jueves, enero 07, 2010

O laicismo francés e as cruces de Xoán Paulo II

Francia segue a ser aínda unha República laica. O Tribunal Administrativo de Rennes (Bretaña) acaba de declarar ilegal a subvención de 4.500 euros que lle foi atribuída ao concello de Ploërmel para dedicarlle ao Papa Xoán Paulo II a estatua que foi inaugurada o 10 de decembro de 2006. Terá, polo tanto, que devolverlle esa cantidade ao Consello Xeral de Morbihan.
Dous afiliados da Federación do Libre Pensamento, que viven en Vannes, André Le Béhérec e Pierrick Le Gennec, pediron que se anulase esa dotación económica cando foi aprobada polo Consello Xeral de Morbihan o 20 de outubro de 2006. Baseáronse nunha lei de 1905 que estipula a separación entre as iglesias e o Estado francés e que precisa que “está prohibido fixar ou colocar algún signo ou emblema relixioso sobre monumentos públicos ou en calquera outro emprazamento público, agás nos edificios dedicados ao culto”.
O xuíz considerou que “a liberdade de conciencia” e “a neutralidade do servizo público no tocante aos cultos” non foron respectadas no caso da estatua erixida en Poërmel na memoria do anterior Papa. Segundo a súa sentencia, o feito de que fose erguida nunha praza pública presenta un “carácter ostentatorio”, debido que a cruz coa que está coroada só é o símbolo da relixión cristiana.
O presidente do Consello que otorgou a subvención, Joseph Kerguéris, xa anunciou que o departamento de Morbihan non vai recorrer a decisión xudicial, pero aproveitou para calificar a demanda que deu orixe a esta medida como “o combate reaccionario dunha banda de laicistas axitados e sectarios”, segundo publicou o xornal de Brest Le Telegranme.
A escultura en cuestión é obra do artista ruso Zurab Tsereteli e foi construída e inaugurada cando era alcalde de Ploërmel Paul Anselin, que declarou con retranca que “agora só falta conseguir do tribunal a orde de demolición”. Pierrick Le Guennec, representando a Federación do Libre Pensamento, xa lle colleu a palabra, e anunciou que van pedir que a estatua sexa retirada do seu emprazamento público.
E agora a pregunta do millón: podería haber en Galicia algún xuíz que dictase unha medida coma esta? Ou, para empezar polo principio, temos nós unha lexislación que puidese permitir unha decisión coma que tomou o Trubunal Administrativo de Rennes? Claro que, agora que me lembro, nós non somos unha República.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

"Claro que, agora que me lembro, nós non somos unha República."

Es frase Sr. Conde xa pode quedar para a historia, é unha frase que me gustou moito. Porén, polo camiño que levamos teremos a república cando mexen as galiñas. Temos Borbóns para dar e tomar. Están a parir como conexas e os presupostos que levan ninguén se entera, nin pasa por control do Parlamento. Vaia bicoca.....

Luisfoz dijo...

Se calhar o da república não vai ser tão difícil. Nao creio que "Filipe VI" morra no trono. O do laicismo é outra coisa e, porém, há monarquias laicas como as escandinavas. Ai, a democracia!