Rosa Díez conseguiu o que quería. Que se falase dela como se fose a cicloxénese explosiva da actualidade. O ciclón extratropical dunha escena política española cada vez máis marcada pola mediocridade e a insubstancialidade. Cando a deputada virachaquetas non é máis ca un vendaval maino que nunca chega a ter a forza dunha tramontana. Rosa Díez é unha cuentista que se alimenta da provocación.
E que somos os que lle facemos caso e caemos na súa arañeira? Pois, no fondo, algo do que ela nos chama a través dun comunicado do seu partido: unha pinga de intolerantes, algo atacados por algún complexo de inferioridade ou perturbados polo nacionalismo. Ten razón, para non sermos todo iso, que non é pouco, tiñamos que mirar para outro lado, dicir que estaba chovendo cando ela tentaba mexar por nós ou pornos a contar chistes, recollidos do libro de Ricardo Parrotta, para demostrar que temos sentido do humor. Hai que foderse coa Xynthia esta do progreso e da democracia. Oxalá que se afonde moi rapidamente e se mova a gran velocidade cara a súa desintegración.
13 comentarios:
Ai, estas señoritangas inchadas e relambidas, que ven a palla do tópico no ollo alleo e non ven a viga do racismo no propio. Cuanto esterco ideolóxico anda espallado pola vida política española. Se o que buscaba era iso, que falasen dela, entón estamos ante un caso preocupante de "perturbación nacionalista" ou de doenza antigalega neste caso. Ou pensa esta señora facha, fachísima, que o seu non é un problema de desenfreado nacionalismo español? Sexa o que for, que non lle saia gratis, que vexa que non pode actuar impunemente contra os galegos por un mangado de votiños "enCOPEtados" e "intereconómicos". E, por favor, que lle vaian buscando un centro de rehabilitación contra o racismo, se iso for posíbel.
Eu creo que non merece nin a milésima parte do tempo que lle adicamos. Foi un comentario insultante que a desacredita de por vida como política. Punto. Nada máis.
A min me preocupa máis que exista ese prexuízo, que se advirte, senón con esa frase de pexorativo, na meirande parte das veces que se refiren a Rajoy. Eu estou farto de que nos perfís de Rajoy comenten iso, pero admitímolo con naturalidade moitas veces. Cando un xornalista non galego fai ese comentario, pensade por un momento que tamén leva a súa connotación negativa. Pensádeo. A min non me parece mal que alguén maldiga de alguén que é demasiado taimado: alá el. Pero que se atribúa esa condición individual ao seu lugar de nacemente paréceme directamente irracional, co seu punto xenófobo.
A min me gustaría con todo saber que pasaría se en troques de ser ela a dicir o que dixo fora un deputado do PSOE ou do PP: habería que ver os xogos malabares dos demais membros do partido correspondiente tratando de desculpalo.
En todo caso eu vexo que, unha vez dita a frase insultante por parte dela suficiente para que deixe a política para sempre e comprobado manifestamente o grao de irritación das persoas aludidas, o resto é demasiado alarde.
Perdón por ese senón que é un se non.
Eu creo que por desgraza sí merecen o noso desprezo. Hai anos o Sr. Cobra e máis a Sra. Diez ían da man nas manifestacións das víctimas do terrorismo, unha con basta ya, e o outro cun partido neonazi, ¿coincidencia?,anos despóis na mesma semana, érguense e collen sona como líderes racistas e xenofobos. Estas duas persoas teñen máis cousas que os unen que os separan. Canto razón ten o meu qurido José Luis Sampredro cando dí que imos cara a barbarie, penso que estamos nela.
Claro que merecen o desprezo, pero tampouco tanto que podan sentirse demasiado protagonistas.
De feito o Cobra, grazas a ese desprezo, é contratado noutra canle. E a saber cando volve saír a deputada Díez a ser entrevistada para aclarar e, de paso, ocupar o tempo que outras persoas poderían ocupar.
Non hai que esquecer que ademáis do tempo da barbarie (que sempre está latente, por outra parte) estamos no tempo da visibilidade a toda costa. Aínda que falen mal (ou ben) dun.
Que razón ten o noso Perfecto cando di:"...dunha escena política española cada vez máis marcada pola mediocridade e a insubstancialidade...."
Esta señora non só é mediocre se nón máis ben é un esperpento da política española-
Non hai peor político que un converso. É unha persoa de nula cultura intelectual e aprendiza de política.
Se hoxe estivera connosco D. Ramón del Valle-Inclán, non daría a vío de escribir sobre os esperpentos políticos que temos enquistados neste país dos despropósitos. “Personaxes grotescos” que os cidadáns temos que aturar e sufrir.
Asemella esta demagoga á Rosa dos Ventos que trocan os rumbos dos vendavais mareiros e algúns deles convértense en furacáns e por onde pasan teñen unha semellanza ao cabalo de Atila.
Ainda ben que non falou de "carácter pusilánime y muy gallego"..........Ainda.....!!!
Nenas coma esta hai 2000 no Ferrol, 5000 na Corunha, duas menos en Vigo, 50 en Compostela, catro en Viveiro... Non tedes outra cousa que facer? Por exemplo, como baixar as ventas da Voz.
Mar O sea NO! no me le digas que hay tanta buena pratiota; en el Hierrol del caudillu y Lacuruña y Vijo aún buenu te es, peru en Santiago y Viveru me parece que te confundes...
josé antonio zarzalejos altares acusó injustamente a don rafael escobedo alday y a don javier anastasio de espona
¿paula gonzález salgado?
paula gonzález salgado (xinzo de limia) ¿come panga del mekong? ¿está violando los derechos constitucionales y legales de un letrado aún más que la justicia malagueña en el caso de la betanceira doña dolores vázquez mosquera?
steven avery es inocente
Publicar un comentario