martes, julio 01, 2008

Deus é bo ¿será tan malo o demo?

Excelente peza xornalística-literaria a que publica hoxe Ramón Loureiro en La Voz de Galicia. Advírtenos de que as posesións demoníacas están aumentando. Nun auténtico in live digno de Truman Capote, o xornalista e escritor ferrolán transporta o lector ao mundo do exorcismo católico contando cos testemuños de Xosé Luís Portela, párroco do santuairo de San Campio, Tomiño, e de Xosé Donsión, cura do santuario de Nosa Señora do Corpiño, en Lalín.
Di o cura de San Campio que cada vez chegan máis casos ao seu templo e atribúe o fenómeno a que “estanse rexeitando os símbolos relixiosos, e a xente deixa de levar no peito unha cruz, ou unha medalla da Vurxe, que te protexen, para poñer en cambio colgantes cos que buscan a sorte, amuletos ou adornos que son diabólicos moitas veces”. Portela sostén que “xogos como os da ouija atraen cara os que os pactican o influxo diabólico”. Faltoulle engadir o parchís, que tamén hai quen o relaciona co demo.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois agora que o di, amigo Don Perfeuto, algo do parchís tamén teño escoitado eu, si señor...

Falando de cousas de ultratumba, permítame unha anécdota: non moi lonxe da súa terra, alá pola Pontenova,houbo unha vez un rapaz que se botou fóra do seminario para ir facer Maxisterio a Lugo. E cando abandonou as mois nobres aulas de Santa Catarina (famosas pola súa permanente defensa da lingua de Galicia, pola súa extraordinaria biblioteca, por seren tan dadas a poetas e polas xa míticas croquetas-seminario, manxar este último que a ninguén lle desexo por moito mal que me faga) montoulle un escándalo tremendo a un dos Fanego.

Non ao latinista, amigo de Cunqueiro, por certo, senón a un irmán de Don Francisco, que daba grego e era beneficiado (coengo a dedo, para entendernos) no cabido da catedral.

O caso é que a cuestión chegou a oídos do propio bispo, que se eu non me equivoco fora castrense, e o prelado comentou que estaba cheo daquel rapaz, do que non lle chegaban máis que malos informes.

(Outro inciso máis, sempre nos saen ramas: o rapaz en cuestión vaise xubilar agora, despois de cen millóns de anos no ensino; sacou a praza de Maestro Nacional polo que daquela se chamaba o acceso directo, que seguramente xa nin existirá...)

É o caso, e non os entreteño máis, que ao ex seminarista en cuestión collérono, pouco despois, nunha sanscristía, beneficiándose unha beata. E que el, para saír do paso como puido, empezou a finxir... que tiña o demo no corpo e que non era dono de si.

Enésima noticia do mesmo personaxe ao bispo, que xa estaba ata as orellas del, e taxativa resposta do prelado, cando lle preguntan se viría ao caso un exorcismo:

-¡Casi mejor que le pregunten si es que le sobran algunos dientes en la boca, porque mira que la parte de los cojones a mí ya me la tiene bastante tocada...!

Anónimo dijo...

Co gallo das novas aparecidas na prensa sobre estes cregos, teño lido e ouvido nestes días, un bo feixe de comentos variados sobre os exorcismos e O Corpiño, todos na mesma liña "ilustrada" . Seica todo mundo esqueceu ou endexamais leu "Endemoniados en Galicia hoy" estudio sobre O Corpiño publicado por Lisón Tolosana en 1990?...As cousas ás veces non son o que semellan sere e por debaixo da irracionalidade aparente hai unha racionalidade mais fonda que certo pensamento preguiceiro adoita desbotar. Repasen o libro de Lisón...

Anónimo dijo...

Si, eu lin -e relín- ese e outros libros de Lisón, a quen coñezo ben. E fun un moi mal -pésimo- alumno de quen á súa vez e o seu alumno predilecto.

Quería dicirlle, se me permite, que na interpretación cultural que o profesor Lisón fai do fenómeno do Corpiño -en menor medida tamén do de Moneixas, apagado xa-, Don Carmelo describe, como antropólogo, os feitos e o seu contexto, sen entrar a considerar se Deus ex machina ou non (neste caso por ausente) dese tipo de sucesos.

O sábado comín con algunhas das máis relevantes figuras pastoriais e científicas da Igrexa hispana. Entre elas, un prelado moi crítico coas cousas do Corpiño.

Sabe o que el me dicía, ao final...?

Que se ben é certo que non temos razón ningunha para pensar nun demo, digamos, persoal -o inferno será, se cadra, a non presenza de Deus-, tampouco podemos descartar a orixe sobrenatural dalgunhas das causas que desata o mal sobre a terra.

A inmensa maioría dos que acuden ao Corpiño son enfermos mentais. Quizais a totalidade.

Pero non esqueza, meu amigo, que todos habitamos o misterio. E que o mundo é moito máis grande do que polo xeral se ve.

Anónimo dijo...

