Xa só faltan horas. Mañá é o día. Apple parirá un dos seus fillos máis queridos. O
iPad,
iTablet ou como concho se chame o invento finalmente. Ofrecéronse miles de dólares por facilitar algunha foto que puidese adiantar como ía ser a criatura, e a min pasóuseme avisar de que tiña eu unha. A da pizarra coa que aprendín a escribir na miña escola de Santalla. Dentro de nada, verase que son as dúas cousas máis parecidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario