viernes, marzo 28, 2008
Que pasa en Cerceda?
Non é certo que a verdade se atope sempre na metade do camiño. Cando está mediatizada pola política profesional, simple-
mente é raro que exista. De aí que un non poda dar por totalmente exactas as versións que está difundido o PP sobre un vertedoiro de lixo, supostamente ilegal, instalado no monte Areosa, en Cerceda (A Coruña), e, menos aínda, as interesadas respostas que está recibindo este tema dende a Consellería de Medio Ambiente da Xunta. Nin unha parte nin a outra están contando toda a verdade deste peliagudo tema de contaminación medioambiental.
Di o PP que “Medio Ambiente confunde deliberadamente un depósito temporal de residuos, habilitado polo anterior Goberno galego e actualmente selado cunha capa vexetal, co vertedoiro ilegal habilitado e posto en marcha polo actual executivo e no que, dende hai varios meses, se depositan centos de toneladas de lixo cada día”. Sosteñen os de Medio Ambiente que tal vertedoiro xa esistía cando mandaba Fraga. Quen leva razón? Sería bo sabelo. Quizais, se fose real iso que se deu en chamar, con máis pompa que xabón, xornalismo de investigación, algún medio galego xa debería ter dedicado ao tema atención específica. Pero é sabido que tal cousa morreu case que antes de nacer, e hoxe o que se leva é ir da man da verdade “oficial” que suministran gabinetes, asesorías e trangalladas polo estilo.
Por riba de todo isto, o que a min me preocupa é o que pode estar pasando nese monte da Areosa. Se non me parasen os da Garda Civil polo camiño, para ficharme por levar colada unha GZ, aínda collía o carro e me acercaba a Cerceda para ver o que hai alí. Pero calquera se atreve agora. Poden tomarme por algún activista do POE (Partido do Orgasmo Esmirriado). Ou, se cadra, aínda píor: por un independentista da illa de Ons.
A xulgar polas fotos que acaba de distribuir o PP o que pode estar pasando alí non parece nada bo. A solicitude de autoización ambiental integrada do vertedoiro aínda mantén aberto o período de alegacións ata o día 1 de abril. Leva razón, polo tanto, Xaime Cstiñeira, voceiro de Medio Ambiente do PP, cando aclara que “calquera vertido que se efectúe nese lugar antes de completárense todos os trámites é abdolutamente ilegal”.
Segundo o anuncio que apareceu no DOG, “no vertedoiro de Areosa depositaranse os residuos procedentes da CMC ”, pero o certo é que, como indica un comunicado do PP, “nese vertedoiro estase depositando todo tipo de residuos trasladados directamente desde diferentes puntos de Galicia, sen seren sometidos a ningún tipo de proceso de selección, reducción nin valorización no Complexo Medioambiental de Cerceda (CM)”.
Só botando unha ollada ás fotos, nas que se ven varias clases de produtos –informáticos, entre outros–, resulta doado percatarse de que o respecto pola actual lexislación ambiental europea e española é salientábel, sobre todo, pola súa ausencia. Como dicía ao principio, a verdade nunca está nun só lado. Sobre todo, se ese lado é o da política.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¿Qué pasa en Cerceda pregunta vostede? Será que non se quere enterar. O que pasa está moi claro. Que nin o anterior goberno nin o de agora, polo que se ve, lle dan máis importaniai ao medio ambiente e -o que é máis preocupante- á calidade e á saúde das nosas vidas ca de servirlles de propaganda política. Señor Conde, vostede debería saber disto e non facerse o inocente agora.
Pois talmente parece que o tal Pachi non é tan bo conselleiro como el pensa nin como lle din os sus feligreses. Unha cousa eche predicar, e outra dar trigo.
Publicar un comentario