Ten vostede razón sr Almirall mais non me refería precisamente ao artigo de Loureiro que non é precisamente un pensador preguiceiro senón todo o contrario. Xa me entende. Andaba eu a ler agora cando me metin no Croques, o derradeiro libro de D. Dennett, (o filósofo cognitivo)Breaking the spell, rachando o feitizo, e fala das posesións laicas ( e das relixiosas), dos novos demos que nos posúen e fan de nós case o que lles peta. Aínda non o rematei pero é realmente desacougante. Penso que sobre isto das posesións, laicas e relixiosas, hai moito que falar, e se cadra o demo xa non conta, pero o concepto de posesión, si. Un saúdo sr Almirall

Anónimo dijo...

Buscarei de inmediato esa lectura que vostede nos recomenda, Señor Anónimo, e desde esa mesma perspectiva permítome recomendarlle eu outra: o libro sobre Xesús recén publicado por Pagola e condenado pola Conferencia Episcopal.

Un libro que non fala exactamente sobre o Cristo da fe, senón sobre o da historia (eu creo que na orixe desa estraña condena hai unha confusión, o libro de Pagola nin é unha Cristoloxía nin o pretende, e no que o teólogo, por exemplo, pregúntase por qué había tantas posesións en Terra Santa e tempos de Xesús... e antes non.

Sabe a que conclusión chega a el...? A que esas posesións eran a manifestación cultural do rexeitamento ao ocupación romana.

Mil apertas a vostede, anónimo amigo ou amiga, e por suposto a todos.

Anónimo dijo...

Nivelazo o deste debate entre Almiral Mouchez e os que lle responden. Dá gusto ler aportacións desta categoría. Efectivamente, bo momento para reler a Carmelo Lisón Tolosana e magnífico apunte o que fai un dos anónimos sobre o libro de D. Dennett "Beaking the spell".
Don Perfeuto debería mostrarse repetitivo en darnos ocasións coma esta para aprendermos. Oxalá siga a aportación de ideas e coñecementos.

Anónimo dijo...

If nowhere else, the dead live on in our brain cells, not just as memories but as programs— computerlike models compiled over the years capturing how the dearly departed behaved when they were alive. These simulations can be remarkably faithful. In even the craziest dreams the people we know may remain eerily in character, acting as we would expect them to in the real world. Even after the simulation outlasts the simulated, we continue to sense the strong presence of a living being. Sitting beside a gravestone, we might speak and think for a moment that we hear a reply. In the 21st century, cybernetic metaphors provide a rational grip on what prehistoric people had every reason to think of as ghosts, voices of the dead. And that may have been the beginning of religion. If the deceased was a father or a village elder, it would have been natural to ask for advice—which way to go to find water or the best trails for a hunt. If the answers were not forthcoming, the guiding spirits could be summoned by a shaman. Drop a bundle of sticks onto the ground or heat a clay pot until it cracks: the patterns form a map, a communication from the other side. These random walks the gods prescribed may indeed have formed a sensible strategy. The shamans would gain in stature, the rituals would become liturgies, and centuries later people would fill mosques, cathedrals and synagogues, not really knowing how they got there. With speculations like these, scientists try to understand what for most of the world’s population needs no explanation: why there is this powerful force called religion. It is possible, of course, that the world’s faiths are triangulating in on the one true God. But if you forgo that leap, other possibilities arise: Does banding together in groups and acting out certain behaviors confer a reproductive advantage, spreading genes favorable to belief? Or are the seeds of religion more likely to be found among the memes—ideas so powerful that they leap from mind to mind? In Breaking the Spell: Religion as a Natural Phenomenon, Daniel Dennett, director of the Center for Cognitive Studies at Tufts University, has embarked on another of his seemingly impossible quests. His provocatively titled book Consciousness Explained made a persuasive effort to do just that. More recently, in Freedom Evolves, he took on free will from a Darwinian perspective. This time he may have assumed the hardest task of all—and not just because of the subject matter. Dennett hopes that this book will be read not just by atheists and agnostics but by the religiously faithful—and that they will come to see the wisdom of analyzing their deepest beliefs scientifically, weeding out the harmful from the good. The spell he hopes to break, he suggests, is not religious belief itself but the conviction that its details are off-limits to scientific inquiry, taboo. "I appreciate that many readers will be profoundly distrustful of the tack I am taking here," he writes. "They will see me as just another liberal professor trying to cajole them out of some of their convictions, and they are dead right about that—that’s what I am, and that’s exactly what I am trying to do." This warning comes at the end of a long, two-chapter overture in which Dennett defends the idea that religion is a fit subject for scrutiny. The question is how many of the faithful will follow him that far. For those who do not need to be persuaded, the main draw here is a sharp synthesis of a library of evolutionary, anthropological and psychological research on the origin and spread of religion. Drawing on thinkers such as Pascal Boyer (whose own book is called Religion Explained) and giving their work his own spin, Dennett speculates how a primitive belief in ghosts might have given rise to wind spirits and rain gods, wood nymphs and leprechauns. The world is a scary place. What else to blame for the unexpected than humanlike beings lurking behind the scenes? The result would be a cacophony of superstitions— memes vying with memes—some more likely to proliferate than others. In a world where agriculture was drawing people to aggregate in larger and larger settlements, it would be beneficial to believe you had been commanded by a stern god to honor and protect your neighbors, those who share your beliefs instead of your DNA. Casting this god as a father figure also seems like a natural. Parents have a genetic stake in giving their children advice that improves their odds for survival. You’d have less reason to put your trust in a Flying Spaghetti Monster. At first this winnowing of ghost stories would be unconscious, but as language and self-awareness developed, some ideas would be groomed and domesticated. Folk religion would develop into organized religion, Dennett suggests, somewhat the way folk music bloomed into the music of today. The metaphor is hard to resist. "Every minister in every faith is like a jazz musician," he writes, "keeping traditions alive by playing the beloved standards the way they are supposed to be played, but also incessantly gauging and deciding, slowing the pace or speeding up, deleting or adding another phrase to a prayer, mixing familiarity and novelty in just the right proportions to grab the minds and hearts of the listeners in attendance." Like biological parasites, memes are not necessarily dependent on the welfare of their hosts. One of the most powerful fixations, and one that may have Dennett flummoxed, is that it is sacrilegious to question your own beliefs and an insult for anyone else to try. "What a fine protective screen this virus provides," he observes, "permitting it to shed the antibodies of skepticism effortlessly!" Asides like this seem aimed more at fellow skeptics than at the true believers Dennett hopes to unconvert. A better tack might be for him to start his own religion. Meanwhile his usual readers can deepen their understanding with another of his penetrating books.

