Prometín volver a frecuentar estes encontros gastroenolóxicos. Aínda que ás veces me parezan algo demodés e con algún punto de machismo, resúltanme simpáticos. Xentes que na rúa case non nos coñecemos nin sequera nos saudamos (xuíces, fiscais, adegueiros, empresarios, avogados, profesores, médicos, case de todo, menos obreiros) compartimos estas horas facéndonos a ilusión de que a igualdade existe. Logo ímonos cada un para as súas casas, os seu traballos, as súas miserias e a súas alegrías, pensando que acabamos de comulgar. Nemesio Barxa, un dos alma mater desta case masonería dos viños galegos lembrábame hoxe que a Manuel María, o noso Roi Xordo, gustaballe a Irmadade dos Vinhos Galegos porque se trataba dunha "carallada moi ben organizada" e Pepe Posada, bo sucesor do vate da Terra Cha, ilustrabanos dicindo que "a vida non consiste só en traxedia". Estou totalmente de acordo con eles. Por iso prometo volver a cumprir os meus compromisos de irmandiño.
sábado, enero 26, 2008
Que beban pro nobis

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Traballa, cabrón.
Benquerido don Perfeuto, non todos os anónimos témoslle tanta envexa. Paréceme ben que coide o seu vicio de lambón, oiga.
Non é envexa, quero fisfrutar dos seus textos e dos debuxos de López.
Perfeuto, escrebe.
Publicar un comentario