lunes, junio 30, 2008

Muntxaraz

Onte finou na súa casa de Bertamiráns o psiquiatra Ramón Muntxaraz, logo dunha longa enfermida-
de desas que eufemística-
mente se chaman penosas. Era un boísimo galego de adopción, natural de La Puebla de Montalbán (Toledo), que dende que chegou a Galicia, no ano 1979, non falou máis ca galego. Un caso algo parecido ao de Manolo Conde, outro castelán que exerceu a carreira xudicial e se afincou e morreu tamén en Galicia, despois de facer desta terra a súa patria adoptiva.
Muntxaraz, que voluntariamente cambiou a esta forma o seu apelido castelanizado Muncharaz, foi un dos que participou na histórica reforma psiquiátrica do hospital de Conxo, daquela chamado sanatorio. Despois traballou en varios sitios de Galicia e últimamente era a alma mater da asociación e da revista Gaiola aberta, punto de encontro de enfermos mentais e de xente que sufriu algun tipo de marxinación ou foi obxecto de represión. A integración de Muntxaraz na vida e na sociedade galegas chegou a ser ta intensa que rematou sendo un nacionalista galego máis.
Enrúganos o corazón ter que dicirlle adeus, mañá, ás 17 horas, no cemiterio de Boisaca, a quen tanto amou a Galicia e ao mundo enteiro, o intelectual que tentou poñer a andar algunha forma de “ecoloxía da mente humana”, como el dicía.

8 comentarios:

pcso lotto result dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Luisfoz dijo...

Foi-se-nos o amigo, o irmao, o companheiro. Até a vitória sempre! Ramom

Perfecto Conde dijo...

Chaoume alguén para preguntarme por que suprimín o rpimeiro comentario que apareceu neste post. Foi pola sinxela razón de que se trataba dun vulgar spam de publicidade lixo colgada por unha web de loterías. Non houbo ningunha outra razón.

Almiral Mouchez dijo...

Non coñecía a ese home, pero polo que vostedes contan era, sen dúbida, unha admirable persoa.

Permítanme que lles diga que a dor que vostedes senten tamén é a miña.

Anónimo dijo...

Sen dúbida unha gran persoa, aínda que politicamente errado no seu soño dunha Galiza independente a través da insurrección popular. Descanse en paz.

Doniña dijo...

Para Ramón, excelente profesional e mellor persoa, estos versos de Sophia de Mello:

" A pesar das ruinas e da morte
onde sempre acabou cada ilusao
a força dos meus sonhos é tan forte,
que de tudo renasce a exaltaçao
e nunca as miñas maus fican vazías"

Pueblana dijo...

Qué buenos son los hombres cuando son buenos... También en La Puebla te recordamos Ramón.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,