sábado, marzo 29, 2008
Viaxar en avión é entrar no mundo da sospeita
Levaba algún tempo sen subirme a un avión. Quizais fixen ultima-
mente demasiada vida rusticaria no meu Instrumento de Arriba, e xa non sabía ben como é agora iso de pasar “del avión al salón y del salón al avión” como cantaba Moncho Alpuente, referindose aos executivos da época de Matesa, nos seus tempos de Las Madres del Cordero.
O caso é que, por diversas razóns de traballo e algunha de ocio, nas pasadas semanas tiven a ocasión de recuperar algo do meu vello espíritu globe-trotter, e vinme obrigado a pasar por varios aeroportos de Europa.
Digo obrigado a pasar por eles porque xa non resulta nada divertido pisar estas mastodónticas comsisarías de policía privadas que son hoxe os grandes aeroportos internacionais de todo o primeiro mundo. Tentar saír polos parisinos Charles Degaulle ou Orly, polo Leonardo da Vinci romano ou por onde sexa –algo menos aínda polo noso Lavacolla ou por Madrid– é ter a impresión de que non hai nada máis sospeitoso de ser terrorista agora mesmo que calquera persoa que se dispoña a subirse a un avión, sobre todo se o seu destino está nun país diferente ao do punto de embarque.
“Saque a chaqueta e métaa pola máquina”, halle dicir calquera simple vixiante de seguridade privada. “Abra a bolsa”, "Erga os brazos”. Se a que vai partir é unha moza con pernas de gacela, minifalda de Mary Quant e botas por riba dos xeonllos, inevitablemente hase atopar con quen lle faga descalzarse aínda que leve maís cara de inocencia que calquera das virxes pintadas por Murillo. Hai pouco, durante unha prolongada demora no aeroporto de Orly, puiden observar a modo como transcorren estas incidencias que poden mesmo chegar a amargarlle a suposta felicidade viaxeira ao máis pintado trotamundos.
Estou firmemente convencido de que a aquel célebre bretón que nos legou xoias da literatura viaxeira, Le Gentil de la Barbinais, se tivese que volver a facer o seu impresionante Nouveau voyage au tour du monde, parecerialle hoxe máis insoportábel aguantar os cacheos caprichosos dos aeroportos que padecer o carbunco e outras pragas coas que se atopaba o viaxeiro da súa época, é dicir, hai dous séculos. Que pensaría cando lle dixesen, por exemplo, que ten que levar a máquina de afeitar, o cepillo e a pasta de dentes dentro dunha bolsa transparente e non no interior de calquera outro recipiente. Seguramente agarraba tal cabreo que, alí mesmo, lle afeitaba o embigo ou lle cepillaba as orellas a tan alfándigo cascarrabias.
Por todo isto é polo que comprendo perfectamente o case drama persoal que vivíu a norteamericana Mandi Hamlin, o pasado 24 de febreiro, no aeroporto de Lubbock (Estados Unidos), cando ía coller un vó para trasladarse a Dallas. Varios membros da Axencia de Seguridade e Transporte (TSA) obrigárona a arrincar cunhas tenaces un dos anelos cos que adornaba os seus peitos despois de rirse dela, ademais.
Mandi pasou sen problemas un detector de metais, pero unha axente usou despois outro manual que emitíu un sinal de alarma. Ela mesma informou de que tiña os anelos nas tetas e a axente, despois de rexistrala, chamou a outros dous membros da TSA que lle dixeron a viaxeira que tiña que quitalos se quería subir ao avión. Pedíu mostrar, diante dunha axente femenina e detrás dunhas cortinas, que o que levaba nos peitos eran dous inocentes anelos de adorno e non unha bomba de reloxería. Os axentes levárona a unha sá na que había esas cortinas e a moza tentou quitar os afeites, pero un deles resistíuse a saír polo que volveu a pedir que lle deixasen continuar a viaxe. Non lles deu a gana de facelo, e foi cando Mandi solicitou que lle proporcionasen unhas tenaces para librarse do aditamento. Segundo ela mesma contou, “a experiencia foi un pesadelo, e ninguén debería ser tratado desta maneira”.
A moza norteamericana xa presentou unha denuncia contra a TSA esixindo unha desculpa por parte dos que tanto a magoaron. Segundo o seu avogado, “foi publicamente humillada e sufríu unha enorme dor física para porse de novo os anelos”.
En resumen, que é comprensíbel que se reactiven e melloren as medidas de seguridade do tránsito áereo, despois da dramática experiencia do famoso 11 de setembro do 2001, pero resulta absolutamente insoportábel para a cidadanía que esta necesidade de traballar para que non haxa atentados estea a piques de convertirse nunha simple formalidade caprichosa que pode rematar sendo só un estorbo e unha calamidade para os viaxeiros. De seguir así as cousas, eu serei un dos que volveremos a coller o tren e non o avión, sempre que se poida facelo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
jordans
off white hoodie
kd shoes
off white outlet
jordan 6
golden goose
off white
moncler jacket
yeezy boost 350
bape hoodie
Publicar un comentario