López pode que estea en combate, pero non está perdido. Non é dos que se perden facilmente. Respóndolle así a un amábel comunicante que tivo a ben interesarse de novo polo humorista debuxante que tanto dignifica esta páxina e do que está totalmente ogullloso o que lles escribe. O que pasa é que López agora anda aínda máis ocupado do que andaba antes. E, como foron moitos os que me preguntaron quen é López, coido que chegou o momento de despexar a incógnita. Non son eu mesmo, dende logo, como chegou a pensar Marcos Valcárcel. Xa me gustaría a min debuxar e inxeniar historias comas que fai López.
O que é López é da miña terra. Xúntanos iso e varias cousas máis. O sermos xornalistas os dous, por exemplo. Ou o pensar que o mundo, sen estar de todo mal, podería ser moito mellor se todos fixeramos algo máis por arranxalo. López é máis novo ca min, pero xa leva unha chea de anos traballando na delegación galega da Axencia Efe, que está en Santiago. Foi director desa delegación, cargo no que sucedeu a Carlos González Reigosa, e agora segue sendo un dos xornalistas que máis contribúen ao desenvolvemento da cultura galega e do seu idioma. Como bo practicante de Aikiro, arte marcial da que é un auténtico experto e que ensina no Ximnasio San Clemente, López é un pacifista capaz de verlle a cara boa ao mesmisimo Bush ou a Rajoy chapodando a Gallardón.
Dende o comenzo deste ano, López tamén publica no xornal compostelán Galicia Hoxe, único diario que se edita integramente en galego, e a súa arte gráfica e humorística tamén estará proximamente noutras publicacións. Ou sexa, que López é Xan López Rico, natural de Ribadeo, casado con Belén, pai de Mariña e de Area, e amigo meu. Voilà, poden velo na foto mirando como pasan as mozas pola Porta Faxeira dende unha mesa do café Azul. E non será Alexandro Diéguez o que se ve nesa foto facendo de xaponés na rúa do Franco?
8 comentarios:
Así que este é o López? Un tio tan feo? Castelao e Bagaría eran máis guapos.
Guapo non será, pero é boa xente.
Como troco diste eloxio coido que o López debería ilustrar o post no que é protagonista.
Carallo, claro que é Dieguez o que está no cristal, ou é unha alucinación miña. Xa hai tempo Alexandro que non te vexo por estas terras de Arousa.
saúdos e canta un merlo.
Excelente amigo Joám López Rico, sobrinho de Joám López Durá, o último secretário geral do partido galeguista durante a guerra. Exilado em México ali morreu. A sua necrológica apareceu no "Terra e Tempo" da clandestinidade como membro que era da UPG.
Grandes famílias e grandes homes deu a nossa Marinha
Pero se é o fillo de Don Mario. E agora quen vai levar a Coca?
Que alguén aclare o que é iso da Coca porque senón aínda ha haber quen pense mal.
Pois noraboa a López, polo seu novo abor en GALICIA HOXE, onde ademais somos compañeiros de páxina diaria (el enriba miña, pero como se fose nunha litera). Todo o que sexa ver o mundo con humor e empatía é bo e boa falla fai neste país de crispacións e apocalipse (se se escoitan algúns discursos).
carallo, nunca pensei tal.
Publicar un comentario