viernes, enero 18, 2008
Somos talmente potencia que podemos estoupar
Durante o pasado Nadal comentáronme na Coruña que Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta, estaba frecuentando significativamente o escritorio do grupo publicitario BAP Conde. “Será para agradecerlles o anuncio patriótico que lle fixo a Gadis”, foi todo o que se me ocurríu comentar. Pensaba eu que o romance vivido ultimamente entre os do Bloque e Roberto Tojeiro, que ata tivo esceas de sofá a bordo do primeiro gaseiro que desembarcou en Reganosa, podería explicar eses tête-à-tête entre o ex alcalde de Allariz e Miguel Conde.
Pero estaba errado. O que estaban cocendo o publicitario de moda e o político nacionalista era unha campaña que foi elaborada moi a xeito dos discípulos de Castelao. Partindo da base de que Galicia é unha potencia, idea que parece directamente plaxiada dun programa da TVG que presentaba Carlos Blanco e que pasou sen pena nen gloria, os de BAP Conde deseñaron e realizaron unha campaña de publicidade que está na liña da propaganda nacionalista pura e dura.
Véxase, se non, a armadura literaria da mensaxe: “Se a forza da nosa paixón cambia o mundo, cal será a POTENCIA dos nosos actos? A historia comenza cando ti queiras. A nosa forza interior fainos POTENCIA. A nosa industria é POTENCIA. A nosa materia prima, a nosa cultura, a nosa xente, a nosa costa é POTENCIA. Somos unha POTENCIA en POTENCIA. Ser POTENCIA é facer historia. O século XXI é noso. Galicia, somos POTENCIA”.
A realización “cinematográfica” do anuncio corresponde a esa descuberta que parece ter feito Miguel Conde do braveheartismo e que semella estar disposto a explotala ata o infinito. Algunha metáfora explosiva da repetida potencia galega, expresada en imaxes, ben puidera facer o efecto de lembrar Hiroshima e Nagasaki. Porén, o que máis me chamou a atención desta curtametraxe é a utilización final da palabra GALICIA no canto de GALIZA, que ata agora veu sendo sempre a expresión preferida polo Bloque. Foi un despiste ou é que as cousas de Quintana non paran de mudar? Por outra parte, no estudio de BAP Conde deberían empregar algún corrector de estilo competente ata o punto de acoplar ben suxeto, verbo e predicado. Evitarían construir frases coma esta: "A nosa materia prima, a nosa cultura, a nosa xente, a nosa costa é potencia”.
Polo que xa sei, nas dirixencias do PSdeG-PSOE e do PP, así como entre os fontaneiros socialistas de San Caetano, están moi intrigados e queren saber canto vai custar ao erario público esta campaña –patrocinada por Vicepresidencia e Consellería de Imnovación e Industria– e que uso van facer dela os gobernantes do Bloque durante as semanas que preceden a consulta electoral que vai ter lugar o 9 de marzo. O asunto aínda ha dar que falar. Estou seguro.
Para ver o anuncio prémase aquí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Non entendo o anuncio. Se cadra son xente fuxindo dun posible potente posible estoupido de Reganosa, de a cabalo, correndo, nadando, fuxindo da auga, rachando as portas polo medo...
Quitaronlle a Z porque a xente pensa en Zapatero (inconscientemente) claro...
A película é boa, ainda que escoitei que certos cortes son plaxio dun anuncio de Levis e certamente, como dí don Perfeuto, é unha copoñenda de Brave Heart con cerveixa galega.
Outra cousa é o sentido que poda ter gastalos cartos nestas cousas. A caradura chega ó último frame: ¿Por qué o firma a Videpresidencia de Benestar e a Consellería de Industria? ¿Cal é a ligazón? É como poñer "Goberno Bloque". Pero o pagamos todos. Evidentemente tería maís sentido se o firmara o Bloque, pero terían qu pagalo eles do seu peto.
Conclusión: facer patria en vésperas de eleccións é mirar os seus propios intereses electorales, é reforzar os seus intereses políticos, xa que contan con que Galicia son eles sós. eles son os únicos ca representan. Cando Goebbels Varela facía ístas cousas o censuraban no parlamento, con razón. Agora eles fan o mesmo.
Por certo, publiquei un comentario como o anterior na web de You Tube, onde aparece película, e a borraron. ¿Anda ainda por aí o Antón Losada cas tixeiras e os telefonazos?
Eu, por principio, desconfio da Autoridade.
O post e os comentarios son acaidos. Pero pódese preguntar algo, por exemplo, que problema ten o PSOE en facer algo igual, non o de gastar cartos en publicidade, que xa o fai, senón en publicidade "galicista".
Esta obsesión coa publicidade permanente por parte de Quin, pode ser que lle faga gañar algúns votantes, pero tamén perder outros, fartos de tanta insistencia. Á final, nin vai subir nin baixar: quedará como estaba.
López perdido en combate. O é que non lle pagas. Tampouco creo que os de Galicia Hoxe lle paguen moito e fai un todolos días. Ainda non sabíamos quen carallo era López... e perdeuse.
Eu son galego e gústame que se fagan este tipo de cousas. Temos que querernos porque sí SOMOS UNHA POTENCIA.
VIVA GALIZA¡¡
Eu son galego e gústame que se fagan este tipo de cousas. Temos que querernos porque sí SOMOS UNHA POTENCIA.
VIVA GALIZA¡¡
Publicar un comentario