viernes, julio 06, 2012

O típico dos galegos


Serafín Castro

O xefe da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Polícía Nacional, natural de A Rúa (Ourense), debe ser un señor moi listo. E sobre todo un gran psicólogo, un expertísimo antropólogo e un nada desdeñabel sociólogo. En vez de dedicalo a tarefas que teñen que ver coa violencia, quizais habería que encargarlle que dirixise o Museo do Pobo Galego, por exemplo, porque debe ser moitísimo o que sabe este paisano da alma galega, a xulgar polas desfaortunadas declaracións que acaba de facer a respecto do caso do Códice Calixtino.
Referíndose ao aínda suposto ladrón da histórica peza, botou a seguinte parrafada: “Que quería facer co diñeiro? O típico dos galegos, metelo debaixo do ladrillo e estar á espera... É un home de carácter pechado, escuro, galego con costumes algo rariñas”. Como se pode ser tan insensato e, sobre todo, tan irrespetuoso e case xenófobo co país que lle deu de mamar? Pode un cargo público mostrarse así sen que teña que dimitir ao día seguinte? Tomou algunha pastilla o señor Castro horas antes de facer estas declaracións? Estou convencido de que, se alguén se lle ocurrise responder á pregunta de que fan os policías nas comisarías dicindo que mallan nos presos, o polícía-antropólogo de A Rúa non tardaría nada en presentar unha demanda. En cambio, os galegos, pobriños, somos pechados, escuros, temos costumes rariñas e metemos os cartos debaixo dos ladrillos. Non hai máis que ver o que fai Amancio Ortega, por exemplo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

E logo o vate Pondal pode chamarnos escuros, e ata imbéciles, e este policía non?

Anónimo dijo...

Despois de todo, no propio Códice tamén hai xenofobia. Será que a este comisario deulle tempo a ler algunha páxina?

Vicente do Portazgo dijo...

Non, non é que o nachiño tomase algunha pastilla. Se cadra esa mañá esqueceu tomala. Saúde, Perfectísimo, temos de argallar algunha troula, para que non nos quiten tamén as gañas de troula. O malo é que o gran Pacucho está "out of order", un chisco perxudicado. Mais polo bo camiño, seica. Aperta forte desde Xuvia-Neda.

Vicente

calixtino e melibea dijo...

Don Perfecto, parece mentira que, a estas alturas da sua bi(bli)ografía, aínda se estrañe destas cousas. Cousas de galegos, nen mais nen menos, ou "galegos" con comiñas, fóra do que diga o comisario. Leo que "O Governo central confirma que Mariano Rajoy protagonizará o domingo o retorno formal do Calixtino á catedral de Santiago." Non ve, entre galegos anda o xogo, Mariano incluido. "A historia pasa, pero a Catedral segue a ser unha incesante factoría espiritual", escrebe hoxe Manuel Rivas en El País. Unha incesante e colonizadora (Paco Rodríguez diría) factoría espiritual, ou como se lle queira dicer. A verdade é que non paga a pena falar de historias tan edificantes como a ocorrida nos subterráneos da espiritualidade. "Do ano de investigacións, a maioría consistiron en presións mais ou menos indirectas ao cacholán do electricista ciando ía ou viña de misa diaria (que medieval todo, non?) para que entregara o libro a cambio de perdón humano", escrebeu onte ou antonte Xosé Manuel Pereiro. Qyue quere que lle diga, cousa de galegos con ou sen comiñas, entre galegos con ou sen anda o xogo, que medieval todo, cousas da electricidade espiritual e catedralicia que corre polas nosas veas. Non hai nada que facer, non temos remedio. Temos que ler mais novela negra, de intriga policial, de ladróns e policías, ou como se lle queira chamar. Para pornos ao día. Para desmedievalizarnos.

Anónimo dijo...

¿Una cosa es el "ius soli" y otra, bien distinta el "ius sanguinis"?

Anónimo dijo...

¿Frases que recuerdan aquello del "carácter pusilánime y muy gallego" que de Doña Dolores Vázquez Mosquera dijo francisco montijano serrano?

Anónimo dijo...

E, coma case sempre, o locuaz policía mata o mensaxeiro. Bótalle a culpa aos xornalistas. Exemplar.