sábado, abril 27, 2013

A Europa de dereitas

En Europa hai forzas políticas que parecen estaren concebidas para perpetuárense no poder. En xeneral son as de dereitas. O que acaba de suceder esta tarde en Italia, 90 días despois das eleccións, é un exemplo ben claro deste axioma. Nin o bunga-bunga, nin a corrupción, nin sequera os coquetos coa mafia lle fixeron perder a Silvio Berlusconi e á súa coalición Il Popolo della Libertà (PdL) seguir mandando no país.
Enrico Letta co presidente Napolitano
Enrico Letta, ata agora vicesecretario xeral do Partido Demócrata (PD) e primeiro ministro encargado polo presidente Napolitano de formar goberno, acaba de dar a coñecer un gabinete no que figura Angelino Alfano, ex vicepresidente do Consello de Ministros e ex ministro de Xustiza con Berlusconi, e secretario xeral do PdL, como ministro de Interior, circunstancia que non deixa de ser polo menos soprendente nun goberno que preside un representante da centrro-esquerda italiana. Alfano, ademais de ser vicepresidente do Goberno, vai volver a mandar nas forzas de Seguridade encargadas de perseguir os altos niveis de crime organizado (Mafia, Cosa Nostra, Ndrangheta...) que nunca acaban de seren descabezados en Italia. Berlusconi ten algún amigo e antigo dirixente do seu partido na cadea por colusión coa Mafia precisamente (Marcello Dell’Ultri, Vittorio Mangano, etc.) e é de supoñer que agora mesmo estará dando saltos de contento por este nomeamento.
Xa non é que Italia ande flirteando co impasse político, como argumentou Le Monde nun recente editorial; o que acontece é que segue camiñando perigosamente pola degradación política que lle subministra abondante combustíbel ao carburador populista de Beppe Grillo, que seguramente vai recibir con este novo goberno formado por políticos e técnicos da vella escola o impulso que lle faltaba para que o seu Movimento 5 Stelle sega dicíndolle Vaffanculo aos encargados de gobernar Italia na difícil situación pola que atravesa.
E, se viaxamos ao norte de Europa, as cousas non andan moito mellor. Islandia (véxase El País de hoxe) pode devolverlles o poder ás fozas políticas que a colapasaron economicamente hai cinco anos. Daquela, a movilización cidadá erguida contra os abusos da banca deu paso a unha coalición de centro-esquerda liderada pola Alianza Socialdemócrata e polo Movemento de Esquerda-Verdes que puxo á fronte do Goberno por primeira vez a unha muller, Johanna Sigurdardottir, que soubo reformar o sistema financeiro, disminuir o paro e resituar a Islandia no crecemento económico. Aos islandeses non lles debe parecer abondo pois, segundo as enquisas, están a piques de facer que regresen ao poder os que hai pouco máis dun quinquenio afogaron o país: o conservador Partido da Independencia (PI) e o centrodereitista Partido Progresista (PP). Precisamente é hoxe cando as urnas desvelarán se se leva a cabo esta reviravolta política en Islandia.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Muy mal lo ha tenido que hacer la izquierda para que se haya llegado a este punto. Y es que lo ha hecho muy mal. Después de que Münzenberg sedujera a la élite de la intelectualidad occidental,convenciera de de que ser de izquierdas suponía, no sólo la más refinada de las elegancias, sino la más absoluta y altruísta de las abstracciones, la izquierda, no sólo se ha quedado sin ideas , sino que ha estado desaparecida en momentos tan terribles como el genocidio de los Balcanes, donde cometen el pecado de la omisión desentendiéndose, plegándose al poder omnipotente de los intereses más terrenales. De esos polvos vienen estos lodos. Ante el miedo que se ha extendido en la población,que aumenta hasta casi convertirse en pánico, la postura más lógica es la del conservadurismo en todos los aspectos. Es una reacción natural, creo yo ante la situación que se vive, donde se puede perder casi todo. La derecha no ha ganado casi nada y no ha hecho casi nada bien, es la izquierda la que ha perdido por "errores no forzados" que se diría en el vocabulario tenístico, cuando el que gana no lo hace por méritos propios, sino porque el otro pierde sin ayuda, por sí solo.

