Un informe pericial cuestiona o operativo aplicado contra o lume de Fornelos de Montes (Pontevedra) que causou a morte de dous membros dunha brigada antiincendios. Familiares e veciños de Boiro, incluído o alcalde, aseguran que o presunto incendiario que foi detido nese concello coruñés é inocente. O lume empeza a cheirar a chamusco.
Nin tres focos simultáneos prendidos con mecheiros en Fornelos, tal como tentou salientar a Xunta, nin rabos de gaitas. A investigación que está levando a cabo o Xulgado número 2 de Redondela non atopa nin un só indicio das tres orixes do lume que sinalou a Xunta e si moitas dúbidas acerca de como se levaron a cabo os procedementos antiincendios nos que puido haber moita descoordinación e algo máis grave aínda. No caso do home detido en Boiro, Cándido L.L., son moitos os veciños do implicado que sosteñen que non puido ser el o que lle prendeu lume ao monte, segundo aseguran os tripulantes dun helicóptero de recoñecemento forestal.
É moi grave que que haxa insociais que lle prendan lume ao monte, ás veces con consecuencias tan graves como as de Fornelos de Montes, pero tamén é impresentábel que o goberno galego, co seu presidente á cabeza, só teñan aportado unha versión presumibelmente interesada sobre o acontecido e que agora as investigacións periciais están botando abaixo. Os delincuentes queiman o monte e algúns gobernantes chamuscan a realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario