martes, marzo 03, 2009

Gómez chámalle 'tonto útil' a Touriño

O director dun xornal mesa de almofía permítese hoxe o luxo de axustar contas co presidente da Xunta caído en desgraza política. “Emilio, yo ya te hablaba cordialmente cuando no eras nada, sigo haciéndolo ahora que estás en la gloria y lo seguiré haciendo cuando no seas nadie. Otros, que ahora te dan instrucciones, ni siquiera te recibían cuando no eras nadie, y seguramente volverán a hacer lo mismo cuando no seas nada”, di que lle dixo a Pérez Touriño na “penúltima” conversación que tivo con él en presenza de Manuel Ameijeiras e Javier Losada (dúas veces “nada” e unha “nadie” en 51 palabras).
Destapa José Luis Gómez no seu artigo algunhas cousas da relación do seu periódico co candidato socialista que, publicadas antes do resultado das eleccións, poderían constituir unha valente peza de xornalismo de denuncia e que, traídas agora a conto, poden verse reducidas a un pouco digno arranxamento de contas que non di moito a favor do autor do catálogo de ofensas nin do xornal que publica a diatriba.
Gómez reprende a Touriño por non concederlle entrevistas e por ordenar, segundo el, ás consellerías socialistas que “vetasen” a Xornal de Galicia, e lémbralle que algunha vez acodiu a el para pedirlle “apoio mediático” (ai, as ceas no vello Vilas, se falasen as paredes dese restaurante!). Non sei por que me dá por pensar que o Juan Luis Cebrián de Jacinto Rey anda algo nervoso despois do 1 de marzo, porque ata lle chamou “tonto útil” a Touriño por deixarse “utilizar por un medio de dereitas en contra dos seus propios intereses e os do seu socio de goberno”. Refírese a La Voz de Galicia, que precisamente foi dirixido por el algunha vez?

16 comentarios:

Touceda dijo...

Tonto útil Touriño por non deixarse muxir por un aproveitado coma Gómez e por un xornal de partido como o de Jacinto Rey? O mundo ao rovés.

Anónimo dijo...

Si no me equivoco, la conversación a la que alude Gómez habría tenido lugar en el palco de Riazor. Javier Losada no estaba y los que si estábamos vimos que la conversación poco tuvo que ver con la fabulación que hoy recrea Gómez.

Sería bueno para todos, nacionalistas o no, aprovechar la derrota para analizar la evolución de perfiles como el de Gómez o el de Antón Losada, que se apuntaron al BNG o a Quintana simplemente porque no los querían en otros sitios.

Cabe recordar que Gómez, antes de ser el panegirista de Quintana, lo fue de José Luis Méndez, director General de Caixa, entidad de la que quiso-pero-no-pudo-ser director de comunicación. Y luego se convirtió en adalid de Lendoiro, pero ya no había Superdepor del que ser manager de comunicación.

Anónimo dijo...

Joder, Gómez, como che tiran a dar! Desta saes tocado.

Preguntoiro dijo...

Cantos días máis vai durar Xornal?
Canto vai tardar en virar de rumbo político?
Virará antes ca El Correo Gallego e Galicia Hoxe?
Pobre A Nosa Terra, que vai ficar collida no medio.

Anónimo dijo...

E logo falaban estes xornalistas e estes xornais de campaña sucia. O artigo de Gómez é a peza máis porca que se leu no xornalismo galego nos últimos tempos. Porca, resentida e miserable.

Anónimo dijo...

...pero certa!

Anónimo dijo...

Cando Gómez dirixía L.V.deG. había algún expediente que poñía a lapis, sobra carpeta, CONTESTA EN GALLEGA CUANDO LE HABLAN EN CASTELLANO.

arume dos piñeiros dijo...

Teño que recoñecer que nos moitos anos de lectura de xornais nunca lera unha cousa tan insólita. Non son capaz de calificala (ou si, pero prefiro unha certa contención), porque non podo aínda crer que un director de xornal conte esto desta digamos maneira.

Non pasará, creo eu, aos anais da elegancia xornalística.

Anónimo dijo...

El si que é o tonto útil do BNG, de Jacinto Rey, e agora ha selo do PP se lle deixan. Por aí xa contan que animou a súa redacción dicíndolles que non se preocupasen, que con Núñez Fejóo non hai problemas.

Anónimo dijo...

Xa que se abriu a veda deberían Vds periodistas que pululan por aquí contar todas as interioridades que coñecen do seu mundiño. Despois de todo poden, coma min, protexerse co anonimato.
Quizais nos fose útil para entender como se gañan e se perden lealdades e, en definitiva, como se gañan e se perden eleccións.

Fuco de Esteiro dijo...

Para o último anónimo

A maneira mais doada de perder eleccións e tapando con soberbia as carencias, disfrazando de verbosidade ¿progresista? o que é fachendoso apostolado, agochando na friaxe da lonxanía a ignorancia culpavel, vestindo o medo ó propio valeiro de desprezo ó que pensa doutra maneira, perseguindo nas arañeiras clientelares ós que non son quen de atraer por convencimento...e, por enriba de todo, poñendo na evidencia unha inmensa incapacidade de acubillar as nosas necesidades e de xestionar os nosos cartiños.......

Qué maneira de destragar o creto que vos deramos!

Fuco de Esteiro

O muindo acabouse dijo...

Eu nunca convidaría a cear a miña casa a José Luis Gómez. Ou poría a ben recaudo a cobertería de prata da avoa.

Anónimo dijo...

Cando daránse conta os políticos, os de pedegrí, que cando suben ao poder, sempre están polulando ao carón deles os arrivistas, oportunistas, conversos negociantes de vidas e outras hervas, caralláns, asesores de postal, e logo pasa o que pasa, non dan unha. Cando remata a chupa, fuxen como condenados e xamais dimiten, case non sabemos quenes son, e logo a atopar aos que retornan ao poder. Son unha especie maligna moi mala de extirpar.

Anónimo dijo...

CATARSE XA!!!

Anónimo dijo...

Catarse que? Os piollos?

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,