Sempre me resultou dificil comprender como un político pode fracasar rotundamente no seu propósito de ser alcalde do seu pobo e triunfar logo estrepitosamente como ministro en Madrid. Tal é o caso de Xosé Blanco, actual ministro de Fomento e gran caïd do PSOE. Pois acabo de comprendelo de repente lendo o que dixo sobre cemiterios nucleares.
Sostén Blanco que apoiaría a candidatura do seu concello se se presentase para acoller unha instalación de tal natureza, e tardou a penas minutos o que lle gañou as eleccións municipais, o alcalde do PP Fernando Pensado, en replicarlle que se esquenza da arroutada. “Se non tés máis ideas, xa as buscaremos, que seguro que as atopamos”, díxolle.
Falouse algunha vez de que Blanco podía ser un bo candidato a presidente de Galicia. Con ideas coma esta pode ir empezando a esquencerse.
2 comentarios:
Non sei por que os políticos son papagalos que teñen que falar de todo. Que necesidade tiña Blanco de dicir esa parvada? Por que mostra tanto desprezo pola súa propia terra? Son todos iguais. Rematan morrendo pola boca comas troitas.
¡Manda truco!. O Blanquito votando a lingua a pastar. Que leve eses camposantos de bosta nuclear para o seu "chalet" na Illa de Arousa e que os meta na súa bodega de Cabernet Sauvignon, inclusive de Gran Reserva, que seguro terá apousentando.
Publicar un comentario