Leo en El País, citando The Anchorage Daily News, que finou Marie Smith Jones, a última nativa que falaba eyak, un dos idiomas dos catro grupos lingüísticos que se orixinaron na península de Alaska e nas illas Aleutianas, onde viven 66.390 nativos e dos que xa son só 14.800 os que aínda se expresan neses idiomas.
Di Michael Krauss, experto en linguas indíxenas da Universidade de Alaska, que hai 10.000 anos, cando os poboadores da terra só eran dez millóns de persoas, estaban en uso máis de 20.000 idiomas. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura estima que, na actualidade, cada día morren 3.000 persoas falantes dalgunha lingua que está en perigo de extinción. Tres mil idiomas sofren este perigo de extinguirse.
Arrepía observar estes datos. Quen será a Marie Smith Jones de Galicia cando lle toque extinguirse a nosa lingua? Canto tempo tardará en suceder ese pasamento? Puta globalización.
3 comentarios:
Desde logo, don Perfeuto, debe ser moi frustrante falar unha lingua e non ter con quén facelo. Hai uns días, o teu amigo Pancho Valle pasaoume unha fotocopia dun periódico cun referido da tertulia na que participaba o seu abó. Na tertulia don Ramón aseguraba ser o único -último- falante do guaraní verdedeiro xa que él mismo confesou ter matado ó xefe da tribu (que lle ensinou a lingua a él, e que era o último membro vivo daquela tribu). Vívían os dous sós na selva e atoparon una moza pola que decidiron disputar nunha loita a morte. Por suposto que gañou don Ramón, que quedou coa moza e co uso exclusivo do guaraní, idioma no que rematou o seu monólogo na tertulia.
Don Ramón non contou o idioma que falaba a moza.
Publicar un comentario