Anónimo dijo...

Concordo bastante con vostede, pero tamén hai que ter en conta que a esquerda, no chamado primeiro mundo polo menos, desenvólvese en circunstancias sempre moi adversas, trabadas polo capitalismo neoliberal, que dispón de todos os medios, especialmente dos mass media. Non se fai unha revolución cada mes, e o sempre desexado cambio e redistribución da riqueza planetaria haberá que conquistalo, coma sempe, con sangue, suor e bágoas.
Particularmente no caso de Italia e o seu actual momento político, a min paréceme que é unha consecuencia máis da degradación social á que chegou ese país como consecuencia do fenómeno Berlusconi e o seu bunga-bunga.

Anónimo dijo...

De acuerdo con usted, las revoluciones no sólo no se hacen cada mes, sino que, con sus excesos provocan casi siempre rechazo. Igual que el atractivo del socialismo de hace unas décadas, se ha derrumbado por la presión reformadora, pero, sobre todo, por las dudas surgidas del propio interior. Podría pensarse en un futuro estado de ambivalencia con respecto a algunos constructos sociales como la revolución por la igualdad, la Iglesia o el ideal socialista?

Anónimo dijo...

Non son eu moi experto nin acredito moito –máis ben, case nada– na potencialidade reformadora, e menos aínda revolucionaria, da Igrexa (de ningunha Igrexa), pero admito que, por exemplo, a chegada ao Papado do arxentino Bergoglio pode representar unha esperanza.
Quizais unha recombinación de cristianismo liberador e socialismo de rostro humano pode estar chamada a xogar un rol importate nas décadas a vir. Do que non hai xa dúbida ningunha é de que o capitalismo está definitivamente esgotado. Neste momento é o único responsable da agonía que está a padecer o mundo enteiro.
Que vai substituílo e a través de que? Non se sabe aínda. É probable que sexa necesaria unha gran revolución, que non ten por que ser coma Francesa de 1789 nin coma Soviética de 1917, pero que ha ter que beber moito das dúas e outros grandes acontecementos que liberaron a humanidade en cada tempo. Aquel "home novo" que reclamaba o Che Guevara terá que ser revisado e readquirido como un obxectivo de futuro. Se cadra, o máis imortante agora é que todo acontece a nivel mundial, e non estou a referirme á desastrosa globalización imperante senón á posibilidade de interactuar a nivel de toda a Terra.
En fin, que hai que seguir pensando que algún día volverá a lucir o sol. Será cando saiamos desta longa noite de pedra na que nos están afundindo gobernantes coma Rajoy e coma Merkel, por exemplo.

Anónimo dijo...

Comunismo, Capitalismo, Revoluciones,Democracias...Todavía seguimos buscando respuestas, pero usted habla del Papa como esperanza...Pienso que ya no podemos volver atrás, recurrir a Dios a estas alturas no es posible. Las nuevas sociedades somos alérgicas al sufrimiento, es más la sola mención de la palabra, nos escandaliza. Dios ha sido sustituído por el PROGRESO, este es ahora lo más parecido a la eternidad,el Paraíso no está en otra vida, sino que se materializa en forma del bienestar que solo lo procura el progreso. La Iglesia, como el comunismo, promete más de lo que da. En el caso de la primera nada se puede comprobar, esa es la ventaja sobre las ideologías laícas. Una cosa es lo bueno ( la religión podría serlo en algunos casos) y otra muy diferente lo verdadero.La religión me solivianta más de lo normal. Me conmovió y me provocó un malestar profundo un niño con el que hablaba hace unos días. Acaba de hacer la Primera Comunión convencido ( todo lo que se puede estar a los diez años). Estaba enfadado porque, según él, se sentía estafado porque creía que Dios no existe. Me quedé perpleja, no tengo ni idea como llegó a esa conclusión en tan poco tiempo y, menos entiendo, como parecía tan convencido. Me he liado de más y me he ido por las ramas . La religión me suena a estafa. Como al niño.