lunes, marzo 09, 2009

Acougue, Feijóo, acougue.

Esa regra non escrita de que a un gobernante que chega ao poder hai que darlle cen días de indulxencia para ver como se comporta, seguramente haberá que revisala no caso do futuro presidente da Xunta. O feito de que el mismo se poña a “gobernar” dende os medios de comunicación, antes mesmo de tomar posesión do cargo, convida a que se prescinda da cortesía aludida e se comence xa a criticar todas e cada unha das medidas que vaia tomando coa mesma independencia e ata desconsideración coas que Núñez Feijóo segue criticando aos que agora van estar na oposición.

Parece como se o candidato trunfador do PP non abandonase aínda a estratexia da campaña electoral e seguise pensando que ao inimigo nin auga. A carta que lle mandou a Touriño preséntao máis como un apisonador implacábel que coma un vencedor xeneroso que respecta rigurosamente a presunción de inocencia, e as extensísimas entrevistas que publicaron con el o domingo pasado os dous xornais que máis lle axudaron a gañar as eleccións, La Voz de Galicia e ABC, non contribuíron demasiado a elevar o nivel do xénero xornalístico nin a prudencia do entrevistado. Quero dicir que Alberto Núñez Feijóo debería dar por pechada xa a campaña política partidaria e porse a gobernar, pero non tanto dende as páxinas dos periódicos como dende a sensatez e os pasos medidos da intelixencia responsábel. Polo camiño que parece que xa escolleu, o novo presidente da Xunta pode caer precisamente nos mesmos erros nos que a miúdo foron tropezando os seus predecesores, que lles gustaban tanto a cámara dun fotógrafo e a alcachofa dun plumilla que ata pagaron con cartos públicos o que tamén compraba Fraga co mesmo diñeiro.
Con tanta entrevista e tanta cartiña e tanto contar que vai por patas para riba o que fixeron os gobernantes que perderon as eleccións, que consigue Feijóo? De momento, verter gasolina na fogueira do líder de Galicia Monolingüe, Carlos Callón, o da Mesa, que xa convocou manifestación para o 17 de maio. Núñez Feijóo está demasiado ansioso, quizais algo indixestado por unha vitoria que non agardaba. A súa xuventude pode xustificar algo a impaciencia que parece estar embargando nel, pero debería empezar a tomar algo de tila que lle permitise controlar máis a súa elocuencia. Acougue algo, señor Feijóo, acougue. Non vaia ser que se atope de repente con que só sabe gobernar para menos da metade dos galegos.
Sería bo que, proximamente, do novo presidente da Xunta empezásemos a ver máis realidades que palabras. Menos discursos e máis praxis. O cupo das promesas –incumpridas na súa maior parte, por certo– xa o esgotou o tándem Touriño-Quintana pedaleando un contra o outro. A el tócalle agora gobernar. E debería facelo coa única intelixencia que eu lle recoñezo mostrada a Margaret Thatcher cando un militar lle foi protestar por non sei que cousa. “Señor coronel –díxolle– se non lle gusta a miña política, non me vote nas próximas eleccións”. Gobernar só dende os periódicos e pensando en gañar as seguintes eleccións é unha maneira de pilotar que xa leva causados demasiados accidentes.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Gosto diso de que lle chamen líder de Galicia Monolingüe a Carlos Callón. Esa si que foi boa!

Maragato dijo...

Xa andan dicindo por aí que Feijóo vai nomear conselleiro de Educación a Carlos Pajares. Tería coña, Pajares, que non logrou ser conslleiro con Touriño, podía selo co PP. Vivir para ver.

Anónimo dijo...

Pois tamén din que lle vai dar algún cargo a Salustiano Mato, ata agora alto cargo polo BNG.

Xandro dijo...

Oxala!

Carlos Callón dijo...

:D

Iso de "Galicia Monolingüe" non o agardaba!

Vémonos o 17, non?

Unha forte aperta!

Perfecto Conde dijo...

Carlos, é con cariño. E o meu cariño xa sabes que non é dos que matan. Grazas por dar a cara.
Claro que estarei o día 17. Merécelo ti e, sobre todo, meréceo Galicia.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

Carlos, non sei a razón ou razóns polas que non agardabas ese cariño de Perfecto.
Acaso non é certo? Loitas, acaso, por un ensino en Galiza que non sexa totalmente en galego?
A consigna "En Galiza, en galego" quere dicer, acaso, "En Galiza, en galego e en calquer outro idioma"?

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,