu amigo, e mentres este último elixía as pegatinas o prelado díxolle á chinita do mostrador:

-¿Tienen nacimientos?

(A chinita non entendía, quedou calada entornando aínda máis ollos para tratar de comprender o que lle preguntaban...)

-Belenes, que si tienen ustedes belenes... _repetiu o prelado.

E entón, por fin, a dependenta reaccionou:

-¡AHHHHH! TU DICE LO DE LO JESUCRITO Y TO ESO, NOSOTLOS TENEMO MUCHO PElO ETÁ EN LAS CAJAS, NO LO PONEMO ATA LA OTLA SEMANA, TU VUELVE ANTES (sic)

Coda: non somos nada.

Anónimo dijo...

Queridos amigos:
Levo en Buenos Aires dende o domingo. Perdoade que non estabrecese contacto con vós ata agora.Foi por dificutades de infraeestrutura, que se di.
Acabo de ler os interesantísimos e abundantes comentarios que seguiron ao post que deixei colgado cando estaba saíndo de Galicia. Por primeira vez é isto o que se pode chamar un auténtico foro de libre opinión. Non sabedes canto me alegro.
Entre hoxe e mañá volverei a comunicarme con vós colgando algunha cousa referida a Buenos Aires. Coido que teño algo interesante que contar. Hoxe, por exemplo, pasei a mañá conversando, entre os milleiros de libros que invaden a sua casa, con Antonio Pérez Prado, co que logo comín preto do Obelisco, e logo varias horas da tarde con Alberto Datas. Cada un por separado constitúen partes interesantísimas da memoria de Galicia. Xa vos falarei deles.
Por certo, a carne e o viño arxentinos seguen estando entre as mellores cousas deste mundo.Tamén lle dedicarei a miña atención.
Ata logo.
Perfecto Conde

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,