miércoles, marzo 12, 2008

Champs Élysées, obscenidade capitalista










Un amábel comuni-
cante animoume a seguir publicando “brochadas” sobre París, dicíndome que son, coma el, un afrance-
sado. Pois a moita honra. E agardo que non me maten na Devesa os de Ribadeo como mataron o marqués de Sargadelos. Raimundo Ibáñez, que seguramente andivo do ganchete con Goya polo paseo dos Namorados de Cervo, éme un personaxe absoluta-
mente simpático e non sei que pensaría hoxe se poidese erguer a cabeza e sentarse a falar con Díaz Pardo.
Abusarei, logo, algo máis da paciencia dos lectores para seguir reflexionando sobre a actual vella Lutecia. Por exemplo, percorrín –arriba e abaixo– ese magnifi-
cente escaparate do primeiro mundo que son os Champs Élyssées ou Campos Elíseos. Con subida ao Arco de Trunfo incluída. Comencei o percorrido na praza da Concorde, onde está o histórico obelisco que foi levado a París, dende Luxor (Exipto), e levantado no lugar que agora ocupa no ano 1836, cando era rei de Francia Louis Philippe I. Tardei pouco en pasar ao pé da estatua que lle ergueron a Degaulle, sobre un enorme pedestal, fronte ao Grand Palais e, sen máis transición, sumerxinme no constante trafego desta arteria parisina que desborda luxuria cosmopolita.
Tanto por unha beira como pola outra, os Elíseos son case unha obscenidade capitalista que está a piques de se converter nun zoco puramente comercial que vai desprazando os habitantes das antigas mansións. Parte dos metros cadrados máis caros do mundo, pouco a pouco, van caíndo nas mans do neomercaderismo internacional que tira e reconstrúe constantemente casas para adaptalas ás novas necesidades do merchandizing contemporáneo. O noso paisano ricachón, por exemplo, Amancio Ortega, a través dunha das sús empresas, Pontegadea France, logrou permiso da Dirección de Urabanismo da Ville de París para demoler e volver a construír o edificio que hai no número 116 da avenida dos Campos Elíseos co gallo de rehabilitar un inmoble de oficinas, actividades e viviendas que ocupa un solar de 919 metros cadrados e pode ter unha superficie habitada de 5.902 metros e unha altura de 30,3 metros. Dous portais máis abaixo, hai unha tenda de Zara. Ortega seguramente quere instalar aquí a súa presenza emblemática en Francia. Non é mal sitio, dende logo. Estará case en fronte da prestixiosa e luxosísima Louis Vuitton, tenda na que un simple bolso de muller pode custar 6.000 euros, case en fronte tamén das oficinas de Air France e a carón de diversas tendas de moda e glamour (Cartier incluída) ou de hoteis como o Claridge e o Marriott, ou o cine Ambassade da famosa cadea cinematográfica francesa Gaumont. Tamén lle queda moi cerca o célebre Lido e o Arco de Trunfo, case a tiro de pedra.
Renault nunha beira da avendida e Peugeot na outra, teñen abertas tendas moi especiais nas que acostuman expor modelos históricos da súa producción. Ou, ás veces, prototipos que chaman a atención. Sentín morriña contemplando un R4 e un Alpine A 106 de Renault ou un vello modelo e un prototipo moi psicodélico de Peugeot, antes de subir un a un os interminábeis chanzos da escaleira que sube ata o último andar do Arco de Trunfo, lugar dende o que se poden contemplar magníficos panoramas da cidade da luz, que estaba algo agrisada cando eu subín.
Alí enriba, a vista chega ata os confíns da cidade. O Bois de Boulogne, nin preto nin lonxe. O Sacré-Coeur, aló no fondo. A Torre Eiffel, omnipresente. E as grandes e soberbias avenidas (Champs Élysées, Marceau, Iéna, Kléber, Foch, La Grande Armée, Carnot, Mac Mahon, Wagram, Hoche e Friedland) confluíndo na belísima e enorme praza de Charles Degaulle, que cando eu vivín en Francia (1965 e 1966) aínda era de L’Étoile. E, por todos os lados, mansións. Mansións enormes, agora ocupadas por algunha ambaixada (a de Qatar, por exemplo, cuxos petrodólares permitiron que se instalara no mesmo pé do Arco) e por multinacionais de todo tipo. O que dixen antes, unha obscena representación do capitalismo primeiromundista. Pero a quen lle amarga un doce?

14 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Harás una visita a Don Nicolás y a Doña Carla?

Perfecto Conde dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Excelente foto a que tomache diante de Benetton. Esta vez si que é verdade que unha imaxe val máis ca mil palabras para expresares a idea de que os Campos Elíseos son unha parábola da obsecenidade capitalista.

Anónimo dijo...

Sería imperdonable que non fose á praza dos Vosgos ou que non visitase o pequeno e delicioso Museo Guimet de artes orientais, preto da Torre.

Veña, por favor, sega contando e poñendo máis fotos.

Perfecto Conde dijo...

Pois serame imperdoábel, pero nun fun desta vez á place des Vosges, que é como dicimos os afrancesados. Entre outras razóns, porque vivín nela hai moitos anos e, ademais, porque un non sempre tén tempo para todo. De calquera xeito, mañá precisamente viaxo a Rennes, a capital da Bretaña, e quizais de paso poda aproveitar para parar outra vez en París e ver o vello Marais que, efectivamente, é dos meus "arrondissements" preferidos e que, na última volta, a penas toquei.
Grazas, en calquera caso, pola súa apreciación exquisita.
Perfecto Conde

Anónimo dijo...

Impresionante a foto frente a Benetton, si señor. En plenos Elíseos e a carón da embaixada de Qatar, unha muller árabe pedindo esmola. Definitivamente, unha imaxe val máis que todas as palabras.

Anónimo dijo...

Xa me parecía a min que vostede gardaba un certo parentesco con Victor Hugo, don Perfeuto.

Non se esqueza de ir ao Marais, que tantos recordos lle trae e me trae.

Anónimo dijo...

Campos Elíseos

Anónimo dijo...

Campos Elíseos,si; Palacio del Eliseo, no.

Luisfoz dijo...

Que enveja me dás

Anónimo dijo...

Home, señor Foz, teño entendido que vostede é profesor de instituto. Debería, polo tanto, ter fondos para ir pasar a Semana Santa a París e lembrar aqueles bos vellos tempos cando era máis novo e, supoño, tiña uns quilos menos.

Anónimo dijo...

Hai moitas fotos. Coido que pasaches ben en Paris. De Santiago a Paris colliche-lo voo Vuelink? taquinho, xapon.

Luisfoz dijo...

Quero informar a pessoa que se agacha detrás do alcunho "non se acaba o mundo" e que tanto se preocupa por mim e polo meu peso, de que já nom som professor de secundária em activo. Agora som pensionista com as mudanças económicas e administrativas que isso acarreta. De qualquer modo há poucos anos estivem um mês inteiro entre Paris e Bretanha. O que ocorre, e como muito bem lhe pode confirmar o meu amigo Conde, os que vivemos em Paris sempre temos vontade de voltar. Isto já é longo de mais e eu nom gosto de perder tempo nestas cousas mas quigem satisfazer a sua curiosidade e ponho ponto final.

Anónimo dijo...

jordans
off white hoodie
kd shoes
off white outlet
jordan 6
golden goose
off white
moncler jacket
yeezy boost 350
bape hoodie