lunes, enero 04, 2010
Baltar non é Yves Rocher, pero quere parecérselle
Plutarco se cadra non as consideraría vidas paralelas, pero algo teñan as dúas en común. Refírome a saga ourensá-galega dos Baltar e a bretoa-francesa dos Rocher. Xosé Luís Baltar leva varias décadas empulincado no poleiro do poder provincial e o recentemente falecido Yves Rocher, fundador do poderoso grupo fabricante e distribuidor de cosméticos, foi alcalde do concello bretón onde naceu, La Chantilly, de 1962 ao 2008, ou sexa, durante 46 anos. Coma Baltar desempeñou, ademais, outros cargos políticos.
Xosé Luis Baltar foi alcalde de Nogueira de Ramuín dende 1976 a 1995, sempre con maioría absoluta como o famoso industrial francés. En 1990 foi elixido presidente da Deputación de Orense, cargo que aínda desempeña despois de recuncar nas eleccións de 1991, 1995, 1999, 2003 e 2007. Agora anda empeñado en que o seu sucesor sexa o seu fillo Xosé Manuel Baltar, actual vicepresidente do Parlamento Galego.
Yves Rocher deixou a alcaldía de La Gacilly para que o sucedese un dos seus fillos, Jacques Rocher, e, xa antes de morrer, deixou asegurada a súa sucesión na presidencia do Grupo Rocher para un dos seus netos, Bris Rocher, a quen lle morreu o pai en 1995.
Hai, porén, unha gran diferenza entre as dúas sagas. Baltar non desenvolveu, a partir de cero, un gran grupo industrial e económico como o que foi fundado por Yves Rocher en 1959, extendido hoxe por cinco continentes e 80 países, con 30 millóns de clientes, 300 millóns de produtos elaborados cada ano nas súas propias fábricas, 1.600 centros de beleza, 15.000 traballadores integrados no seu cadro de persoal e máis de 220.000 empregos indirectos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Isto dos Baltar não é coisa da que goste; contudo prefiro o Baltar pequeno a uma criatura de Mr. Bean. Feliz 2.010 a todos, vai ser melhor do que 2.009 porque impossível que seja pior.
Home, don Perfeuto, 15.000 traballadores non ten o Sr.Baltar, pero que máis de 15.000 ourensáns viven directa ou indirectamente viven, beben e comen da Deputación de Ourense tamén é certo.
Eis outra semellanza que vostede debe tamén ter en conta.
Baltar Junior, Bloguero y Facebooker......
Publicar un comentario