sábado, enero 05, 2008

As cousas a medias


A penas minutos despois de que este blog contase como funcionan os gobernantes locais de Ames, un policía local deste concello coruñés e unha brigada de servizos básicos composta por tres homes procedeu a tronzar e retirar o piñeiro que durante quince días ameazou a seguridade vial da estrada que vai de Bertamiráns ao Instrumento e que rematou caendo sobre os tendidos eléctrico e telefónico. Maior rapidez e dilixencia demostrou nesta ocasión a compañía eléctrica Fenosa que, avisada do que estaba pasando ás 13,30 horas de hoxe, menos dunha hora máis tarde xa tiña no lugar unha empresa subcontratada para arranxar o problema.
Ademais de alegrarme de que, por fin, os do Concello de Ames decidisen resolver esta incidencia, que puido orixinar desgrazas persoais e deixar sen luz e teléfono unha poboación na que viven polo menos 30 persoas, teño que volver a sinalar que continuamos no reino da chapuza xeneralizada. Os que retiraron a árbore caída deixaron a estrada no estado que mostran as fotografías. Con ramas e tocos do piñeiro caído invadindo a calzada de forma altamente perigosa para os que circulen de noite, por exemplo, e non alcancen a ver tales osbtáculos. Sería tan difícil mostrarse algo máis responsábel e rematar a obra coa retirada de toda impedimenta sobre a estrada? Polo visto, isto non é Alemania aínda. E, moito menos, Suíza.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

E este é o alcalde que preside a Federación Galega de Municipios? Pois que volva Crespo canto antes.

Anónimo dijo...

Perfecto, dalles un respiro, ho! Que estamos en Reis e é fin de semana.

Anónimo dijo...

Moi ben, don Perfeuto, moi ben a denuncia. Si señor!

Que esta noite os Reis lle traian moitos regalos a pesar de ser republicano.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por se lle interesase, queda no meu blog unha nota gabanciosa sobre os debuxos de LÓPEZ en GALICIA HOXE. Saúdos cordiais.