miércoles, enero 23, 2008

O PP quere fichar os blogueiros

Fíxense nesta cara. Correspóndelle á concelleira do Partido Popular (PP) do Grove (Pontevedra) Diana Otero. Pode ser a próxima estrela mediática da política de dereitas. Acaba de anunciar "unha proposta de regulación normativa na que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI, mediante o que se fagan responsables dos seus contidos e facilitar que estes delictos non queden impunes e que aqueles que se dediquen a insultar e a coaccionar nos blogs poidan ser denunciados polas vítimas".
Talmente como se acabara de ler a lei de prensa que firmou Fraga en 1969. Iso si, con máis atrevemento aínda e, dende logo, notoria ignorancia da situación real da blogolandia. Non sabe esta moza que tal rexistro xa existe e figura en poder dos correspondentes proveedores de internet, que teñen a obriga de facilitar os datos que lles pidan as autoridades xudiciais? Ela saber debe sabelo porque, se non foi ela persoalmente, alguén do seu partido xa ten recorrido varias veces aos xulgados para denunciar blogueiros. Ou é que o que lle gustan son os famosos rexistros (de cara á parede) que tanto lle encantaban a Fraga cando era ministro de Información de Franco?
Resulta preocupante tanto afán de controlalo todo. Di "que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI". A ver, quen ha constituír ese rexistro? Os editores de blogs? Supoño que quererá dicir que o compoña a autoridade competente, se o tempo non o impide. Fala de "delictos que fican impunes" e de que "aqueles que se dediquen a insultar e a coaccionar poidan ser denunciados polas vítimas". Esta concelleira mostra pouca fe no ordenamento xurídico vixente e tén unha fraca idea da blogolandia, na que só ve delincuentes e vítimas maiormente, polo que se desprende da súa opinión. Lendo o que propón, fico tan apampado como parecía estar ela cando lle fixeron a foto, dito sexa con respecto e como definición, que non é o mesmo que insulto.
En fin, hai xente para todo. Por que será que no PP abondan os afeccionados a compoñer listas de todo o que se move e a ver inimigos a bater debaixo das pedras? Queren que andemos outra vez co carnet entre os dentes. E, se cadra, borrarnos das listas. Como borrou Fraga unha vez o corresponsal de Le Monde José Antonio Novais. No que toca a estas cousas Deus, se anda por aí, debería collernos confesados. A formar, coño, que imos rexistralos!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Seica queren que volvan a negrura e as longas noites de pedra. Deus nos libre de que retornen ao poder estes neocons retardatarios.

Anónimo dijo...

Como se PSOE, BNG ou calquera outro dos que gobernan ou poden gobernar non foran quen facer outro tanto.

Anónimo dijo...

Esta rapaza ten os "tics" dos seus dirixentes. Coido que ten moito que aprender o que significa a liberdade de expresión. Pero non hai ninguen que lle explique o que eran os tempos do sáprata (que algún dos seus dirixentes aínda hoxe o ensalzan), que a muller era un obxeto de decoración, que non se podía ler namais que o que eles querian, que a muller no podía ni siquera ten unha conta bancaria, que tiñan que levar a falda maís embaixo que os sionllos, que tiñan que ir á misa cunha mantilla. Eu lle recomedaría que lera moito sobre o que facía coas mulleres Pilar Primo de Rivera na tenebrosa Sección Feminina. Seguro que si alguén lle explica isto e moito máis é capáz de mandar para o carallo aos seus neocons se ten os miolos ven postos.
A polémica veu sobre este Blog:

http://ogrobe.blogspot.com/2008/01/actitudes-covardes.html

Anónimo dijo...

El Ministerio de Información y Turismo de Manuel Fraga Iribarne retiró el carnet de corresponsal al periodista gallego Don José Antonio Novais Tomé

Anónimo dijo...

José Antonio Novais Tomé, Premio "Francisco Cerecedo" 1985; tiene calle dedicada en la Ciudad Universitaria de Madrid

Anónimo dijo...

Ha fallecido Don José Andrés Hernández (Cope)(D.E.P.). Manuel Fraga Iribarne le multó siendo Director de Radio Popular de Vigo, en los años 60, por emitir programas en gallego......

Anónimo dijo...

el ministro alberto oliart le pidió a nuestro decano del colegio de abogados, antonio pedrol rius, que nos retirara la licencia de abogados.......