Fíxense ben na cara deste individuo (chamarlle cidadán ofendería os principios da Revolución Francesa). É vocalista da orquestra Olympus e faise chamar “artísticamente” Peke. Cando o colectivo Panteras Rosas Galiza esixiu que o seu grupo musical “erradique os valores discriminatorios nos espectáculos das festas populares de Galiza” porque “se nutre de valores e bromas discriminatorias contra as mulleres, contra o colectivo homosexual e transexual e ultimamente tamén de carácter racista”, este portento da mala educación non se lle ocorreu mellor cousa que contestar que “empiezo a estar hasta los mismísimos cojones de tanto subnormal, de tanto sinvergüenza y de tanto paleto asqueroso que va por la vida intentando joderme”.
Por se iso fose pouco, e segundo publica hoxe Xornal, tamén engadiu: “Quiero darle el número de teléfono de un centro de dedficientes mentales para que se matricule el próximo curso”. E aínda máis: “Si es un tío quiero y deseo que le den por el culo, y si es una tía me gustaría darle unha patada en la cona”. A súa impresentábel perorata rematou dicindo: “Y ahora que venga alguien a decirme que que no tengo educación, porque me cago en sus muertos”.
Para que o asunto resulte aínda máis esperpéntico, a orquestra Olympus, na que traballa este estafalario machista, é unha das contratadas polo Xacobeo para actuar no Festival Internacional de Orquestras, que terá lugar en Cea (Ourense) no mes de setembro. ¿Que fai o goberno de Feijóo non pondo a distancia necesaria cunha orquestra que ten representantes coma Peke? ¿Non vai actuar de oficio a Fiscalía polas ameazas e as manifestacións supostamente xenófobas e sexistas deste bocazas?
4 comentarios:
As orquestas son as novas rock stars. En UK teñen a Amy Whinehouse e Pete Doherty e nós a este.
A este teralo ti. Eu non o quero para nada. E, efectivamente, que actúe de oficio ou por demanda a Fiscalía, pero que actúe.
Mandolle unhas verbas ao INCLESITO este que temos entre nos.
xa na nosa terra temos discusións ca fala pra que veñas ti a tocarme a pinga daquela maneira.
Mais pareceme moi de puta madre que escribas tambén o que escribes xa que a min nunca me gustou ir a escola ,e navegando polo mundo adiante o INGLES e moi importanre cando chegas a porto eas mademoiselles quer ficar con ún.
E logo non teras outro ,como che diria eu ,mira filliño vei ao toilette inda que non tenas ganas colles o papeil de limpar o cu e escribes nel todo o qu che salga do carallo que pra gaiteiros na noas terra remos dabondo e agora sainos outro o "PEQUE "
Tuco tarrio .Dende A ISLETA G C
Querolle pedir a eses srs que manexan ese noso nobre aparello que é gaita que me disculpen pois polo feito de levar tempo no paro non seí que lle pasa a miña chola.
Pra eles "OS GAITEIROS "o meu mais sentido respeto.
Un saudo a todos os CROQUEIROS .
Deixovos que teño que facer a comida. T TARRIO.
Publicar un comentario