Anónimo dijo...

Mercarei o libro de Pagola sr Almirall que semella interesante e se cadra amolece un pouco o desacougo do libro de Dennett porque na primeira páxina, o sr Dennett conta o seguinte: unha formiga galga unha e outra vez por unha folla de herba nun prado. Cando chega ao cumio cae e volve subir unha e outra vez. Este comportamento éstá provocado por un pequeno, moi pequeno, parásito que entrou no seu cerebro(Dicrocelium denditricum) e que é o que determina a conducta da formiga xa que para completar o seu ciclo vital ten que entrar no estómago dunha ovella ou dunha vaca, velaí que faga que a formiga escomence unha e outra vez o seu camiño ao cumio da folla para que así poida ser devorada polo gando. A cousa arrepía pois un pequeno, diminuto parásito aproveita e controla unha formiga sen conciencia do que fai. Esperemos que este achádego evolutivo non estea moi espallado entre os seres humanos aínda que os chamados Memes funcionan de xeito parecido aínda que abeiren neste caso, posibilidades boas e malas.
Un saúdo

Anónimo dijo...

Aínda non lera cando escribin a derradeira nota a anterior. ¿Podería o informante anónimo informarnos do autor da crítica e onde foi publicada?
Obrigado

Anónimo dijo...

E quen colocou ese parásito sen conciencia no cerebro da tamén inconsciente formiga...?

Hai un impulso primixenio que é principio de todas as cousas...?

Ou non o hai...?

Anónimo dijo...

Principio CONSCIENTE, quería dicir.

Boas noites a todos, meus amigos.

(Agardo con impacencia pola súa resposta, se teñen a ben darma)

Anónimo dijo...

A evolución ? Xa sei que non é boa resposta pero eche o que hai (ademais das relixiosas claro)

Anónimo dijo...

En fin, como ten dito Peter Sewald mentres conversaba co actual Papa, naquel momento cardeal Ratzinguer, cando se creou o mundo... non estaba presente ninguén de nós.

(Desculpen o desenfado)

Verán, se me permiten querería ir eu un pouco máis alá da crítica da literatura bíblica propiamente dita (xa saben que os cristiáns cremos na Revelación como principio fundamental, entendemos que Deus lle falou ao home a través da literatura dos textos que consideramos canónicos)e tamén das hipóteses científicas sobre a creación do universo; dun nacemento do mundo que en calquera caso -e descúlpenme- non contemplamos hoxe máis que desde a mera teorización; é dicir, desde a búsqueda dun modelo explicativo válido... que no momento menos pensado poderá ser superado por outro distinto.

A vella tradición xudea di que Deus mirou a Torá, e creou o mundo segundo o plan da súa obra. E San Xoán comeza o seu Evanxeo subliñando: En principio existía a Palabra.

Con todo, o xudaísmo da época de Xesús afirma que a creación do mundo -do mundo material- precedeu á Torá. É dicir, que o mundo se creou para xerar un espazo á Alianza que une ao ser humano con Deus.

Dinos o Xénese que Nun principio existía a Palabra.

O mundo, desde a nosa perspectiva, é Creación. Procede do Logos que, como vostedes moi ben saben, significa palabra, pero tamén sentido.

O coñecemento científico non invalida a mensaxe da Biblia, senón que fai que a miremos con ollos novos.

Anónimo dijo...

бесплатные порно ролики транссексуалов
пасадене секс тоже запрещен
секс безобразие
порно сайты голых тёлок
форум секс скрытой камерой
фото сисек анфисы чеховой
секс рабыня рассказы
аудио порно бесплатно
базы бесплатных видео роликов
секс шоп казань