O drama haitián está dando moito que falar. Abdoulaye Wade, presidente de do Senegal, en declaracións á emisora francesa France Info, ofreceu unha rexión do seu país para que podan regresar a África os descendentes de escravos que agora compoñen a poboación maioritaria de Haití. “O problema é saber como se vai soportar todos estes gastos”, engadiu facendo referencia á responsabilidade histórica dos países europeos na deportación de africans, reducidos á escravitude, aos países americanos.
Wade sostén que a repetición das calamidades que caen sobre Haití faillle propoñer unha solución radical coma de crear en Africa “un espazo, a determinar cos haitianos, para crear nel as condicións do seu retorno”. Na súa opinión, esta volta dos habitantes do país azoutado polo grave terromoto poderíase facer “dunha soa vez” ou en varias voltas se afectase a varios países. Segundo o presidente senegalés, é moi importante “darlles esta oportunidade” aos haitiáns porque “eles non escolleron ir a esta illa e non sería primeira vez que antigos escravos ou descendentes seus son levados de novo a África. É o caso de Liberia, onde tiveron que integrarse coa poboación local para formar hoxe a nación liberiana”.
Abdoulaye Wade vai aínda máis lonxe no seu argumentario cando di que “o noso deber é o de recoñecerlles o dereito a volver á terra dos seus antepasados”. Mamadou Bamba Ndiaye, voceiro do goberno que preside Wade, xa explicou que, se os que volven “non son máis ca unhas cantas persoas, darémoslles un teito e un cacho de terra” e, se regresan en masa, “darémoslles unha rexión”.
Senegal ten, aproximadamente, a mesma poboación que Haití, arredor de 14 millóns de habitantes, e está sometida unha parecida situación de pobreza e corrupción. Polo tanto, o que falta por saber é se Abdoulaye Wade é simplemente un soñador ou está emitindo unha nova visión dos problemas africanos e do mundo.
2 comentarios:
Se vostede le o Le Monde de hoxe verá unha entrevista co presidente de Haití, René Préval, na que di que "un país non morre, un pobo non morre". Haití padeceu, en dous anos, dúas catástrofes enormes, os catro ciclóns do ano pasado e o terremoto de agora, pero hase erguer coa axuda internacional e, sobre todo, coa loita polo porvir dos seus nacionais. Os escravos de onte son cidadáns libres de hoxe, e aproposta do presidente de Senegal quizais non pasa dun brindis ao sol por ver se se nos se fala dos problemas internos daquel país africano.
Eu sonlles pesimista polo futuro de Haiti. Será por que coñezo Santo Domingo?. Será.
Publicar un comentario