lunes, marzo 02, 2009

Touriño dimitu. E Quintana?

Aínda que non foi máis rápido ca Billy the Kid e agardou a que Xosé Blanco lle mostrara o camiño da porta, Emilio Pérez Touriño acabou decidíndose por un xesto que contradí a soberbia que o tiña embargado nos últimos tempos: presentou a dimisión como responsábel do PSdeG-PSOE. Realmente non lle quedaba outra saída se quería recuperar unha dignidadde política que quizais algún día volva a ser a que meritoriamente foi callando nel dende os tempos xuvenís da súa militancia comunista.
Falta agora por saber que vai facer Quintana. Parece que a rapidez coa que puxo onte o seu cargo a disposición do BNG está virando agora cara a unha actitude de reflexión máis lenta que lle permita seguir no poleiro algún tempo máis. Seguramente se equivoca. Quen cosecha un fracaso tan estrepitoso como o que el lle fixo padecer ao Bloque debería ter a humildade de seguir o camiño de Touriño: deixar sitio para que veña outro que intente facelo mellor. O quintanismo, con todo o que tiña de falenciosa maneira de empoleirarse no poder, morreu o 1 de marzo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Que volva Beiras e que limpe a casa.

Anónimo dijo...

Un espectáculo lamentable, o de agarrarse desa maneira ao cargo... que lle queda. Ao curruncho do que non o puido chimpar a xente da rúa

Anónimo dijo...

Quintana, un escándalo, foi directamente respnsable do nomeamento da señora bugallo como cansalleira de cultura, que como é público e notorio tiña no seu gabinete un personaxe (unha personaxa) dedicada non só a facer listas de bos (e de boas) senón de malos (e de malas) aos (e ás) que despois lles pasaban cousas un pouco estranas. Convén que se empece a dicir canto antes e en voz alta. Coa aquescencia de periodistos e periodistas pagadas igual ca elas con cartos públicos, que dicían por exemplo quen non podía saír na televisión galega -poño por caso o seu triste programa de libros-, quen non podía ser mencionado en publicacións oficiais e quen tiña que ser excluído dos recoñecementos oficiais custase o que custase. Algún moi valioso poeta sufriu iso en vida nas súas propias carnes, para encontrarse despois con que as responsables diso...
En fin, vale máis non falar.
Miserables!

Touceda dijo...

Quintana non ten perdón de Dios. Traizou primeiro a Beiras botándose nos brazos de Paco Rodríguez. Deixou co cú ao aire a Anxela Bugallo. Levou o BNG ao abismo, e agora aínda quere manterse no machito. Con tal de non volver a poñer inxeccións no cú aos vellos, válelle todo.

Anónimo dijo...

Ah! pero non lle encantaban os vellos? ou só era para bailar e ver si caiaalgún voto.

Anónimo dijo...

E logo,ten que demitir,Quintana ?,por ísa regra de tres,outros non demitiron antes,por "deixar" gobernar a Fraga durante dezaséis anos,¿ou non ?

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,