miércoles, marzo 04, 2009

O lado feminino de Feijóo é un Citröen

Está a mostrar Alberto Núñez Feijóo o seu lado feminino na escolla de coche oficial para cando sexa presidente da Xunta? O Citröen C6 polo que se pronunciou foi elixido “berlina do ano 2006” pola revista de mulleres máis lida de Polonia, Twoj Styl. Daquela, un xurado formado por actrices e presentadoras de televisión salientou “o estilo, a nobreza e a pureza” da liña deste coche de alta gama que se fabrica en Rennes (Francia), e non en Vigo, ademais do seu confort.
Feijóo fixo do coche oficial do presidente da Xunta unha bandeira da súa diatriba electoral disparando contra o seu predecesor por ser demasiado dispendioso comprando un Audi A8 que custou 480.000 euros, máis caro co propio coche no que se move o presidente de Estados Unidos. Antes e despois de resultar gañador da cita electoral do 1 de marzo, anunciou que vai vender o coche herdado de Touriño e substituilo por un Citröen C6, igual co coche oficial no que andivo Anxo Quintana mentres foi vicepresidente da Xunta.
O que non dixo Feijóo na campaña é que el xa montaba nun coche desa mesma marca e modelo antes de regresar a San Caetano. Citröen España puxo gratuitamente á libre diposición do Partido Popular de Galicia un C6, ao que parece que o sucesor de Touriño lle colleu gusto pois non para de repetir que lle parece o máis axeitado para cando sexa presidente. Menos mal que o líder do PPdeG xa tén traballo porque, senón, a multinacional automovilística francesa seguramente ía contratalo de inmediato como comercial. Ninguén lle fixo tanta propaganda gratis coma el. Mellor dito, tan gratis non foi, porque Citröen regauloulle ao PP un coche e, xa se sabe, os galegos acostumamos ser agradecidos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

sr. Corques, por que non deixar de reproducir embustes?

o coche de Touriño non custou máis caro que o de Obama, nin sequera que o de Ruíz Gallardón. Agora ben, cando Feijóo vaia blindar o seu C6 -que non se fabrica en Vigo, por certo- a Madrid, a ver por canto nos sae a carallada -a súa e a de abc-.

Catalina dijo...

¿E non sería máis lóxico titular a información polo coche 'prestado', polo que ademáis din as malas linguas que non se pagou impostos, en lugar da chorrada esa do coche femenino que ten moita menos importancia?. Semella que tamén neste foro a dereita ten patente de corso

Anónimo dijo...

O que dbería facer Feijó e mercar un dous cabalos de segunda man..iso si...con chofer...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,