martes, marzo 17, 2009

Os soños da efedrina

Colleume o trancazo “primaveral” e deitoume varios días na cama, onde resistín a base de efedrina e moita paciencia. Boteille a culpa ao medicamento porque o caso é que non parei de soñar que Camps pagaba do seu peto os traxes que vestía, Garzón o colexio da súa filla en Nueva York, a UGT non gastaba o diñeiro dos afliados e sobre todo dos contribuíntes en merendolas de moitos garfos e conferencias para dúas ducias de persoas, que Quintana dimitía por fin e volvía a poñer inxeccións (de optimismo), Touriño recoñecía que lle estivo ben por meterse no Audi, que os da Coruña xa non lles importaba que se utilice o artigo en galego, que Gloria Lago e Carlos Callón foron vistos tomando empanada de millo con viño da Rioxa no Muíño de Caldas, que o próximo scretario xeral dos socialistas galegos acudiu ao Conecllo d’O Carballiño a pedir que lle fagan unha liquidación pola licenza de obra que estea máis acorde coa rehabilitación que está a facer na súa casa de campo… Que sei eu cantas cousas soñei estes días que estiven na cama.
Hoxe erguinme. Volvín ler os xornais e dectaeime que a puta efedrina só me fixo acertar no da dimisión de Quintana. E, a medias, porque o de volver ás inxeccións aínda non é verdade. Quéixase un de sano. Pois, de enfermo, a realidade aínda é menos real. Xa o dixo Goya.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale. Non estás para nada, amigo.
Se non resistes a realidade, acabarás coma un tirado deses que hai nas nosas prazas ou actuando de aparcacarros.
Se queres boas cousas da rebotica, fala con Antón Losada cando estea na cola da piscina universitaria berrando a todo quisque; ou fala con Peteque, o auténtido "Doutor Non" das enquisas.
E se notas que estás feble, pon un Núñez na túa vida.

Outro dijo...

O Perfecto tomaría efedrina, pero o paisano ou paisana anterior encheuse de tomar bálsamo de Fierabrás. Debe ser un dos que levan o paraugas a Néñez Feijóo.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,