miércoles, agosto 25, 2010

Sentidiño

María Emilia Casas, presidenta do Tribunal Constitucional, regresou ao seu Monforte natal para dicir que “en Galicia hai un sentido común xeneralizado”. Volver á terra cando hai festa nela se cadra leva a estas idílicas observacións, que sen dúbida teñen pouco que ver coa realidade política actual.
Sentidiño, sentidiño non parece que haxa tanto. Abonda escoitar o que dixo o presidente Feijóo sobre os incendios para decatarse de que o noso seny non anda tan xeneralizado. “O operativo deste ano está sendo un operativo cun funcionamento óptimo”. Que llo pregunten aos familiares dos dous brigadistas que morreron abrasados en Fornelos de Montes (Pontevedra). O falar non ten cancelas, e aquí o único óptimo é precisamente a falta de sentido.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

O nome da presidenta do Tribunal Constitucional é María Emilia Casas, máis disculpamos o seu lapsus. Saúdos

Perfecto Conde dijo...

Ten vostede toda a razón. Foi un lapsus que me poño a correxir inmediatamente. Moitas grazas.

Dilaida dijo...

Pois ten vostede razón o que pasa que a presidenta do TC só vén a Galicia polas festas,
Bicos

Anónimo dijo...

Non lle deades demasiada importancia a estes comentarios, polo regular son cousas da élite xudicial,militar, etc. que nada teñen que ver co pobo chan e sinxelo. Son as castas de España que aínda non perderon o seu clasismo, aínda que nos tempos que corren, o fan moi solapadamente. O levamos no ADN. Non temos solución.
Crense o embigo do mundo.

Anónimo dijo...

off white hoodie
jordan 4
kawhi leonard shoes
curry shoes
yeezy