lunes, julio 23, 2012

Ata enterralos no mar


España é cada vez máis un conxunto de países que está gobernado por políticos que non saben que facer para complicar definitivamente a vida dos cidadáns. E que dicir de Europa? Pois, máis ou menos, que é un conxunto de Estados empeñado en vender a prezo de saldo as conquistas sociais que custou sangue, suor e bágoas conquistalas.
Nunhas declaracións de Esteban Volkov, que acaba de publicar o xornal arxentino Pagina 12, di o neto de Leon Trotsky que “o marxismo está cobrando cada día máis vixencia”, e que “non hai dúbidas de que o capitalismo está demostrando que é un sistema totalmente obsoleto e inxusto que non cumpre para nada as necesidades do xénero humano. Ao contrario, o capitalismo está destruíndo o planeta, está creando máis miseria, máis sufremento. A necesidade dun cambio é vital. Teño a certeza de que a maior parte da humanidade tomará conciencia desta situación e loitará por outro mundo”.
Que nos pasou aos europeos, outrora avanzada do progreso social e da loita pola igualdade, para que esteamos agora deixándonos converter no derradeiro laboratorio dese capitalismo obsoleto e criminoso? E non me vale como resposta única esa rancia e fofa cantiga de que descorchamos demasiado champán e agora hai que rematar a festa. Demasiadas botellas de champán descorcharíanas os que as descorcharon, pero o resto –que somos a inmensa maioría– pasamos as nosas vidas afogando as penas con viño peleón. Que paren de tocar a gaita eses economistas, políticos e chupatintas que cando non fan de gregarios do capitalismo obsoleto é simplemente porque están subindo e baixando das nubes.
Agora a camarilla político-económica de Rajoy xa empeza admitir que se cadra hai que irse do euro. Miña nai, miña naiciña, que me quentou a cariña co calorciño da súa! Empezaron dicindo que España ía ben, e miren no que andan agora. Baixando e subindo das nubes. Facendo de gregarios do capitalismo obsoleto e cruel. Ou gallopamos ata enterralos no mar, como no verso de Rafael Alberti, ou nos enterran eles no cemiterio da inxustiza e da desgraza.

1 comentario:

calixtino e melibea dijo...

E só faltaba que a INCENDIARIA CAVERNA ESPAÑOLISTA botase o rigoroso lume de ODIO e IGNORANCIA que bota día tras día contra aquilo que non comprende. Que país mais noxento este no que nos tocou malviver. Lea, lea, don Perfeuto, o que conta o diario ARA, para que vexa até onde chega o asaño dos que non teñen problema en arrasar con todo e plantarlle lume á convivencia. Eu cada día que pasa son mais INDEPENDENTISTA; é dicer, quero INDEPENDIZARME desas bestas pardas que nos arruinan e nos ofenden. Que xente. Entrai, entrai na noticia do diario ARA e lede os comentarios. Non queda outra.


"QUE SE QUEMEN LOS CATALANES", LA XARXA BULL DE MISSATGES ESPANYOLISTES OFENSIUS

ARA Barcelona | Actualitzada el 23/07/2012 14:17


Els tuits anticatalanistes han estat freqüents a la xarxa
La facció més espanyolista de tuitaires està aprofitant els focs de l'Alt Empordà per a la seva batalla ideològica particular. La xarxa i els comentaris de les notícies a les webs dels mitjans de Madrid són fèrtils en missatges ofensius o que ataquen la llengua. "Catalanes que piden "ayuda" en catalán... Sois imbéciles? Todos podemos ayudar, pero antes tenemos que entender...", tuitejava Christian González. O Juan Vte. Santacreu i el seu missatge "Cataluña pide ayuda al ejercito ESPAÑOL, yo les enviaba unos cuantos bidones de gasolina, el fuego purifica ¡¡hay que joderse!!". Aquesta tesi de retreure que l'exèrcit ajudi a les tasques d'extinció ha estat freqüent.


Una altra de les línies de discurs ha estat oposar el presumpte efecte de les retallades amb els temes identitaris. Ricardo Chamorro seguia la idea d'una portada recent d''El Economista' i s'exclamava: "Los catalanes no tienen medios para apagar los incendios, però pueden verlo por seis canales autonómicos, eso sí". Més de 125 usuaris han repiulat aquest tuit. Sancho Luján, per part seva, criticava els que demanaven ajuda en català: "Los putos catalanes no saben pedir ayuda o agua en español?? pues que se quemen y se jodan".

A les webs dels diaris la majoria de comentaris se centren més en l'oposició Catalunya/Espanya. A 'El Mundo', per exemple, l'usuari Alvarorg té publicat el comentari: "La tramontana (no tramuntana) es un castigo de Dios a los catalanes, por ser tan catalanes. Ser más españoles y estará más calmadita". Per publicar comentaris a les notícies d''El Mundo' cal ser un usuari registrat. A 'Libertad Digital' (que també necessita registre per comentar), Elementa opina: "Me alegro que ayuden de otras regiones españolas, pero lo que está claro es que los catalinos son unos incendiarios". A les normes de participació d'aquest mitjà s'explicita que els comentaris ofensius per a tercers estan prohibits.